5
156 
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acaba de publicar a súa oferta formativa para o período comprendido entre outubro de 2010 e xuño de 2011. Conscientes da importancia do FLOSS dentro da capacitación TIC dos profesionais galegos, o CNTG reforza a presencia do mesmo dentro do seu plan formativo.
[Ler máis]
2.8
188 
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.
Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.
[Ler máis]
3
146 O CENATIC está desenvolvendo en Estados Unidos na O'Reilly Open Source Convention (OSCON), un espacio único a nivel internacional onde conflúen empresas, administracións e comunidades de desenvolvemento, unha serie de actividades dirixidas a compartir visións estratéxicas, técnicas e de negocio arredor do FLOSS.
Neste evento, que se celebra entre o 19 e mailo 23 de Xullo na cidade de Portland (Oregón), o CENATIC está trasladando as experiencias e apostas de todo o ecosistema do Software Libre en España, e creando lazos de relación que permitan posteriormente a realización de proxectos conxuntos con institucións e empresas estadounidenses.
2.54545454545
227
Na actualidade Debian é un dos sistemas operativos do que existen máis sistemas derivados. En concreto, segundo datos de Distrowatch, existen máis de 120 sistemas baseados en Debian, entre os que se atopa Ubuntu.
Mais aínda que isto supón un recoñecemento á calidade e robustez do sistema Debian, dende o proxecto teñen detectado un grave problema de retroalimentación, xa que non é frecuente que os proxectos derivados contribúan a Debian con modificacións nin melloras. O motivo é pola dificultade de facelo ou mesmo de saber como facelo. Conscientes disto, en Debian crearon un novo equipo de traballo que se adicará a facilitar a comunicación entre Debian e os “seus descendentes".
[Ler máis]