Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Galinux > Asistencia sobre Galinux > Problemas coa tarxeta grafica intel GM45 en Galinux
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Autor: Manuel
Enviado: 14 Nov de 2009 - 12:14
Asunto: Problemas coa tarxeta grafica intel GM45 en Galinux
Ola, non consigo configurar a tarxeta grafica dun Dell Inspiron 1545 ( unha Intel GM45) para reproducir graficos 3d nin ver video. Xa reinstalei o paquete xserver-xorg-video-intel pero segue sen ir. O propio test de hardware do sistema bloquea o ordenador cando chega ao test de video.

Se alguen sabe algo ...

Moitas gracias
Autor: jchaves
Enviado: 24 Nov de 2009 - 02:15
Asunto: re: Problemas coa tarxeta grafica intel GM45 en Galinux
Boas Manuel,

Resulta curioso isto que contas, pois as tarxetas gráficas Intel son as que normalmente mellor compatibilidade teñen en sistemas operativos linux, pois os seus controladores son de código aberto...

Facendo unha busca en Google, atopei o seguinte fío [1] , no que alguén semella ter tamén problemas de rendemento con esa mesma tarxeta gráfica.
[1] http://ubuntuforums.org/showthread.php?t=1238654

Nese fío coméntase que cunha actualización a unha versión superior de Ubuntu, conseguiu un mellor rendemento.

Sería posíbel facer a proba? descargar unha versión actual de Ubuntu (Galinux está baseado no traballo de ubuntu), e comprobar se o problema está xa solucionado en versións actuais?

Pode descargar Ubuntu en http://www.ubuntu.com/getubuntu/download
Autor: Manuel
Enviado: 01 Dec de 2009 - 12:37
Asunto: re: re: Problemas coa tarxeta grafica intel GM45 en Galinux
Ola jchaves! Gracias por respostar. Atopei unha paxina http://intellinuxgraphics.org/ onde se colgan os drivers e a documentacion das tarxetas Intel. O controlador xa vai pola version 2.9, mentras que co Galinux ven a 2.2. Podese descargar e compilar a man, pero case que vou esperar porque neste momento non me ven nada ven quedarme sen ordenador. Tamen acaban de publicar a guia para programadores da GM45, asi que supoño que habera que esperar unha tempada a que fagan un driver que a poña a andar.

Un saudo
Comentarios totais: 3 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas