Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Autor: Vituko
Enviado: 13 Mar de 2009 - 08:08
Asunto: Openbravo ERP Galego
Boas, xa non sei como fun caer á web do DVD PEME, e resulta que leo esta frase :

Instalación con PostgreSQL
O ficheiro openbravo.war é unha versión empaquetada coa tradución ao galego cos usuarios por defecto.

Aí atrais estivera buscando e o máximo que vira era http://wiki.mancomun.org/index.php/Openbravo, que non ten nada e creo lembrar que escribira nun foro de sourceforge algo vello que falaba sobre o tema do galego, pero na...

En fin, alguén sabe quen anda metido na traducción do Openbravo ERP ó galego?

Un saúdo
Autor: fjrial
Enviado: 17 Mar de 2009 - 10:20
Asunto: Re:Openbravo ERP Galego
Ola:

OpenBravo é unha aplicación de tipo ERP de gran tamaño e moi complexa de implantar mesmo para unha gran empresa. A día de hoxe non temos constatado casos de éxito de implantación deste aplicativo e posto que o custe de mantemento desta tradución é moi alto, a relación custe beneficio é moi baixa. A día de hoxe non podemos continuar con esta tradución polo menos mentres non se confirme que realmente resulta útil para a PEME galega e xeradora de negocio.

Ademais, supoño que estás ao tanto, xa que o preguntaches nos foros de openbravo, que si incorporas a tradución que tiñamos feita antes, acadarás un 35% da aplicación traducida o que xa é un bo comenzo para continuar coa tradución.

Mancomun did translate partially Openbravo ERP R2.3x. Nowadays, when you apply these old translations to version R2.40 you get around 35%[1] of the application translated.

The translations for Galician are at: https://dev.openbravo.com/websvn/localization/translations/gl_ES/trunk/



Se queres continuar coa tradución non dubides en contactar connosco, para poder darlle difusión á túa iniciativa e asesorarche no que poidamos.

Saúdos.

Mensaxe editada por: fjrial, o: 2009/03/17 10:22
Autor: Vituko
Enviado: 18 Mar de 2009 - 11:02
Asunto: Re:Openbravo ERP Galego
Graciñas

Seica é complexa a implantación si. Pero o feito é que o teño implantado nun par de empresas de catering (recén) e posiblemente comece unha implantación no sector dos instaladores electricistas. E unha vez estudiado o funcionamento (unha empresa que se "especialice" nesta aplicación) penso que pode chegar a ser máis que viable a súa implantación a un custe moi baixo (importación de datos e formación dos usuarios, sen falar de posibles adaptacións sectoriais, que xa é outra historia). De momento estou a emprega-la tradución castelán, barallara a posibilidade de ir traducindo ó galego, cando menos xa sei que quedaría un 70%, que é moito choio de dios... En fin, se nalgún momento decidira dar o paso, poñeriame en contacto con vós.

Por certo, analizando os sistemas de traducción vexo que hai moito traballo de máis, exemplo tonto :

Está seguro de querer gardar este proveedor?
Está seguro de querer gardar este cliente?

Non hai algún sistema lingüístico ... que permita enlazar termos con compresión gramatical? Exemplo, seguimos coa mesma tontería :

Está seguro de que quere gardar est(e/a) (proveedor / cliente)

Vamos, seguindo co concepto do ERP, eliminar calquera duplicidade de datos, só traducir cliente unha vez en toda a aplicación (definindo xénero e número) e enlazar esta traducción en frases compostas : Está seguro de que quere gardar est(xénero+número) + cliente

En fin, non sei se me explico, a verdade é que nunca mirei moito en temas de traducción.

Graciñas.
Autor: Alliance
Enviado: 03 Nov de 2009 - 01:24
Asunto: re: Openbravo ERP Galego
Buenos días a todos:
Somos una empresa situada en Torrejón de Ardoz (Madrid) que busca para trabajar una persona que tenga conocimientos en el programa ERP OPENBRAVO.
Las condiciones del empleo son muy buenas. Necesitamos a alguien para que programe y enseñe openbravo a la empresa. Si alguien conoce a algun interesado que maneje el programa y le interese el puesto (es en Madrid), que se ponga en contacto con nosotros en este e-mail torrejon_seleccion2@grupoalliance.com
o en el 916487864.
Muchas gracias a todos y un saludo.
Autor: ifreiria
Enviado: 24 Nov de 2009 - 01:37
Asunto: re: re: Openbravo ERP Galego
Lo mejor para estos casos es que os deis de alta en nuestra lista de ofertas de empleo software libre

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre

Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas