Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > OpenOffice.org > Erros > Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux)
Comentarios totais: 7 - Páxinas (1): [1]
Autor: xab
Enviado: 14 Out de 2006 - 11:26
Asunto: Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux)
Sobre linux teño problemas co inicio despois de actualizar ou instalar a versión 2.03.

A mensaxe ao inicio é "no suitable windowing system found, exiting"

Xa mirei en distintos foros do openoffice e KDE mais teño as librerías startup e non parece ser ese o problema. Alguén mais ten problemas con esta última versión.
Autor: mancomun
Enviado: 16 Out de 2006 - 09:41
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
Ola Xab:

Semella un problema con algunha biblioteca do sistema. Poderías dicirnos que distribución de Linux estás empregando?

Saúdos.

xab escribiu:
Sobre linux teño problemas co inicio despois de actualizar ou instalar a versión 2.03.

A mensaxe ao inicio é "no suitable windowing system found, exiting"

Xa mirei en distintos foros do openoffice e KDE mais teño as librerías startup e non parece ser ese o problema. Alguén mais ten problemas con esta última versión.
Autor: xab
Enviado: 16 Out de 2006 - 10:47
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
O problema é sobre unha distribución Fedora 4. Hai algún fio co mesmo problema (e outras versións anteriores de openoffice) sobre Debian solucionado coa instalación das librerias libstartup. En Fedora temos o paquete startup pero non e solución no meu caso, no que esas librerias xa están instaladas.
Grazas pola resposta
Autor: mancomun
Enviado: 17 Out de 2006 - 09:42
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
Ola:

Estivemos buscando información sobre este erro e topamos esta solución:

Ligazón a foros do OpenOffice.org

O que pon neste foro é o seguinte:

-Executar "xhost localhost"
-Executar "xhost 'nome_da_computadora'"

(As comiñas dobles son só para citar o comando, as comiñas simples si que hai que escribilas).

Unha vez executado estes comandos proba a executar o OpenOffice.

soffice

P.D.: Para saber o nome da túa computadora debes escribir nun terminal o seguinte:
cat /etc/hostname

Proba esta solución e xa nos comentas si che funcionou.

Un saúdo,
mancomun.org
Autor: nash
Enviado: 19 Nov de 2006 - 06:19
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
Eu teño ese problema tamén, teño unha debian e xa o probei todo, e non deu resultado nada.
Saúdos.
Autor: iacaca
Enviado: 07 Dec de 2006 - 04:52
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
Eu tamén teño ese problema, tamén me pon o do "no suitable windowing system found, exiting.", no meu linux, en Mandriva 2006.0. Pero antes tiña tamén o 2006 e funcionaba sen problemas, pero tiven que borrar todo por problemas co disco duro.
Xa probei o do "xhost" pero nada, segue sen funcionar.
Autor: mancomun
Enviado: 30 Mar de 2007 - 02:01
Asunto: Re:Problemas incio con OpenOffice.org 2.0.3 (linux
Ola:

Despois de moito tempo topamos a solución a este erro:

-Instalar as seguintes librerías: libstartup-notification0 e libsndfile.

A solución é desta páxina:

http://dot.kde.org/1101482981/1103495880/

Saúdos,
mancomun.org
Comentarios totais: 7 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas