Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Xeral > Preguntas > Galinux non carga particionador no CD Vivo
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Autor: Fran Varela
Enviado: 12 Mai de 2009 - 01:24
Asunto: Galinux non carga particionador no CD Vivo
Bos días,

Eu teño o seguinte problema, teño un portátil co Windows XP instalado e quero instalar o Galinux. Ben, cando me dispoño a instalalo co CD Vivo sigo correctamente os pasos, e ao chegar ao 6º, que é onde por lóxica tería que cargar o particionador para distribuir o espazo e facerme unha partición para o Galinux, pasa del e dime que vai instalar. Eu penso que se lle dou a instalar borrarame o XP e instalarase o Galinux eliminándome todo.

Xa o tiven instalado, pero como gran parte da axuda viña en Inglés, pois desinstaleino e volvín unir as particións para darlle todo o disco ao Windows XP de novo. Aclarádeme o da axuda tamén se facedes o favor, porque gran parte dela está en Inglés.

Cas actualizacións automáticas poñeríase en Galego? o paquete AraOS pódese instalar tamén? porque no curso ao que estou asistindo temos varias actualizacións, saéme a de AraOS pero non me deixa instalala.

Moitas grazas de antemán, espero con ansia a vosa resposta.
Autor: jchaves
Enviado: 13 Mai de 2009 - 12:21
Asunto: re: Galinux non carga particionador no CD Vivo
Boas,

Poderías, por favor, darnos máis detalles sobre o tema do particionador? Por exemplo, que versión de galinux estás a empregar? que opcións marcaches en cada un dos pasos?, etc...

É que estamos intentando ver que está a pasar, e non somos quen de reproducir este erro.

No tema da axuda en inglés: Con galinux inténtase ofrecer un sistema operativo completamente en galego, e para iso compílase todo o material traducido dispoñible, e empaquétase xunto e conformando un sistema cohesionado.

O problema xorde cando non existe material traducido. No caso da axuda, por exemplo, non toda a axuda de todos os programas está xa traducida ao galego. E contra iso, non hai moito que facer.

Como saberás, a tradución é un traballo maiormente levado a cabo por voluntarios que, desinteresadamente, adican parte do seu tempo a estas tarefas. Este traballo coordínase en diferentes proxectos, que sempre están abertos a novas colaboracións.

Se estás interesado en axudar na tradución ao galego, cousa que sempre será benvida, recoméndoche que te subscribas á rolda de correo g11n:

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Quedamos á espera de que nos contes máis detalles sobre o asunto do particionador.

Un saúdo.
Autor: Fran Varela
Enviado: 14 Mai de 2009 - 03:42
Asunto: re: Galinux non carga particionador no CD Vivo
jchaves, ante todo darche as grazas pola resposta.

En canto á versión, foi descargada de mancomun.org, da páxina oficial do Galinux vaia, pero xa fai uns 2 ou 3 meses.

Os pasos que eu sigo son os normais. Meto o CD no portátil e saénme as opcións, doulle a instalar "Ubuntu" e comeza ca instalación. Dime de escoller idioma, teclado, e despois onde instalar que é aquí onde me xorden as dúbidas. Ponme de instalar co método guiado e aparéceme o disco duro de 80 Gb. Cando o instalei por primeira vez, ao darlle en guiado, saíume unha pantalla onde me aparecía unha barra coa cantidade asignada ao Windows que viñan sendo os 80 Gb e canto lle quería dar ao Galinux. Saíame unha barriña que se movía dun lado a outro dando menor ou maior espazo ao disco. Despois disto dicía que estaba a facer a partición e finalmente instalaba.

Agora quero facelo mesmo pero non me sae iso, senón que chego ao último paso e é coma se utilizara o disco enteiro, e o que teño medo é de que me borre o Windows, que creo que é o que me vai pasar.

Ben, sei que non está moi ben explicado o tema pero tampouco sei moi ben como facelo, pero ante todo moitas grazas pola resposta!

En canto ao da tradución, tal vez me una sí, aínda que o meu Inglés é algo pobre, jeje, pero bueno, por intentalo que non sexa!

Veña, un saúdo
Autor: Fran Varela
Enviado: 14 Mai de 2009 - 03:46
Asunto: re: Galinux non carga particionador no CD Vivo
http://galinux.mancomun.org/

esta é a páxina.

A versión se mal non recordo era a 8.04

Bueno, perdón polo multipost!

Grazas de novo
Autor: Fran Varela
Enviado: 18 Mai de 2009 - 01:42
Asunto: re: Galinux non carga particionador no CD Vivo
Boas de novo. Formateei todo o disco duro e dispúxenme a instalar XP, o novo Windows 7 e o Galinux. Deille 10 Gb ao Galinux. Dentro deses 10 Gb, fíxenlle unha partición de 1 Gb para o swap (espazo de intercambio). Espero que o fixera ben. En principio todo funciona ben!
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas