2.4
789
O vindeiro 19 de xaneiro de 2013 terá lugar a V noite Drupal & GNU/Linux organizada unha vez máis polas asociacións GALPon (Pontevedra), Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e a Asociación Ociorum (A Coruña).
As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións, tomando a testemuña nas seguintes edicións a cidade de Vigo en xullo de 2011, Ordes en decembro de 2011 e A Coruña en marzo de 2012. Desta volta é a quenda de Narón como cidade anfitrioa da quinta edición da noite drupal, concretamente no local de Ada Formación, sito na rúa Santa Tecla.
A organización ten o firme convencemento de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta, polo que animan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.
[Ler máis]
2.27
391 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a colaborar co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) para liberar dous aplicativos desenvolvidos por este organismo e que están a ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Tráase do aplicativo de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativo de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.
A liberación destas ferramentas no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, permitirá crear unha comunidade de desenvolvemento e de usuarios ao redor delas, na que distintas empresas ou entidades poidan colaborar no seu mantemento e evolución, revertendo en beneficio de todos e permitindo xerar negocio.
[Ler máis]
2
867 A OSL do CIXUG vén de publicar a primeira distribución de GNU/Linux adaptada para cubrir ás necesidades das tres universidades do Sistema Universitario Galego.
Como non podía ser doutro xeito, logo da excelente experiencia de anos anteriores coa adaptación de Ubuntu á Universidade de Santiago de Compostela, e sendo fieis á filosofía e espírito do software libre, de aproveitamento, colaboración, contribución de avances a proxectos existentes, ... aproveitouse tanto o modelo e infraestrutura empregada para a Ubuntu-USC como o coñecemento e experiencia previos para o desenvolvemento desta distribución de GNU/Linux das universidades galegas evitando ter que partir de cero.
O nome escollido para a distribución das universidades galegas é SO.xug, Sistema Operativo para a xestión das universidades galegas, e baséase en Ubuntu 12.04 LTS basicamente presenta unha adaptación gráfica cunha selección de paquetes base para as tres universidades galegas, como software de uso xenérico como LibreOffice, Gimp, Firefox, Thunderbird..., software de xestión de aulas empregado nas universidades, software común empregado na formación en diferentes facultades e centros, ...
[Ler máis]
1.71
868 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu a José Millán Soto da Universidade da Coruña o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre polo seu proxecto “Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE", proxecto que tiña por obxectivo dotar ao contorno de KDE das capacidades básicas de accesibilidade das que carecía, empregando como referencia os aplicativos Dolphin (xestor de ficheiros), Kmail (xestor de correo) e Kopete (xestor de mensaxería instantánea). Desta forma sería posible que fosen empregadas por persoas con algún tipo de diversidade funcional que lles impide ou dificulta o uso de ferramentas informáticas (discapacidades visuais, auditivas, etc.) Como consecuencia deste desenvolvemento existe un importante pulo ao redor da accesibilidade en KDE. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.000 euros patrocinada este ano pola empresa Igalia.
Ademais, a Asociación Cultural Trasno, colaboradora da iniciativa, outorgou a “Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC”, dotada con 800 euros, a Leandro Regueiro Iglesias da Universidade da Coruña polo proxecto "Terminator: aplicativo para a discusión colaborativa de terminoloxía utilizando tecnoloxías Web 2.0 e a infraestrutura de desenvolvemento web Django". Aplicativo web para a creación colaborativa de terminoloxías e glosarios multilingües que permitan realizar consultas de forma rápida e sinxela, exportar ao formato estándar para o intercambio de terminoloxía TBX (TermBase eXchange), ... Este proxecto pretende cubrir unha das necesidades específicas da comunidade galega de tradutores de software libre pero con utilidade segura para outras comunidades e idiomas. Actualmente o desenvolvedor está en contacto coa comunidade do proxecto Translate toolkit & Pootle para incluír a súa ferramenta en dita comunidade.