1.77
394 Dende o departamento de informática do centro de estudos Athenea (academia Athenea) de Santiago de Compostela infórmannos que mañá 15 de marzo abren o prazo de inscrición para 4 cursos de formación en tecnoloxías libres, concretamente sobre GNU/Linux e desenvolvemento de aplicativos para Android.
O prezo dos cursos varía entre os 200€ e 300€ con posibilidade de pagos fraccionados. As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse nos cursos deben contactar co centro de estudos Athenea sito na Rúa Nova de Abaixo, 22. 1º, Santiago de Compostela a través do enderezo athenea @ galicia . com ou nos teléfonos 981 557 367 e 659 109 520.
Curso básico GNU/Linux. Curso de 60 horas de duración, dirixido a todo tipo de usuarios. O curso ten por obxectivo introducir aos novos usuarios no uso de sistemas GNU/Linux a través de varias distribucións (Ubuntu, OpenSuse). Comezará o 8 de abril e formaranse 2 grupos dun máximo de 15 persoas.
[Ler máis]
2.91
432 A través da lista de guls soubemos que o Centro Social Novacaixagalicia pon en marcha en Vigo un novo programa de obradoiros dirixidos a profesionais e outras persoas con inquietudes formativas. Este programa consta dunha serie de accións formativas que preténden axudar, reforzar e cubrir as necesidades específicas e especializadas de formación a profesionais, traballadores en activo ou en busca de emprego, recén licenciados e a poboación en xeral. Segundo recolle a nota de prensa da Fundación Novacaixagalicia, os centros na Coruña e Santiago sumaranse proximamente a esta oferta formativa.
Dentro deste programa, un dos bloques está adicado á formación en novas tecnoloxías, web e redes sociais, no que o software libre ten unha forte presencia: Moodle, Linux, Drupal ...
Obradoiro Moodle para docentes. Nivel básico. Obradoiro de 10 horas de duración repartidas nos martes e xoves pola tarde, de 19:15 a 21:15 horas dende o 5 ata o 19 de febreiro.
[Ler máis]
2.23
437
Dende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux.
O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.
O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 17 de marzo de 2013 cunha duración de 30 horas repartidas en horario de luns a mércores de 15:00 a 17:00 horas.
O programa do obradoiro é o seguinte:
[Ler máis]
2.46
450 Mañá 23 de xaneiro celébrase en Madrid o Primeiro Encontro de Software de Fontes Abertas e Reutilización (SFA) dirixido o Sector Público. Este primeiro encontro está organizado conxuntamente por CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en Fuentes Abiertas) e red.es.
O obxectivo do encontro é dar a coñecer as principais experiencias nacionais e internacionais en materia de liberación de código e migración a software libre, así como as iniciativas de reutilización de software nas administracións públicas.
O evento reunirá a responsables das institucións organizadoras así como outras entidades colaboradoras e representantes dos gobernos das comunidades autónomas de Extremadura, Valencia, Andalucía e da Xunta de Galicia. Contarase tamén coa presencia de importantes personalidades internacionais neste ámbito como Carlo Daffara, investigador no campo da economía TI, Maria Antonia Brovelli, do proxecto WorldWind da NASA ou Malcolm Bain de Id law Partners.
Entrevistas previas aos participantes
Como anticipo á xornada os distintos participantes responden nunha serie de entrevistas ás preguntas de CENATIC sobre os aspectos máis destacados a tratar no evento.
Carlo Daffara, cofundador da consultora CloudWeavers, nos seu estudo sobre a Economía do Software libre, afirma que “a economía europea está aforrando 450.000 millóns de euros anuais utilizando Software Libre, y que a vantaxe do seu uso radica na posibilidade da súa reutilización e a alta calidade que proporciona”. Durante a entrevista concedida a CENATIC ademais estima que de todo o software utilizado nos últimos 5 anos en Europa, o 35% provén directamente do código aberto.
[Ler máis]
2.4
772
O vindeiro 19 de xaneiro de 2013 terá lugar a V noite Drupal & GNU/Linux organizada unha vez máis polas asociacións GALPon (Pontevedra), Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e a Asociación Ociorum (A Coruña).
As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións, tomando a testemuña nas seguintes edicións a cidade de Vigo en xullo de 2011, Ordes en decembro de 2011 e A Coruña en marzo de 2012. Desta volta é a quenda de Narón como cidade anfitrioa da quinta edición da noite drupal, concretamente no local de Ada Formación, sito na rúa Santa Tecla.
A organización ten o firme convencemento de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta, polo que animan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.
[Ler máis]
1.71
851 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu a José Millán Soto da Universidade da Coruña o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre polo seu proxecto “Soporte de Accesibilidade nas Aplicacións KDE", proxecto que tiña por obxectivo dotar ao contorno de KDE das capacidades básicas de accesibilidade das que carecía, empregando como referencia os aplicativos Dolphin (xestor de ficheiros), Kmail (xestor de correo) e Kopete (xestor de mensaxería instantánea). Desta forma sería posible que fosen empregadas por persoas con algún tipo de diversidade funcional que lles impide ou dificulta o uso de ferramentas informáticas (discapacidades visuais, auditivas, etc.) Como consecuencia deste desenvolvemento existe un importante pulo ao redor da accesibilidade en KDE. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.000 euros patrocinada este ano pola empresa Igalia.
Ademais, a Asociación Cultural Trasno, colaboradora da iniciativa, outorgou a “Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC”, dotada con 800 euros, a Leandro Regueiro Iglesias da Universidade da Coruña polo proxecto "Terminator: aplicativo para a discusión colaborativa de terminoloxía utilizando tecnoloxías Web 2.0 e a infraestrutura de desenvolvemento web Django". Aplicativo web para a creación colaborativa de terminoloxías e glosarios multilingües que permitan realizar consultas de forma rápida e sinxela, exportar ao formato estándar para o intercambio de terminoloxía TBX (TermBase eXchange), ... Este proxecto pretende cubrir unha das necesidades específicas da comunidade galega de tradutores de software libre pero con utilidade segura para outras comunidades e idiomas. Actualmente o desenvolvedor está en contacto coa comunidade do proxecto Translate toolkit & Pootle para incluír a súa ferramenta en dita comunidade.
1.7
630
A Aula TIC Pemes da USC oferta un curso de formación en liña de 100 horas de duración sobre Xestión de relacións cos clientes e xestión de tendas virtuais que se impartirá a partir do 15 de xaneiro de 2013, e que xa ten o prazo de inscrición aberto.
O obxectivo do curso é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade, dende o control interno dos clientes ata a administración da súa propia tenda virtual. Para isto empregaranse as ferramentas Vtiger CRM, para a xestión de relacións co cliente, e Prestashop para a xestión das tendas virtuais. Ambas ferramentas distribúense con licenza libre.
[Ler máis]
1.58
415 A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a través do Programa Voluntariado Dixital, acaba de lanzar a liña estratéxica de traballo de "Tecnoloxía para a Inclusión Social".
Esta nova liña ten como obxectivos unir a experiencia social do terceiro sector galego coa experiencia tecnolóxica das entidades, empresas e/ou asociacións do ámbito TIC da nosa comunidade, para aproveitar este potencial e orientalo de cara as persoas e grupos máis vulnerables, co fin de mellorar a súa calidade de vida, e resolver así determinadas necesidades sociais.
No marco desta liña de traballo, organízase para o vindeiro día 23 de novembro a I Xornada de Boas Prácticas en Tecnoloxía para a Inclusión Social, co obxectivo de crear un punto de encontro e debate, onde se dean a coñecer solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC galegas, para difundilas entre as entidades de acción social de Galicia, de forma que se amose a utilidade e a idoneidade das TIC como complemento e solución a determinados problemas sociais. Por suposto, como non podía ser doutro xeito, o Software Libre estará presente nesta xornada xa que unha das vantaxes deste tipo de software é a maior facilidade de adaptación do mesmo ás distintas necesidades das persoas con necesidades de inclusión social, como xa se puido comprobar nas xornadas de accesibilidade con software libre organizadas o pasado mes de xullo no Centro Demostrador TIC, ou nas conferencias organizadas o pasado ano pola asociación GALPon sobre dúas ferramentas libres para persoas con discapacidade.
[Ler máis]
2.44
586 
O vindeiro mércores, 21 de novembro, dende as 17:30 ata as 21:00 celebrarase a Xornada de traballo sobre como licenciar e traballar con Licenzas Libres, organizada pola OSL do CIXUG que terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela.
Se ben é certo que cada vez hai un maior coñecemento e uso do Software Libre entre a cidadanía e as empresas, tamén é certo que o coñecemento sobre as distintas licenzas libres e sobre o procedemento axeitado para empregalas nos proxectos propios é aínda moi deficiente. Así existe moita confusión respecto das licenzas libres, dúbidas sobre por exemplo que licenza escoller?, estou condicionado polo software empregado para o meu proxecto?, cales son as implicacións da licenza escollida?, cales son os meus dereitos se publico cunha licenza libre?, como debo aplicar a licenza ao meu código?, é suficiente con poñer o meu código nunha forxa pública e dicir que é GPL? ...
Conscientes desta problemática, a OSL do CIXUG organiza unha xornada de traballo que pretende botar luz sobre estas e moitas outras preguntas. Así o obxectivo da mesma será achegar aos profesionais TIC galegos que son as licenzas, cales son os diferentes tipos que hai e como poden publicar correctamente os seus proxectos mediante unha licenza libre. A xornada correrá a cargo de dous expertos especialistas en temas de propiedade intelectual e dereito das novas tecnoloxías como son David Maeztu Lacalle e Javier Prenafeta.
[Ler máis]
2.58
477 O Centro Demostrador TIC de Galicia para a última semana do mes de novembro unha serie de obradoiros para a capacitación en Realidade Virtual e Realidade Aumentada agrupadas baixo o epígrafe “Talleres de capacitación sobre novas tendencias tecnolóxicas para PEMES” no que se empregarán ferramentas con licenza libre naqueles aspectos onde existen solucións libres de calidade que cobren as necesidades eficazmente.
Os seminarios serán impartidos por persoal con ampla experiencia profesional que ofrecerán unha formación básica onde se darán a coñecer os procesos de identificación, análise, creación e xeración de contidos de Realidade Virtual e Realidade Aumentada utilizando ferramentas de software libre, amosándose casos de éxito e as súas aplicacións.
A asistencia é gratuíta, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña no portal web http://cdtic.xunta.es/formacion
O 26 de novembro de 10:00 a 14:30 terá lugar o primeiro dos seminarios, “Aplicacións da realidade virtual e a realidade aumentada na empresa”, dirixido a directivos xerentes, directores de proxecto, xefes de oficina técnica e directores comerciais. Este seminario, de carácter divulgativo, versará sobre as diversas aplicacións e posibilidades que ofrece a Realidade Virtual e Aumentada na fabricación industrial, na construción, no turismo, formación ou sanidade.
[Ler máis]