RSS enviar por correo-e Imprimir

Xornadas

  • O centro Ágora acollerá a Trasnada 12.0 os días 18 e 26 de maio

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Maio de 2012
    • Valoración 5
    • Lecturas 260

    Banner da Trasnada 12.0 na CoruñaTrasno organiza para os vindeiros días 18 e 26 de maio a Trasnada 12.0 unha nova edición do encontro periódico que reúne aos tradutores de software libre ao galego e xa vai pola súa cuarta edición. Nesta ocasión a cidade da Coruña toma o relevo como sede deste encontro a cidades como Vigo, Ourense e Ordes que acolleron as anteriores edicións.

    Para aqueles que aínda non coñezan as Trasnadas, o obxectivo principal das mesmas é servir de punto de encontro da comunidade de tradución para fixar terminoloxía no ámbito da tradución para aumentar a calidade das tradución e servir de escaparate ao expor ao público o traballo destes voluntarios a prol da normalización da lingua galega nas tecnoloxías libres que traballan baixo o paraugas do Proxecto Trasno.

    A trasnada 12.0 celebrarase no Centro Ágora, na Cidade da Coruña:

    [Ler máis]
  • O experto en seguridade Ross Anderson participará no IV Obradoiro de Criptografía, Privacidade e Seguridade

    Publicado por Macnomún
    Mércores, 9 de Maio de 2012
    • Valoración -
    • Lecturas 255

    A asociación GPUL anunciou este luns o programa final para o IV Obradoiro de Criptografía, Privacidade e Seguridade que se celebrará do 14 ao 16 de maio de 2012 na Facultade de Informática da Coruña (Salón de Actos, andar 0).

    Cartel do IV obradorio de Criptografía, privacidade e seguridade Como sempre as xornadas contarán con interesantes charlas e obradoiros de expertos locais no campo, que expoñerán as últimas técnicas coas que están a traballar. Mais este ano conta coa presencia do gran especialista internacional o Doutor Ross Anderson, da Universidade de Cambridge, que impartirá o mércores 16 ás 10:00 horas a súa charla titulada Cryptology and security – where is the research frontier?"

    O doutor Ross Anderson pertence ao Grupo de Seguridade do Laboratorio de computación, participou en varios desenvolvementos de algoritmos de cifrado como as primitivas Bear, Lion e Tiger ou o código de cifrado de bloques Serpent; investiga nas relacións da economía e a seguridade da información, na fiabilidade dos sistemas de seguridade, na robustez dos protocolos de seguridade... e é tamén un defensor das liberdades no mundo dixital.

    Nesta charla discutirá sobre os problemas da investigación en temas de cifrado e seguridade así como nas diversas compoñentes que inflúen na construción de sistemas seguros.

    O programa completo conta coas seguintes intervencións:

    [Ler máis]
  • AGASOL falará de emprendemento con Software Libre mañá na XGN 13

    Publicado por Mancomún
    Venres, 4 de Maio de 2012
    • Valoración -
    • Lecturas 282

    Logotipo de AGASOLUn ano máis o Software libre estará presente na Xuventude Galicia Net. Mañá sábado 5 de maio ás 13:00 horas AGASOL impartirá unha conferencia que leva por nome Emprender da man do Software Libre.

    Xavier Castaño, vicepresidente de AGASOL e mais Luis Alberto Fernández, xerente da asociación falarán polo miúdo das oportunidades laborais e de negocio que hai detrás do Software Libre, dos proxectos das empresas que forman parte de AGASOL ... Os asistentes a este relatorio poderán obter información de primeira man de como o software libre permite xerar emprego cualificado e de calidade nas empresas galegas, como contribúe á internacionalización e convencelos de que é unha excelente opción para os novos emprendedores e un importante elemento de diferenciación para as empresas xa establecidas.

    [Ler máis]
  • Obradoiro sobre como converter os datos do Catastro en mapas para o OpenStreetMap

    Publicado por Mancomún
    Venres, 4 de Maio de 2012
    • Valoración 4
    • Lecturas 255

    Logo de xeoinquedosHoxe, 4 de maio, a partires das 16:00 horas na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, a asociación Xeoinquedos impartirá un obradoiro sobre como empregar a ferramenta cat2osm para a partir da información cartográfica descargable dende a sede do Catastro convertela en ficheiros .osm que posteriormente poden subirse ao proxecto OpenStreetMap. O obxectivo perseguido é introducir toda a información posible dentro deste proxecto.

    cat2osm é unha ferramenta, desenvolvida por Ander Pijoan de DeustoTech Energy e distribuída con licenza libre.

    A finalidade do obradoiro é o achegamento aos participantes aos procesos de importación da información mediante cat2osm. Explicarase dun xeito práctico todo o proceso, dende a descarga dos datos da web do Catastro, para o que é preciso dispor ou ben do e-DNI ou ben dun certificado emitido pola FNMT, ata a creación do ficheiro .osm co que poder traballar.

    [Ler máis]
  • Programa definitivo das Xornadas Multimedia de GPUL

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Maio de 2012
    • Valoración 5
    • Lecturas 176

    Cartel das V Xornadas MultimediaEste sábado 5 de maio de 16:00 a 20:30 horas celébranse na Facultade de Informática da Coruña (Aula de Graos, andar 2 / Salón de Actos, andar 0) as V Xornadas Multimedia das que xa vos falamos cando abriron o prazo de remisión de propostas.

    Durante a tarde do sábado todas aquelas persoas con interese no campo da multimedia en software libre terán unha excelente oportunida de achegarse a este interesante campo ao redor de charlas, obradoiros e concursos con contidos de corte multimedia.

    O programa destas xornadas é o seguinte:

    [Ler máis]
  • Petición de contribucións para o Obradorio de Criptografía, privacidade e seguridade organizado por GPUL

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Abril de 2012
    • Valoración 3
    • Lecturas 187

    Logo de GPULDende GPUL abren o prazo de presentación de contribucións para participar no Obradoiro de criptografía, privacidade e seguridade, que se celebrará entre os días 14 e 16 de maio no que se tratarán temas relacionados co ámbito da privacidade, da seguridade e da cifraxe, sempre por suposto en torno ao software libre os estándares abertos ou mesmo a cultura libre. 

    Dende a organización abre hoxe o prazo para que calquera persoa interesada en realizar unha charla, un obradoiro ou algunha outra idea de colaboración poida remitirllo ao comité organizador.

    Aqueles interesados en achegar as súas propostas poden facelo ata o vindeiro día 28 de abril a través do formulario habilitado na plataforma de xestión de contribucións, previo rexistro no evento, atendendo ás seguintes instrucións.

    [Ler máis]
  • Xornada de difusión de Ainfovac en Melide

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Abril de 2012
    • Valoración 3
    • Lecturas 189

    Cartel das xornadas de Ainfovac en MelideA asociación Melisa informa que o vindeiro día 19 de abril terá lugar unha xornada de difusión sobre AinfoVac. A xornada celebrarase ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto en Melide, co obxectivo de dar a coñecer dita aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras. O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.

    A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra (Aula informática agraria) e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA.

    AinfoVac, como o propio José Manuel Campos explica neste vídeo, é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos produtivos, facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc. para o que conta cos módulos de:

    [Ler máis]
  • Petición de contribucións para as V Xornadas Multimedia organizadas por GPUL

    Publicado por Mancomún
    Martes, 3 de Abril de 2012
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 420

    Logo de GPULDende GPUL abren o prazo de presentación de contribucións para participar nas V Xornadas Multimedia, que un ano máis reunirán durante os días 4 e 5 de maio a persoas con interese no campo da multimedia en software libre ao redor de charlas, obradoiros e concursos con contidos de corte multimedia, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, os estándares abertos ou mesmo a cultura libre.

    Con este anuncio fan un chamamento á participación nas mesmas, convidando a todos os interesados en temas multimedia en xeral a participar activamente nas xornadas, enviando unha proposta de charla ou obradoiro e, por suposto, a asistir ás xornadas.

    Aqueles interesados en propoñer un relatorio ou obradoiro deberán facelo antes do 14 de abril a través do formulario habilitado na plataforma de xestión de contribucións, previo rexistro no evento, atendendo ás seguintes instrucións.

    [Ler máis]
  • Seminario técnico sobre Zentyal no CNTG

    Publicado por Mancomún
    Martes, 27 de Marzo de 2012
    • Valoración 3
    • Lecturas 245

    Logotipo de ZentyalO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza un Seminario técnico sobre o servidor Linux para PEMES, Zentyal para o vindeiro día 26 de abril, de 16:30 ata, aproximadamente, as 20:00 horas.

    A xornada vai especialmente dirixida ao persoal técnico, tanto do sector público como privado, que teña responsabilidades, exerza e/ou oriente a súa actividade no eido da administración de sistemas, así como a calquera persoa de perfil técnico con interese na temática.

    O obxectivo da xornada é a presentación desta plataforma de administración e dos principios que rexen o seu deseño: boas prácticas, integración de servizos, interface de administración unificada, configuracións probadas en múltiples contornos...Durante a presentación usarase unha instalación de Zentyal sobre a que se irán probando e resolvendo as posibles dúbidas sobre as distintas posibilidades presentadas.

    [Ler máis]
  • Petición de contribucións para as XI Xornadas Libres organizadas por GPUL

    Publicado por Mancomún
    Martes, 27 de Marzo de 2012
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 308

    Logo de GPULDende GPUL anuncian que un ano máis comezan a organizar as xa senlleiras Xornadas Libres, que consistirán, coma sempre, nunha serie de charlas, obradoiros e concursos con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, do hardware libre os estándares abertos ou mesmo a cultura libre en xeral.

    As XI Xornadas Libres, que están dirixidas a todos os públicos con interese no mundo libre, celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña do 23 ao 27 de abril de 2012.

    Co anuncio publicado onte ábrese ata o 7 de abril o período para remitir propostas de charlas ou actividades a través do formulario habilitado na plataforma de xestión de contribucións, previo rexistro no evento.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas