RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • GNOME 3.12 dispoñible 100% en galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 1 de Abril de 2014
    • Valoración 3.1
    • Lecturas 506

    Fieis á súa cita, seis meses despois da última publicación, o equipo galego de tradución de GNOME anuncia que xa está dispoñible a nova versión do contorno de escritorio GNOME 3.12 completamente traducida ao galego.

    Captura do escritorio GNOME 3.12Segundo indican na súa nota, esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que manteñen o nivel de tradución da interface no 100% aínda que retroceden lixeiramente na porcentaxe de tradución da documentación motivado polo incremento do traballo (gran parte da documentación foi reescrita) e polo baixo número de recursos humanos cos que conta o equipo galego de tradución de GNOME. Para facernos unha idea do volume de traballo realizado, destacar que a tradución da interface foron 36.881 cadeas e 171.094 palabras e no caso da documentación, 7132 cadeas e 75650 palabras.

    Os interesados en botar unha man a este equipo e contribuír a manter este escritorio así como a súa documentación dispoñibles en galego, poden unirse ao grupo sen máis que darse de alta. O equipo galego de tradución de GNOME conta cunha serie de manuais de introdución aos procedementos de tradución de GNOME para orientar aos novos colaboradores.

    [Ler máis]
  • Gpul organiza un novo relatorio “Como liberar o teu traballo cunha licenza libre"

    Publicado por Mancomun
    Luns, 31 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.91
    • Lecturas 397

    Cartel do relatorioDende GPUL informan dun novo relatorio dentro do seu ciclo Xoves Libres. Desta volta é a quenda de achegar aos asistentes a Como liberar o traballo cunha Licenza Libre.

    Nesta ocasión, os encargados de achegar a súa experiencia serán Rafael Rodríguez Gaioso, Coordinador da Oficina de Software Libre do CIXUG e Pablo Belay desenvolvedor e responsable da comunidade da aplicación SIX XeoPesca e gañador do Premio ao mellor proxecto de fin de carreira con licenza libre do ano 2013, entre outros galardóns.

    O relatorio celebrarase o xoves 3 de abril, a partir das 19:00 horas, no laboratorio 0.1W da Facultade de Informática da UDC. Como sempre, esta actividade é de carácter gratuíto, e está aberta á participación do público en xeral, estando especialmente indicada para os estudantes de carreiras técnicas que estean desevolvendo os seus proxectos de fin de carreira ou traballo técnicos nos seus estudos.

    [Ler máis]
  • A AMTEGA publica unha guía de boas prácticas para a liberación de documentos da administración autonómica

    Publicado por Mancomún
    Venres, 28 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.71
    • Lecturas 457
    • Coincidindo co Día da Liberdade de Documentos, a Amtega presentou esta guía que fai fincapé no uso de formatos abertos así como de licenzas Creative Commons nas publicacións da Xunta
    • Está dispoñible nas webs de imit.xunta.es e mancomun.org
    • O Goberno autonómico vén impulsando dende o ano 2011 o uso de formatos abertos na presenza na Internet do Sector Público Galego

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a “Guía de boas prácticas para a Liberación de Publicacións da Xunta de Galicia” que explica as vantaxes de empregar tanto formatos abertos como licenzas libres nas publicacións elaboradas pola Xunta de Galicia.

    A guía presentouse o pasado 26 de marzo, coincidindo co Día Internacional da liberdade Documentos (DFD), unha iniciativa a nivel mundial promovida pola Free Software Foundation Europe, que se celebra o derradeiro mércores do mes de marzo co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais en formatos libres e estándares abertos.

    Así a Amtega uniuse aos actos e xornadas que se celebraron a nivel mundial e, concretamente na nosa Comunidade, da man de dúas asociacións de usuarios de software libre, GALPon e GPUL, nas universidades de Vigo e Coruña respectivamente, contribuíndo ao fomento e implantación dos estándares abertos na administración pública. A Amtega participou na mesa de debate organizada na Xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación na Universidade de Vigo.

    [Ler máis]
  • GPUL únese ao Día da Liberdade dos Documentos

    Publicado por Mancomún
    Luns, 24 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.91
    • Lecturas 386

    Como vos informabamos hai unhas semanas, este mércores 26 de marzo é o Día Internacional da liberdade dos Documentos (DFD), unha iniciativa a nivel mundial promovida pola Free Software Foundation Europe que se celebra o derradeiro mércores do mes de marzo co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os nosos documentos dixitais en formatos libres e estándares abertos. Para contribuír á consecución dos obxectivos de difusión desde día, organízanse numerosos actos e xornadas por todo o planeta, e un ano máis a nosa comunidade amósase moi activa nestas celebracións.

    Cartel da xornada do Document Freedom Day 2014 de GPULAsí á xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación, organizada por GALPon na Universidade de Vigo uniuse nos últimos días unha nova xornada conmemorativa do Document Freedom Day organizada por GPUL que terá lugar tamén o mércores 26 a partires das 18:00 horas na Facultade de Informática da UDC para amosarlle ao público as grandes vantaxes que teñen os estándares abertos.

    Esta xornada contará coas seguintes intervencións:

    [Ler máis]
  • Novos obradoiros de prestashop e dolibarrERP na aula TIC Pemes da USC

    Publicado por Mancomún
    Luns, 24 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.93
    • Lecturas 352

    A Aula TIC Pemes da USC oferta dous novos cursos a través da súa plataforma de teleformación; VI Edición do obradoiro virtual de Xestión de Tendas Virtuais, baseado na ferramenta de software libre Prestashop e III Edición do obradoiro virtual sobre Planificación de Recursos Empresariais baseado no ERP con licenza libre DolibarrERP .

    Banner do curso de Prestashop

    Ambos cursos terán unha duración de 50 horas cada un, comezando o 29 de marzo e rematando o 7 e o 14 de maio respectivamente.

    [Ler máis]
  • Curso de online de NavTable sobre gvSIG 1.12

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 13 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.82
    • Lecturas 411

    Cartolab informa que están a organizar, en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña, diferentes cursos online sobre os SIX a desenvolver nos próximos meses que comezan xa cun curso de NavTable.

    Cartel do curso sobre NAvTableNavTable é unha extensión para gvSIG desenvolvida por Cartolab no ano 2009 que facilita o traballo cos datos alfanuméricos asociados ás capas vectoriais. Segundo a información ofrecida por Cartolab, o éxito de acollida entre a comunidade de usuarios impulsounos a desenvolver novas funcionalidades e mesmo unha biblioteca propia para xerar formularios personalizados.

    Este curso é sen dúbida unha excelente oportunidade para todos aqueles que teñen que traballar con gvsig para coñecer o funcionamento e potencial desta extensión da man dos seus creadores.

    [Ler máis]
  • Xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación

    Publicado por Mancomún
    Venres, 7 de Marzo de 2014
    • Valoración 2.77
    • Lecturas 871

    Cartel da xornadaO vindeiro mércores 26 de marzo ás 10:45 horas, terá lugar no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo unha interesante xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación así como a importancida do uso dos estándares abertos.

    Aínda que esta xornada está inicialmente organizada no ámbito universitario, está aberta ao público en xeral polo que animamos a asistir a todo o que poida así como a contribuír á súa difusión, co fin de chegar ao maior público posible.

    Esta xornada é organizada por GALPon con motivo do Día Internacional da liberdade dos Documentos (DFD) e para contribuír a acadar os obxectivos que persegue este celebración. O DFD é unha iniciativa a nivel mundial promovida pola Free Software Foundation Europe que se celebra o derradeiro mércores do mes de marzo co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e estándares abertos.

    [Ler máis]
  • Obradoiro de afondamento en GIT nos sábados libres na Altamar

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 6 de Marzo de 2014
    • Valoración 3
    • Lecturas 508

    Logo de galponContinuando co 2º ciclo de Sábados Libres na Altamar, GALPon, está xa a organizar un novo obradoiro para o vindeiro sábado 29 de marzo.

    Desta volta é a quenda de profondar no traballo co sistema de control de versións GIT logo do primeiro obradoiro de introdución celebrado no mes de Xaneiro.

    Así nesta xornada desenvolverase o segundo obradoiro práctico sobre o Sistema de Control de Versións GIT, unha vez máis dirixido por Jesus Amieiro Becerra.

    Para este obradoiro é necesario levar instalado Git e un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,...) para poder crear a conta e interactuar con BitBucket no exercicio por parellas. Ademais, será preciso instalar unha interface gráfica que se comunicará uns días antes do obradoiro aos inscritos.

    [Ler máis]
  • Encontro de desenvolvedores de Eneboo ERP

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 19 de Febreiro de 2014
    • Valoración 2.62
    • Lecturas 530

    Logotipo de Eneboo ERPMañá comeza na Coruña o Eneboo Summit 2014, o II encontro de desenvolvedores do ERP Eneboo.

    Este encontro é organizado pola empresa Ítaca Software Libre e celébrase na aula de formación da OSL do CIXUG sita no Edificio de servizos centrais de investigación da Universidade da Coruña durante os vindeiros 20 e 21 de febreiro.

    Os obxectivos deste encontro de desenvolvedores, como soe ser habitual, son a posta en común entre os diferentes partners de Eneboo das perspectivas de futuro a curto prazo do software que están desenvolvendo, a posta en común de experiencias e solucións, o estudo de liñas de comercialización de solucións para empresas...

    Entre as empresas que asistirán a este encontro, ademais da organizadora Ítaca Software Libre, están Aulla Sistemas, Calidae, Bedooin Tech Ventures, KLO Ingeniería Informática S.L., Gestiweb Integraciones Web S.L., ou Itecnopartner.

    [Ler máis]
  • Curso de Estatística con R

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 13 de Febreiro de 2014
    • Valoración 2.79
    • Lecturas 452

    Cartel do curso de Estatística con RA empresa Biostatech, spin-off de bioestatística da Universidade de Santiado de Compostela, organiza unha nova edición do curso Estatística con R (nivel básico) dirixido a estudantes, profesionais e investigadores que requiran unha formación básica en estatística e que queiran iniciarse no uso desta ferramenta libre. Ademais tamén é unha boa oportunidade para aqueles xa iniciados, que queiran mellorar as súas habilidades a través dun repaso de aspectos básicos da estatística e da linguaxe propia de R.

    O curso celebrarase entre os días 24 e 27 de febreiro de 16:00 a 21:00 horas e será impartido polos profesionais Mónica López Ratón, Biostatech, Advice, Training & Innovation in Biostatistics S.L., GRID[ECMB] e Laura Calaza Díaz, GRID[ECMB]. O curso impartirase no Aulario Novoa Santos (Aula 10), Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas