RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Oferta de traballo para un proxecto de investigación na USC

Publicado por Mancomún
Martes, 16 de Novembro de 2010

A Universidade de Santiago de Compostela oferta un contrato de investigación para participar no equipo de investigación do proxecto: "Ontopédia: Extração automática de informação ontológica e enciclopédica sobre entidades mencionadas", financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Titulación requirida:Enxeñería Informática, Enxeñería Técnica Informática ou Lingüista Computacional.

Actividades a realizar:

  • Estudo de repositorios de información enciclopédica libres: freebase, YAGO, ...
  • Extracción de información enciclopédica a partir de dados semi-estruturados da Wikipedia: infoboxes, categorías, wikitables, ...
  • Creación dun novo repositorio libre de información enciclopédica a partir dos xa existentes e da extracción automática da Wikipedia

Condicións de contratación:

  • Contrato a tempo completo
  • 20 meses (10 + 10 meses renovables)
  • desde o 1 de Febreiro de 2011 (probablemente)
  • 1164,02 euros brutos

Requisitos desexables:

  • Experiencia con ferramentas para o procesamento de linguaxe natural
  • Sistemas de recuperación de información: Lucene, Kinosearch, ...
  • Programación en linguaxes de script: perl, ruby, python, ...
  • Linguas estranxeiras: inglés, francés, portugués, ...

Lugar de traballo: Facultade de Filoloxía, Santiago de Compostela

As persoas interesadas deberán contactar con Pablo Gamallo enviando o seu CV a pablo.gamallo en usc.es

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas