RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

O Software Libre terá gran protagonismo na I Mostra da Innovación de Lugo

Publicado por Mancomún
Luns, 20 de Novembro de 2006

O Software Libre terá un papel destacado na I Mostra da Innovación de Lugo, evento de promoción das  tecnoloxías da información e da comunicación que terá lugar o día 25 de novembro no Pazo de Feiras e de Congresos da capital lucense.

A empresa SCA Informática no seu relatorio "¿É doada a migración empresarial ao Software Libre?" falará sobre as vantaxes e dificultades de pasarse ao código aberto. Pola súa banda Ilumax ofrecerá un seminario titulado OPENBRAVO, opening ERP´S Future sobre este popular ERP libre.

Ademais Lucux, asociación de Software Libre de Lugo, participará nunha mesa redonda sobre o estado das TIC en Lugo.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas