RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

I Xornada de introdución ao software libre no campus de Ourense

Publicado por Mancomún
Martes, 19 de Outubro de 2010

Logotipo de OUSLI Se a semana pasada anunciabamos que GPUL e a OSL da UDC organizaban na Coruña sendas xornadas de achegamento ao software libre e de introdución a GNU/Linux, desta volta é a asociación OUSLI a que organiza as I Xornadas de introdución ao Software Libre no campus das Lagoas da Universidade de Vigo en Ourense para o vindeiro día 21 de outubro.

O obxectivo desta xornada é achegar á xente que non emprega nin coñece o software libre cales son as súas vantaxes así como demostrarlle a facilidade de uso que ten a día de hoxe.

Así, a xornada xirará en torno a unha Install Party na que se explicará e axudará a todos os asistentes a instalar e configurar Ubuntu 10.10, polo que dende OUSLI convidan a todo aquel que queira coñecer de primeira man este completo sistema operativo, dispoñible en galego, a que se achegue co seu portátil.

Cartel das Xornadas de Introdución ao SwL de OUSLI

A Xornada terá lugar na Aula Magna do edificio politécnico, no campus das Lagos da Universidade de Vigo en Ourense o día 21 de outubro de 17:00 a 20:00.

O programa completo da Xornada é o seguinte:

  • ¿Qué é o Software Libre?
  • Install Party - Ubuntu 10.10
  • Charla do mirror.ousli.org (Mentres se fai a instalación)
  • ¿Qué é OUSLI e como podes participar?

 

Estas xornadas forma parte do plan de actividades que a asociación OUSLI desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración firmado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.

social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas