Onte saíron publicadas no DOG dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. ...
Concellos con menos de 6000 habitantes:
As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.
O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:
Orde: DOG 30-05-06 - concellos menos 6000
Concellos de entre 6000 e 35000 habitantes:
As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dun portal informativo, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.
Este portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de Internet os cidadáns e asociacións crearán contidos do seu interese e ocuparanse do mantemento informativo do portal.
Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:
Orde: DOG 30-05-06 - concellos máis 6000