Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Tradución ao galego de Magento versión 1.4.1.1

  • AGASOL realizou a localización ao galego de Magento na súa versión estable no momento de execución da actividade. Esta localización requiriu a tradución de 55 ficheiros .csv, que incluían máis de 7000 cadeas de texto, ademais de 31 modelos de correo electrónico.

    AGASOL realizou os trámites oportunos para a integración da lingua galega nos repositoiros oficiais de Magento. Mentres eso non se produce, a instalación da lingua galega debe facerse manualmente.

    Tan só require descargar o arquivo magento1.4.1.1-gl_es.zip, descomprimilo e copiar o cartafol cos ficheiros en galego dentro da carpeta /app/locale/ baixo o nome gl_ES que é o identificativo de internacionalización da lingua. Feito isto procédese á instalación de Magento e seleccionase galego durante os pasos iniciais ou, se xa está instalado, debe cambiarse o idioma no menú: Sistema -> Configuración -> Opcións de configuración rexional e escoller Galego (España) no despregable Configuración rexional.

    Publícase tamén a memoria de tradución en estándar tmx para a súa reutilización pola comunidade de tradución ao galego.

    Ademais da tradución realizouse tamén un proceso de fixación terminolóxica no conxunto da localización con especial atención ao campo específico da linguaxe vinculada ao comercio electrónico, ámbito léxico con claras lagoas en galego.

    Ambos ficheiros publícanse cunha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons.

  • Venres, 4 de Marzo de 2011
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas