A Xunta de Galicia, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Fundación), poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.
Este portal web pretende servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre e de fontes abertas (FLOSS) que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. con dous obxectivos principais:
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Dentro destes obxectivos está o impulso á implantación do FLOSS e o uso de estándares abertos na nosa comunidade, establecendo mecanismos que faciliten compartir e reutilizar o software.
Dentro deste ámbito a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia xestiona e coordina as iniciativas públicas relacionadas co fomento e a promoción do FLOSS, de acordo coas estratexias marcadas pola AMTEGA.