Produtos
Anterior
  • DVD PEME

    Mancomún pon a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas d...

    Máis información
  • Galinux

    Galinux é un completo sistema operativo de fontes abertas que vén configurado para poder empregar calquera computador compatíbel no noso propio idioma: o galego....

    Máis información
  • Typo3

    Typo3 é un aplicativo libre de portal e xestión de contidos (CMS) con licenza GPL. Un sistema de xestión de contidos para a web permite crear de xeito sinxelo contidos para páxinas web....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Messen...

    Máis información
  • Araos

    AraOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesida...

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Axentes promotores do FLOSS en Galicia

A Administración autonómica pode e debe axudar na orientación dos desenvolvementos financiados con fondos públicos cara un mellor aproveitamento dos resultados por parte da cidadanía e do tecido empresarial, motivo polo que dende a Xunta de Galicia se ofrece axuda na coordinación dos diversos axentes que compoñen o ecosistema do FLOSS en Galicia.

Este ecosistema está composto por numerosos axentes promotores e difusores do software libre e de fontes abertas que, dende hai tempo, veñen desenvolvendo unha importante labor, cada un no seu correspondente ámbito de actuación.

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre Existen actualmente numerosas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), legalmente constituídas como asociacións sen fins de lucro, que contan nos seus estatutos como unha das súas finalidades principais a difusión e promoción do software libre en xeral ou o GNU/Linux en particular dentro do seu ámbito de actuación, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software.

Estas AGUSL contan xa cunha ampla traxectoria temporal de realización de actividades de promoción e dinamización do FLOSS dentro dos seus respectivos ámbitos xeográficos de actuación, en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do FLOSS a distintos sectores da sociedade galega.

Xorden habitualmente nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera outro lugar onde un grupo de persoas interesadas no software libre se reúnen e artellan actividades relacionadas con el, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc.

Constitúen un excelente lugar ao que poden acudir todas aquelas persoas que pretenden achegarse ao mundo do software libre, para pedir axuda ou buscar información. Pero ademais, tamén pretenden ser un punto de encontro para os xa iniciados no software libre, onde calquera é benvido para colaborar e participar das súas actividades así como para axudar aos que acaban de chegar ante as dificultades das súas primeiras experiencias co software libre.

A continuación inclúese o directorio completo de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre clasificadas polo seu ámbito de actuación.

 

Ámbito autonómico

AGNIX: Asociación de Usuarios de GNIX

Ghandalf: GHandalf ANaliza Difunde e ALenta o Floss

GLUG: Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Galicia


Comunidade O Zulo Comunidade O Zulo

Ámbito provincial

GALPon: Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra

GPUL: Grupo de Programadores y Usuarios de Linux GPUL

GULO: Grupo de Usuarios de Linux de Ourense

Ámbito local

Amigus: A asociación informática Amigus de As Pontes

AULUSC: Asociación de usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela

GALITE: Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía de Foz

INESTABLE: Grupo de Usuarios de Linux de Ordes

LUCUX: Asociación de usuarios de Software Libre de Lugo

MELISA: Asociación de Software Libre de Melide


OUSLI: Asociación de usuarios de Software Libre de Ourense

 

 

 

Asociación Galega de Empresas de Software Libre

AGASOL

 

AGASOL é unha asociación de empresas galegas de software libre que se agrupan para intentar acadar maiores oportunidades de negocio así como para exercer como interlocutores coas distintas Administracións e a sociedade civil galega. 

 

Os seus principais obxectivos son:

  • Promocionar o software libre como ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración pública galega para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de software libre e estándares abertos.
  • Fomentar e organizar a colaboración entre os seus socios, de maneira que poidan facilitarse e xerarse novas oportunidades de negocio.

Universidades públicas galegas

No 2008 creáronse nas 3 universidades públicas galegas as Oficinas de Software Libre co obxectivo de promover e difundir o uso do software libre e de fontes abertas no ámbito universitario.

Oficinas de Software Libre

UDC

USC

Uvigo

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas