Existen actualmente numerosas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL), legalmente constituídas como asociacións sen fins de lucro, que contan nos seus estatutos como unha das súas finalidades principais a difusión e promoción do software libre en xeral ou o GNU/Linux en particular dentro do seu ámbito de actuación, así como servir de apoio para os usuarios deste tipo de software.
Estas AGUSL contan xa cunha ampla traxectoria temporal de realización de actividades de promoción e dinamización do FLOSS dentro dos seus respectivos ámbitos xeográficos de actuación, en aras de reducir a fenda dixital e de achegar as vantaxes do FLOSS a distintos sectores da sociedade galega.
Xorden habitualmente nas universidades ou centros de estudos, ou en calquera outro lugar onde un grupo de persoas interesadas no software libre se reúnen e artellan actividades relacionadas con el, como conferencias, xornadas de difusión, cursos, etc.
Constitúen un excelente lugar ao que poden acudir todas aquelas persoas que pretenden achegarse ao mundo do software libre, para pedir axuda ou buscar información. Pero ademais, tamén pretenden ser un punto de encontro para os xa iniciados no software libre, onde calquera é benvido para colaborar e participar das súas actividades así como para axudar aos que acaban de chegar ante as dificultades das súas primeiras experiencias co software libre.
A continuación inclúese o directorio completo de Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre clasificadas polo seu ámbito de actuación.
ASOCIACIÓNS RELACIONADAS COA INFORMÁTICA E A LINGUA:
Cómpre mencionar outras asociacións que aínda que non se adican en exclusividade á difusión do software libre sí o teñen entre os seus obxectivos como un punto importante dentro duns obxectivos máis xenerais de promoción das novas tecnoloxías.
Os indicadores estatísticos do uso do galego nos aplicativos informáticos é minoritario. O software libre ofrécenos unha excelente oportunidade para localizar software a diferentes idiomas, xa que temos acceso ao código fonte. Neste sentido, existen en Galicia diferentes agrupacións de persoas que levan xa tempo dedicadas á localización de software ao galego. Sen ánimo de excluír a ninguén citamos as seguintes:
Todas as listas incluídas nesta sección non están pechadas polo que se pertences ou coñeces algunha agrupación destas características, que non estea aquí incluída por favor, contacta con nós a través do formulario de contacto.