RSS enviar por correo-e Imprimir

Ofertas de emprego

  • Oferta de emprego para 3.14 FinancialContents

    Publicado por Mancomún
    Martes, 7 de Febreiro de 2012
    • Valoración 5
    • Lecturas 295

    A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.

    Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

    • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior) ou no último ano de carreira
    • Coñecementos en sistemas GNU/Linux
    • Valoraranse coñecementos de Python, Javascript e AJAX
    • Habilidades Comunicativas
    • Coñecementos de Inglés
    • Posibilidade de incorporación inmediata
    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para a empresa 3.14 Financial Contents

    Publicado por Mancomún
    Luns, 16 de Maio de 2011
    • Valoración 1.44
    • Lecturas 614

    A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.

    Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:

    • Enxeñeiro Informático (Técnico ou Superior)
    • Experiencia en contornos de traballo Unix / Linux
    • Coñecementos de Python e/ou PHP
    • Coñecementos de Frameworks (Django, Zend Framework, etc.)
    • Valoraranse coñecementos de Javascript e AJAX
    • Interese en Innovación e mellora continua
    • Habilidades Comunicativas
    • Coñecementos elevados de Inglés

    A empresa ofrece:

    • Posto permanente e indefinido con posibilidade de ascenso.
    • Retribución segundo experiencia.
    • Xornada completa.
    • Horario adaptable e posibilidade de teletraballo 1 ou 2 días á semana.

    As persoas interesadas deben dirixir as súas candidaturas ao contacto info @ 3.14financialcontents.com

    [Ler máis]
  • Ofertas de emprego na empresa Igalia

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 20 de Xaneiro de 2011
    • Valoración 1.72
    • Lecturas 795

    Igalia busca dúas persoas para cubrir dous postos de traballo, un de desenvolvedor web e outro no seu grupo de traballo de WebKit.

    Perfil de desenvolvedor web

    Búscase unha persoa apaixonada polo software libre, con boas habilidades técnicas en desenvolvemento web así como un alto dominio da lingua inglesa.

    Requisitos requiridos:

    • Titulación superior en Informáticas ou Enxeñería do Software ou equivalencia profesional equivalente.
    • Coñecementos en GNU/Linux – Ubuntu, Debian e RH ES etc.
    • Coñecementos de frameworks de desenvolvemento web e experiencia en desenenvolvemento web, incluíndo bos coñecementos do protocolo HTTP e os servizos web.
    • Coñecementos profundos dos estándares web HTML, CSS e XML.
    • Amplo coñecemento de JavaScript.
    • Alto dominio do Inglés.
    • Fortes habilidades comunicativas.
    • Capacidade de traballo en equipo.
    • Capacidade para a toma de decisións e vontade de unirse a unha empresa para se converter en socio responsable.
    [Ler máis]
  • Oferta de traballo para labores informáticas en grupo de investigación da USC

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 20 de Xaneiro de 2011
    • Valoración 1.25
    • Lecturas 784

    Dende o grupo de Investigación Galabra (de Estudos nos Sistemas Culturais Galego-Luso-Brasileiro e Africanos de Lingua Portuguesa) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fannos chegar unha oferta de contratación para unha persoa para a realización das seguintes tarefas:

    • Adaptación e xestión da páxina web (html).
    • Construción, normalización e preenchemento de Bases de Datos (X/LAPM, php, sql, openoffice).
    • Apoio na solicitude e execución de proxectos de investigación.
    [Ler máis]
  • Oferta de emprego de programador para a cooperativa Cidadanía

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 17 de Novembro de 2010
    • Valoración 1.67
    • Lecturas 359

    Cidadanía, cooperativa que traballa desde o ano 2000 en procesos de democracia participativa e participación cidadá, foi adxudicataria dunha bolsa de innovación da Fundación Caixanova, para apoio ao desenvolvemento do Proxecto e-cidadania.
    O proxecto consiste na creación dunha plataforma que posibilite procesos participativos a través de internet, seguindo os criterios metodolóxicos de Cidadania.

    Para concorrer á bolsa e colaborar neste proxecto buscan un perfil de persoa de ata 27 anos, con formación en software libre (capacidade básica de programación) e no funcionamento de redes sociais e web 2.0.

    [Ler máis]
  • Oferta de emprego para programador no Laboratorio de Cartografía da UDC

    Publicado por Mancomún
    Martes, 16 de Novembro de 2010
    • Valoración 1.92
    • Lecturas 353

    CartoLab, o Laboratorio de Enxeñería Cartográfíca da ETS de Caminos, Canales e Portos, busca incorporar novo persoal para o Grupo de Desenvolvemento. Busca persoas interesadas na programación sobre Sistemas de Información Xeográfica baixo a filosofía do software libre para afianzar o traballo que veñen realizando nos últimos anos, consolidar unha serie de proxectos en marcha e avanzar en novas iniciativas.

    Para iso oferta bolsa/contrato para participar nos proxectos relacionados coas tecnoloxías da información e os sistemas de información xeográfica. O perfil requirido é de Enxeñeiro Técnico ou Superior de Informática, ou estudante dos últimos cursas das titulacións mencionadas.

    [Ler máis]
  • Oferta de traballo para un proxecto de investigación na USC

    Publicado por Mancomún
    Martes, 16 de Novembro de 2010
    • Valoración 2.07
    • Lecturas 441

    A Universidade de Santiago de Compostela oferta un contrato de investigación para participar no equipo de investigación do proxecto: "Ontopédia: Extração automática de informação ontológica e enciclopédica sobre entidades mencionadas", financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

    Titulación requirida:Enxeñería Informática, Enxeñería Técnica Informática ou Lingüista Computacional.

    Actividades a realizar:

    • Estudo de repositorios de información enciclopédica libres: freebase, YAGO, ...
    • Extracción de información enciclopédica a partir de dados semi-estruturados da Wikipedia: infoboxes, categorías, wikitables, ...
    • Creación dun novo repositorio libre de información enciclopédica a partir dos xa existentes e da extracción automática da Wikipedia
    [Ler máis]
  • Oferta de emprego de administrador de plataformas Moodle e programador LAMP

    Publicado por Mancomún
    Venres, 8 de Outubro de 2010
    • Valoración 1.95
    • Lecturas 436

    Recibimos a seguinte oferta de emprego da empresa Ingafor.

    Búscase unha persoa para cubrir un posto de traballo en Vigo a xornada completa como administrador e desenvolvedor das plataformas de formación eLearning baseada en Moodle.

    Os requisitos imprescindibles son:

    • Programador LAMP con 2 anos de experiencia e conñecementos de Moodle.

    Requisitos desexables:

    • Coñecementos doutros aplicativos como Wordpress, Dokeos, etc. Coñecementos de JavaScript, CSS, XML, JSON.
    [Ler máis]
  • A fundación GNOME precisa cubrir un posto de administrador de sistemas a tempo parcial

    Publicado por Mancomún
    Martes, 8 de Xuño de 2010
    • Valoración 1.67
    • Lecturas 399

    Hai varios meses, a Fundación GNOME iniciou unha campaña de recadación de fondos para poder contratar un administrador de sistemas a tempo parcial. Grazas a todos os doantes particulares e á colaboración de Canonical, Google e Nokia, xa acadaron o seu obxectivo económico, polo que agora anuncian o proceso de contratación.Logo de Gnome 2.30

    O comité de contratación, elixido polos membros da Fundación GNOME, estará formado por Bradley Kuhn , Jonathan Blandford e Brad Taylor.

    Trátase dun posto de administrador de sistemas que dirixirá e supervisará o traballo do equipo de voluntarios de administración de sistemas de GNOME para manter a infraestrutura de servizos de GNOME executándose sen problemas, de forma segura e fiable, así como para implementar melloras nos mesmos. A descrición completa do posto de traballo pode consultarse na web de GNOME.

    Non se trata dun posto de programador, aínda que si é preciso ter certa habilidade de programación para ser quen de manter e mellorar os scripts de administración de sistemas e aplicacións web a medida que se executan nos servidores de GNOME.

    [Ler máis]
  • Igalia oferta prácticas en empresa para o verán 2010

    Publicado por Mancomún
    Martes, 18 de Maio de 2010
    • Valoración 2.26
    • Lecturas 438

    Igalia Igalia, empresa galega de Software Libre, ofrece por noveno ano consecutivo a posibilidade de que alumnado da Enxeñería Informática ou Enxeñerías Técnicas en Informática, con máis do 50% dos créditos superados, poida realizar prácticas nesta empresa durante o verán de 2010 tanto nas súas instalacións de A Coruña como nas de Pontevedra.

    As condicións das prácticas ofertadas son:

    • Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
    • 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre e 25 horas para redactar a memoria.
    • Axuda económica de 1.500 €.
    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas