RSS enviar por correo-e Imprimir

Outras novas

  • Ferramenta libre lúdico-terapéutica para persoas con parálise cerebral

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 6 de Xullo de 2011
    • Valoración 1.6
    • Lecturas 920

    A Asociación Provincial de Parálise Cerebral (APPC) de Tarragona e a empresa CREA Sistemas Informáticos presentaron esta semana a primeira versión pública do proxecto SITPLUS. Trátase dun aplicativo con licenza GPLv3 pensado, principalmente, para ofrecer actividades lúdicas a persoas con múltiples discapacidades. Ofrece novas formas de interacción baseadas na visión artificial e na voz, para xerar un resultado inmediato en forma de imaxe e son. Neste sentido, perfílase como unha plataforma de investigación sobre os beneficios do xogo, a arte e a música interactivos.

    Logo de SITPLUSSITPLUS é o resultado de máis de 3 anos de investigación, desenvolvemento e intervención directa con xente con parálise cerebral no APPC no contexto do proxecto SATI (Sistema Audiovisual Terapéutico Interactivo).

    [Ler máis]
  • Remata o prazo de inscrición dos cursos de Ubuntu e Boas prácticas da USC

    Publicado por Mancomún
    Martes, 5 de Xullo de 2011
    • Valoración 1.35
    • Lecturas 835

    Este venres 8 de xullo remata o prazo de inscrición para algúns dos cursos que a OSL da USC organiza na Universidade de Verán e que son de especial interese para os docentes, particularmente para os centros da rede ABALAR.

    En concreto trátase dos cursos Traballo diario con Ubuntu e Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS.

    Ambos cursos foron recoñecidos como cursos de formación permanente para o profesorado non universitario.

    O curso Traballo diario con Ubuntu impartirase do 18 ao 22 de xullo de 16:30 a 20:30. O obxectivo do curso é introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados.

    [Ler máis]
  • O Centro Demostrador TIC inaugurouse cunha demostración de software libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 28 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.46
    • Lecturas 859

    Este luns 27 de xuño celebrouse o acto de inauguración oficial do Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) presidido polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo.

    O venres 1 de xullo haberá unha xornada de portas abertas para que todas aquelas persoas interesadas en coñecer os servizos e instalacións deste novo Centro poidan acceder a el.

    Acto de inauguración do CDTIC O CDTIC constitúese como un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego para mellorar a súa produtividade e competitividade. Segundo explicou Feijóo no acto de presentación, este centro servirá de “escaparate tecnolóxico” do sector TIC galego e axudará a consolidar unha imaxe de marca propia que favorecerá o seu posicionamento no mercado e a súa internacionalización.

    O acto oficial de presentación foi precedido por unha demostración ofrecida pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol), na que se amosou a utilidade de diversas ferramentas para o día a día dun establecemento do sector da hostalería. A demostración atraeu a atención e o interese dos asistentes sobre aplicativos como OpenBravo, un ERP ou sistema de información xerencial mediante o que se pode manexar toda a información que xera unha empresa, e Open Pos, un sistema deseñado para xestionar puntos de venda. Ambas ferramentas teñen unha licenza libre, o que abarata o seu custe de adquisición, posibilita a súa adaptabilidade ás necesidades reais por empresas galegas facilitando deste xeito que a inversión TIC das nosas pemes xere negocio no propio sector TIC galego convertendo a innovación tecnolóxica en motor económico.

    [Ler máis]
  • Conferencia internacional sobre aspectos legais do Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.51
    • Lecturas 708

    A conferencia EOLE, European OpenSource & Free Software Law Event é un evento europeo que ten por obxectivo promover a compartición e diseminación do coñecemento dos aspectos legais e licenzas de Software Libre e de Fontes Abertas, así como o desenvolvemento e promoción de boas prácticas neste campo. Este ano vai xa pola súa 4 edición. Terá lugar en Barcelona o 4 de novembro.

    Se no ano 2008 en París centráronse na, por entón, recentemente publicada versión 3 da GPL, no 2009 en Bruxelas o tema a tratar foi Software Libre e de Fontes Abertas ante o Parlamento Europeo, e en 2010 en Torino, enfocaron as cuestións xurídicas expostas pola liberación de software do sector público, este ano en Barcelona centraranse en dúas áreas novas para a conferencia: o sector empresarial e o mundo universitario e da investigación..

    Así este ano, a conferencia EOLE aspira a dilucidar algunhas das principais cuestións relacionadas por unha banda coa creación de empresas ou de liñas de negocio baseadas en software libre, dende o punto de vista do “provedor” e por outra coa adquisición ou a "adopción" do software libre polas empresas usuarias e como poden colaborar con proxectos de software libre.

    [Ler máis]
  • Elekta escolle o servidor Linux Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico

    Publicado por Mancomún
    Venres, 24 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.26
    • Lecturas 723

    Logo de ZentyalHoxe en día os equipos médicos avanzados integran sistemas operativos completos e polo tanto están expostos a un número crecente de vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. Isto ocorre particularmente cando os equipos se conectan a redes de área local dos hospitais e pode resultar que virus, vermes e todo tipo de malware como troianos permitan accesos remotos non autorizados.

    Elekta, empresa líder mundial en provisión de sistemas de radiación oncolóxica e neurocirurxía, buscaba unha solución de xestión unificada de ameazas (UTM) para integrar nun novo dispositivo de seguridade para empregar en hospitais para protexer os equipos de tratamento médico contra vulnerabilidades de seguridade e ameazas cibernéticas. O software que buscaban debía ser fiable e amplamente probado pero ademais ofrecer a máxima flexibilidade para adaptarse ás súas necesidades específicas e para resolver os futuros retos. Zentyal resultou cumprir con todos os requisitos ademais de ofrecer uns custes de mantemento reducidos. Así Elekta optou por Zentyal para garantir a seguridade dos equipos de tratamento médico.

    [Ler máis]
  • A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía novo material didáctico formativo no Repositorio Documental FLOSS

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 23 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.58
    • Lecturas 977
    • Xa están dispoñibles os materias didácticos en galego sobre GIMP e Impress dirixidos aos docentes de ABALAR.
    • Os materiais, elaborados por AGASOL, distribúense con licenza libre no Repositorio Documental FLOSS.
    • Un total de 280 docentes están a recibir formación sobre estas materias nos meses de maio e xuño, impartida por enxeñeiros informáticos do CPEIG

    O Plan de Acción FLOSS do ano 2011 promovido pola SXMIT da Xunta de Galicia inclúe un capítulo específico para a potenciación dos mecanismos de formación e difusión do FLOSS. Con este obxectivo, en marzo deste ano asinouse un Convenio de colaboración con AGASOL (Asociación Galega de empresas de SOftware Libre) e CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia) para a realización de diversas actividades de difusión e formación para promover o proxecto ABALAR no que, entre outras actuacións, prevíase a elaboración de guías didácticas sobre ferramentas FLOSS do equipamento ABALAR así como a realización de xornadas de formación dirixidas aos docentes dos centros ABALAR.

    [Ler máis]
  • Novo curso de verán da USC: Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.69
    • Lecturas 1025

    Curso de boas prácticasA OSL da USC infórmanos da apertura do prazo de inscrición dun novo curso dos 4 que impartirá este ano na Universidade de Verán da USC.

    Así ata o vindeiro día 8 de xullo é posible inscribirse no curso Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS.

    As xornadas están abertas ao público en xeral que desexe mellorar no seu uso do computador, sendo de especial interese para os profesores do Plan Abalar, que utilizan sistemas operativos e ferramentas libres, polas boas prácticas que se amosarán para o seu traballo diario co computador na aula.

    As xornadas terán unha duración de 15 horas distribuídas de 9:00 a 14:00 horas os sábados, 23 e 30 de xullo, e o 6 de agosto e tramitouse o seu recoñecemento como curso puntuable para o profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estando só pendente da resolución final por parte da administración educativa.

    O curso celebrarase na Escola Galega de Administración Pública, sita na Rua Madrid, nº 2 - 4, Santiago de Compostela.

    [Ler máis]
  • Aberta a inscrición para o curso “Traballo diario con Ubuntu” da Universidade de Verán da USC

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Xuño de 2011
    • Valoración 1.64
    • Lecturas 1064

    Curso de UbuntuA OSL da USC informa que está aberto ata o vindeiro 8 de xullo o prazo de inscrición para o curso da Universidade de verán Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar.

    Está aberto ao público en xeral e non require coñecemento previos xa que partirá dende cero. Será de moita utilidade para os alumnos e ex-alumnos da USC que no futuro aspiren a ser profesores en primaria e secundaria na comunidade galega, xa que o proxecto Abalar emprega unha variante deste sistema operativo. Asemade, tamén é un seminario interesante para os profesores que na actualidade participan ou que participarán proximamente no proxecto Abalar.

    O seminario é de 20 horas de duración e tramitouse o seu recoñecemento como curso puntuable para o profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, estando só pendente da resolución final por parte da administración educativa.

    [Ler máis]
  • II noite drupal & gnu/linux en Vigo

    Publicado por Mancomún
    Martes, 7 de Xuño de 2011
    • Valoración 2
    • Lecturas 849

    Cartel da II Noite Drupal

    Dende GALPon infórmannos que, recollendo a testemuña dos compañeiros da Comunidade O Zulo de Mugardos da primeira experiencia da “I noite drupal&gnu/linux”, póñense en marcha para organizar a II noite drupal&gnu/linux.

    Esta segunda edición celebrarase en "a cova dos ratos" na rúa Romil, nº 3 de Vigo o venres 1 de xullo desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada e terá como proxecto a realización dun proxecto de creación dun sitio web para as bibliotecas de murchante, cascante e ablitas, en resposta á proposta de mestres de varios colexios de Nafarroa (Navarra). O detalle do proxecto pode verse no documento compartido en google.

    [Ler máis]
  • Xornada de achegamento ao software libre en Melide

    Publicado por Mancomún
    Martes, 24 de Maio de 2011
    • Valoración 1.76
    • Lecturas 867

    Logo de MelisaA asociación  Melisa, en colaboración cos compañeiros de ParnetTIC de Melide, organizan para este xoves 26 de maio, ás 11:00 horas, no telecentro do edificio multiusos de Melide, unha charla de achegamento ao Software Libre.

    Na charla explicaranse brevemente os conceptos básicos para entender o movemento do código aberto, e expoñeranse algúns casos prácticos de como nos afecta na nosa vida cotián o uso deste tipo de software, por exemplo, á hora de comprar un ordenador.

    A charla vai dirixida principalmente ao alumnado que está asistindo aso cursos organizados por ParnetTIC, aínda que está aberta a calquera persoa que queira participar nela.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas