RSS enviar por correo-e Imprimir

Outras novas

  • Oferta de traballo para labores informáticas en grupo de investigación da USC

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 20 de Xaneiro de 2011
    • Valoración 1.36
    • Lecturas 1402

    Dende o grupo de Investigación Galabra (de Estudos nos Sistemas Culturais Galego-Luso-Brasileiro e Africanos de Lingua Portuguesa) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fannos chegar unha oferta de contratación para unha persoa para a realización das seguintes tarefas:

    • Adaptación e xestión da páxina web (html).
    • Construción, normalización e preenchemento de Bases de Datos (X/LAPM, php, sql, openoffice).
    • Apoio na solicitude e execución de proxectos de investigación.
    [Ler máis]
  • A OSL da UDC publica vídeomanuais básicos de aplicativos libres

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 30 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.83
    • Lecturas 1286

    A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña vén de publicar na súa web unha nova sección denomina Videomanuais. Con esta nova sección a OSL da UDC pretende ser fiel ao seu obxectivo de axudar aos novos usuarios no seu achegamento ao software libre facilitándolles o cambio cara estas novas tecnoloxías dunha forma áxil e sinxela.

    Sección de videomanuais da OSL da UDCOs videomanuais elaborados pola OSL consisten en vídeos curtos, de menos 10 minutos, nos que se amosa como se realizan pequenas tarefas básicas nos aplicativos libres máis empregados.

    Para inaugurar esta sección a OSL pon a disposición de toda a comunidade unha pequena colección de 9 videomanuais formativos sobre o emprego de diversos aplicativos libres, que terá continuidade durante o vindeiro ano:

    [Ler máis]
  • Actualización da información do proxecto OpebJob de Asolif

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 30 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.63
    • Lecturas 947

    Hoxe remata o prazo para inscribirse no programa OpenJob promovido por ASOLIF en colaboración de INASFO2 e o Ministerio de Traballo, do que xa informamos esta semana.

    Complementando a información ao respecto do mesmo, cómpre aclara que se trata dun Programa Activo de Formación e Emprego, co obxectivo da contratación de, cando menos, o 60% dos participantes con avaliación positiva de cada un dos cursos, en postos de traballo relacionados con el sector das TIC.

    O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego con coñecementos orientados á informática, preferentemente programación, das titulacións:

    • Formación Profesional, Enxeñerías Técnicas o Superior en especialidade Informática o u Telecomunicacións
    • Outros estudios asimilables o equivalentes.
    • Sen titulación ou doutras titulacións non relacionadas coa informática para o que se valorará a experiencia profesional no ámbito da programación e desenvolvemento informático .

    Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de planificar e implementar solucións corporativas de software libre en organizacións privadas e públicas, así como colaborar no deseño, construción e mantemento de sistemas informáticos e proxectos de software, utilizando software libre. 

    O programa do curso é o seguinte:

    [Ler máis]
  • V Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.58
    • Lecturas 998

    Cartel das Xornadas organizadas por OUSLIPor segunda vez este ano, OUSLI volve organizar unha nova Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense, sendo xa a 5ª edición das mesmas.

    Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo entre o alumnado do Centro de FP Caixanova así como ao público en xerla que queira achegarse ata as instalacións do mesmo sitas en en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.  

    As Xornadas realízanse grazas a colaboración do centro de FP Caixanova , de Openhost a OSL-USC e o CGA.

    A xornada terá lugar o día 20 de decembro de 8:30 a 14:00 horas co seguinte programa:

     

    [Ler máis]
  • b-Link, software para controlar o computador cos ollos

    Publicado por Mancomún
    Venres, 17 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.29
    • Lecturas 940

    Logo do aplicativo B-Link"b-Link" é un aplicativo baseado nunha tecnoloxía revolucionaria que permite que as persoas con discapacidades físicas poidan empregar o computador simplemente abrindo e pechando os seus ollos. O aplicativo distribúese de forma gratuíta en http://b-link.sourceforge.net/ , onde está dispoñible o código fonte, xa que segundo indican os seus desenvolvedores, “está baseado en software de fontes abertas para garantir que poida continuar a ser desenvolvido e mellorado pola comunidade internacional”. Actualmente o aplicativo só está dispoñible para o sistema operativo Windows.

    "b-link" foi desenvolvido conxuntamente pola Universidade Técnica de Lodz e Orange Labs Poland a raíz dun desenvolvemento iniciado por Aleksandra Królak , unha estudante polaca de doutoramento en informática de 29 anos.

    Aleksandra Królak traballaba na súa tese doutoral para o desenvolvemento dun algoritmo que detectase os pestanexos. Ao ver a película A escafandra e a bolboreta, sobre a historia real dun home afectado por unha parálise logo dun accidente, que podía mover só un ollo e comunicábase coa súa enfermeira pestanexando mentres ela lía o alfabeto, pensou en desenvolver un aplicativo para o computador que substituíse á enfermeira.

    "Primeiro redactei un programa para detectar o pestanexo mediante unha webcam. E entón pensei: por que non engadir un teclado na pantalla que fose resaltando as letras unha despois doutra?", di Królak.

    [Ler máis]
  • Presentación da 1ª edición do libro Comezar con Ubuntu en lingua galega

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 15 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.47
    • Lecturas 1382
    • Publicada a 1º edición do libro Comezar con Ubuntu 10.04 LTS en lingua galega.
    • A obra é o resultado da colaboración entre a sociedade civil e distintas institucións pública co obxectivo común de fornecer documentación de calidade e en galego para o achegamento ás TIC.
    • A obra está dispoñible para a súa descarga na internet, na web Comezar con Ubuntu, guía para principiantes do sistema operativo Ubuntu.

    Onte reuníronse no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Dodro os promotores da primeira edición do manual de Ubuntu en lingua galega.

    De esq. a dta.Enrique Estévez, José Andrés Freire, Miguel Branco, Vitoria Rei, Antón Meixome, Miguel Bouzada

    Tanto don José Andrés Freire, en representación da área TIC da USC, como dona Vitoria Rei Mariño, tenenta de alcalde de Dodro e anfitrioa, salientaron a súa satisfacción por ver o produto xa publicado e dispoñible para a súa distribución e uso por todo tipo de público. Así mesmo agradeceron o financiamento obtido da Deputación da Coruña, da Secretaría Xeral de Política
    Lingüística e da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. A continuación interveu tamén don Miguel Branco Vázquez como presidente da AC Proxecto Trasno que fixo fincapé no interese de dar continuidade a este tipo de iniciativas en que, polo interese xeral colaboran tanto a Administración como entes cívicos. Remataron a quenda de intervencións os responsables dos servizos técnicos do Concello de Dodro e da Oficina de Software Libre da USC implicados, así como don Miguel Bouzada como representante dos tradutores voluntarios.

    [Ler máis]
  • Publicado o manual en galego “Comezar con Ubuntu”

    Publicado por Mancomún
    Venres, 3 de Decembro de 2010
    • Valoración 1.44
    • Lecturas 1185

    Dende onte toda a cidadanía galega ten á súa disposición un completo manual de introdución ao uso do sistema operativo libre Ubuntu 10.04 no seu propio idioma: Comezar con Ubuntu. Manual de usuario versión 1.0 grazas a meses de adicación persoal e intenso traballo da comunidade galega de software libre, concretamente a:

    Comezar con Ubuntu

     

    • Francisco Diéguez - Tradución, revisión técnica e desenvolvemento web
    • Enrique Estévez - Tradución e revisión técnica
    • Antón Méixome - Tradución e revisión lingüística
    • Miguel Anxo Bouzada - Tradución
    • Denís Fernández - Deseño de capa

     

    Este traballo contou co apoio do Concello de Dodro, a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Proxecto Trasno, ademais do patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

    [Ler máis]
  • II Xornadas de software libre e GNU/Linux para principiantes na UDC

    Publicado por Mancomún
    Venres, 26 de Novembro de 2010
    • Valoración 1.1
    • Lecturas 818

    II Xornadas de Software Libre e GNU/Linux da UDC

    A OSL da UDC organiza para os días 1, 2 e 3 de decembro de 2010 as segundas Xornadas de software libre e GNU/Linux para usuarios noveis. Estas xornadas pretenden dar un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándose especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicativos informáticos libres e multiplataforma.

    Os asistentes recibirán o primeiro día unha introdución aos sistemas GNU/Linux en xeral, adicando os seguintes días a aprender dun xeito práctico a instalar Ubuntu no seu computador así como a obter e instalar calquera dos miles de aplicativos dispoñibles para o novo sistema.

    [Ler máis]
  • Tese doutoral sobre a migración a software libre do Ministerio de Xustiza Finlandés

    Publicado por Mancomún
    Martes, 23 de Novembro de 2010
    • Valoración 1.23
    • Lecturas 830

    O Ministerio de Xustiza de Finlandia, as súas oficinas estatais de asistencia xurídica, os xulgados, as súas prisións ... constitúen unha proba científica das vantaxes do código de fontes abertas e dos estándares abertos. Martti Karjalainen, Xefe Analista de Sistemas do Ministerio que liderou o proceso de migración, estudou unha das maiores transicións a código de fontes abertas en Europa e chega á conclusión de que unha migración a gran escala a unha suite ofimática de código aberto é factible, resultando ademais en beneficios substanciais e incluíndo aforros de custes.

    Karjalainen, recibiu o seu doutoramento o 15 de outubro, sobre a base da súa tese sobre a migración do Ministerio de Xustiza Finlandés a OpenOffice, unha suite de ferramentas de produtividade de oficina de código aberto, e a ODF, o estándar aberto para os documentos ofimáticos.

    [Ler máis]
  • Xornada aberta ao público no Curso de tradución ao galego de aplicativos libres

    Publicado por Mancomún
    Venres, 19 de Novembro de 2010
    • Valoración 2.44
    • Lecturas 353

    Logo de TrasnoComo xa anunciamos a semana pasada, dende este luns 16 de novembro a Asociación Trasno está a celebrar o Curso de tradución ao galego de aplicativos libres na universidade de A Coruña. Este curso contaba con 33 horas de duración, dividades en sesións teóricas e obradoiros.

    Dende a asociación anuncian que as sesións de tarde dos obradoiros de tradución de aplicativos empregando ferramentas libres serán abertas ao público.

    Así, calquera persoa interesada en aprender a traducir aplicativos libres non ten máis que achegarse hoxe ou o luns pola tarde e unirse ás seguintes sesións prácticas:

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas