5
407 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de crear Redeiras, unha rede social, baseada 100% en software libre, para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, proporcionándolle un espazo de encontro, comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades, iniciativas, etc. como complemento á súa práctica educativa.
Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha nova rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.
4.33
301 
Hoxe 28 de marzo de 2012 celébrase o Día da liberdade dos Documentos (DFD). Trátase dunha iniciativa a nivel mundial promovida pola Free Software Foundation Europe que se celebra dende hai 3 anos o derradeiro mércores do mes de marzo. O obxectivo deste día é chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos.
5
342
Segundo os datos do estudo que vén de publicar Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas de CENATIC sobre o Uso do Software Libre nos fogares Españois 2011, o 84% dos internautas españois xa están a usar software libre, cun nivel de satisfacción próximo ao 80%.
A enquisa presentada onte forma parte do Panel de Indicadores sobre Software Libre en España, un proxecto do Observatorio de CENATIC cuxos datos se obteñen segundo estándares europeos, e constitúe o primeiro achegamento estatístico ao ecosistema económico do software libre, en colaboración co Instituto Nacional de Estatística (INE), e o Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO). De feito, para a realización desta enquisa contouse cunha mostra panelizada de fogares do propio INTECO, e unha metodoloxía de enquisa online na que participaron 3.050 internautas maiores de 15 anos.
[Ler máis]
3.59
372
O Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas de CENATIC fixo público onte o conxunto de microdatos procedentes das súas enquisas sobre o estado do Software Libre en España, realizadas durante 2011, cuxos resultados publicáronse o pasado 13 de xaneiro.
Os microdatos son o conxunto de todas as respostas recibidas no proceso de enquisamento anonimizadas, e constitúen unha fonte de información de gran valor para investigadores, empresas e administracións públicas, cuxo análise permite levar a cabo procesos de investigación social e económica, e mellorar a toma de decisións respecto das accións relacionadas co software libre en España. Ademais publícase tamén a metodoloxía empregada na enquisa e os propios cuestionarios complementando así aos informes de resultados e aos dossieres gráficos dispoñibles no Panel de Indicadores do Software Libre en España do Observatorio dende xaneiro.
[Ler máis]
2.86
704 A empresa 3.14 Financial Contents busca un enxeñeiro informático para incorporación inmediata á súa plantilla. A persoa seleccionada traballará en proxectos de innovación e proxectos e-business integrándose dentro dun equipo novo e con clara orientación á innovación. Traballará con tecnoloxías de código aberto e unirase a proxectos de investigación cunha aposta internacional.
Os requisitos para acceder ao posto de traballo son os seguintes:
3.64
593
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo, dende hai tempo, diversas actuacións en colaboración coa ONCE e Tadeg@ para mellorar a accesibilidade do equipamento distribuído aos centros, buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte as necesidades de todo o alumnado. Ademais está a contar tamén coa colaboración de AGASOL, para o desenvolvemento de solucións baseadas en software libre.
Como froito destas colaboracións, a Consellería vén de anunciar que xa está a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para o equipamento distribuído entre o alumnado, deseñada para atender as necesidades específicas daquelas persoas con diversidade funcional.
ABALAR accesible
A maqueta Abalar accesible, igualmente que todo o software que se está a despregar no equipamento Abalar, está tamén integramente baseada en Software Libre.
[Ler máis]
2.86
299
O venres pasado, o Observatorio nacional do software de fontes abertas de CENATIC, presentou os principais resultados do Panel de Indicadores sobre Software Libre en España, no marco da Conferencia Internacional do Software Libre 2012 celebrada en Granada.
O Panel de Indicadores é un proxecto do Observatorio de CENATIC cuxos datos se obteñen seguindo recomendacións e estándares europeos, e por tanto, supón o primeiro achegamento estatístico ao ecosistema económico do software libre aplicando estes estándares metodolóxicos, e coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Os resultados presentados en Granada corresponden a dúas enquisas elaboradas en dous ámbitos ben diferenciados: a Administración Xeral do Estado e o sector TIC.
[Ler máis]
1.73
542 Segundo información publicada polo CESGA, as pemes manufactureiras de Galicia e norte de Portugal terán acceso á capacidade de supercomputación grazas ao proxecto CloudPYME.
Esta iniciativa liderada polo CESGA, AIMEN, CATIM e AIMMAP permitirá ás pemes dos sectores metalúrxicos e metalomecánicos mellorar a súa competitividade internacional coa inclusión nos seus procesos de software libre CAD, CAE e simulación. O obxectivo do proxecto é deseñar, crear e probar unha infraestrutura sustentable de asistencia ás pemes do sector manufactureiro do sur de Galicia e norte de Portugal, para impulsar a innovación a través do uso de tecnoloxías avanzadas de deseño, enxeñaría e simulación por computador.
CloudPYME axudará ás empresas galegas e do Norte de Portugal a ter acceso a ferramentas que realmente poidan impulsar a innovación nos seus procesos e produtos. O fin último do proxecto é dotar ás empresas do coñecemento; facilitarlles o acceso a ferramentas de simulación sen custo de licenza que lles permitan mellorar os seus produtos con maior eficiencia e eficacia, a menor custo e nun tempo reducido; e proporcionarlles unha plataforma de soporte para a súa utilización.
2.5
318
PortalProgramas vén de publicar, un ano máis, o Informe de Valoración do software libre 2011. Para a súa elaboración enquisou a máis de 2.100 usuarios procedentes de 17 países de fala hispana para coñecer a súa opinión respecto do software libre. O informe mostra o grao de información, uso e confianza que os usuarios teñen no software libre e na ideoloxía que este promove.
Este ano, ademais, contou como novidade coa colaboración dun grupo de expertos que tratan temas de actualidade sobre software libre. É unha gran oportunidade para coñecer máis a fondo este mundo e visualizar o software libre desde outros puntos de vista da man de expertos no sector.
Segundo recolle o resume deste informe publicado por PortalProgramas a pasada semana, as principais conclusións tiradas do estudo son as seguintes:
[Ler máis]
2
408
A OSL da UDC organiza para os vindeiros días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro de 2011 de 17:00 a 20:00 horas as III Xornadas de Software Libre e GNU/Linux dirixidas fundamentalmente aos alumnos noveis da Facultade de Informática ou doutras carreiras técnicas. As xornadas terán lugar na Aula 0.Master na planta baixa da Facultade de Informática situada no Campus de Elviña.
O obxectivo das xornadas é ofrecer aos asistentes un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándose especialmente nos sistemas GNU/Linux (instalación, configuración e administración) e en aplicativos informáticos libres e multiplataforma. Están destinadas ao público xeral, sen moita experiencia no tema.
Os asistentes recibirán o primeiro día unha introdución aos sistemas GNU/Linux en xeral, adicando os seguintes días a aprender dun xeito práctico a instalar Ubuntu no seu computador así como a obter e instalar calquera dos miles de aplicativos dispoñibles para o novo sistema. O programa completo é o seguinte:
[Ler máis]