Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » FAQ arrow ¿Ten dono o Software Libre? ¿Quen ten os dereitos de autor?
¿Ten dono o Software Libre? ¿Quen ten os dereitos de autor? PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Marzo do 2006

O Software Libre, do mesmo xeito que o software privativo, pertence ao seu creador, que é titular dunha serie de dereitos morais e patrimoniais sobre a obra (copyright). Estes dereitos son automáticos, non é necesario facer ningún tipo de rexistro.

Os dereitos morais permiten ao autor reivindicar a autoría da súa obra, e xestionar a divulgación da mesma, opoñerse á súa deformación, mantela inédita, autorizar a terceiros para terminar a obra inconclusa, etc.

Os dereitos patrimoniais son aqueles que permiten ao autor ou titular dos dereitos explotar comercialmente a súa obra. Estes son os dereitos de reprodución, transformación, distribución ou posta a disposición e publicación da obra.

No contrato de licenza dun software é onde o titular indica que dereitos outorga aos usuarios para servirse da súa obra.

No caso do Software Libre, neste contrato de licenza especifícase de xeito claro que se ceden aos usuarios certos dereitos de uso, modificación, distribución,... o que non quere dicir que o software deixe de pertencer ao seu creador.





ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement