|
¿Que vantaxes ten usar Software Libre? |
|
|
|
|
O Software Libre ten certas vantaxes respecto ao software privativo. Algunhas delas son máis evidentes para usuarios particulares, outras para empresas e outras para a Administración Pública. - Respecto aos estándares. O Software Libre polo xeral segue fielmente os estándares abertos, o que facilita a interoperabilidade entre distintas organizacións.
-
Económicas -
Adquisición: -
de balde: software dispoñible para a súa descarga de internet xa listo para a súa instalación e uso. -
previo pago: é posible que certo software especializado deba ser mercado, aínda que polo xeral será cun custo inferior ao de software privativo equivalente, coa vantaxe engadida de que esta adquisición pódese afrontar cooperativamente entre varias empresas, asociacións, persoas ... -
Non existen custos de licenza de uso do software, nin relativos ao número de usuarios, nin de equipos, nin de organizacións. -
Hardware. En moitas ocasións, as novas actualizacións de software privativo precisan ampliacións de hardware pois polo xeral consumen máis recursos. Co software libre, na maioría dos casos, é posible obter maior rendemento en equipos con menos recursos. -
Independencia de fornecedor. O feito de dispoñer do código fonte da a posibilidade de optar por un proveedor distinto ao que desenvolveu ou implantou o software. Isto supón non estar ligado ás condicións de mercado impostas por empresas de software que algunhas veces ostentan situacións de monopolio ou obter mellores ofertas ao existir maior competencia. -
Continuidade. No software privativo se o fabricante deixa de fabricar o produto ou cambia as súas funcionalidades porque non son rendibles, non temos máis alternativa que aceptar a súa decisión. Co software libre é posible que calquera usuario continúe o desenvolvemento do produto software. -
Posibilidade de adaptación ou personalización. O acceso ao código fonte posibilita a personalización do software para adaptalo ás necesidades concretas da empresa. -
Localización. O software libre pode ser fácilmente traducido para ofrecer soporte ao galego, o que non adoita ser frecuente en software privativo pola súa escasa rendabilidade. -
Maior seguridade e fiabilidade. O desenvolvemento en colaboración e de forma pública garante a maior calidade do desenvolvemento. O software é auditado acotío pola comunidade de usuarios. Actualmente GNU/Linux é inmune ante a inmensa maioría de virus informáticos que afectan case con exclusividade aos sistemas Windows. -
Calidade. O software libre, ao ser de dominio público, está sendo usado e depurado acotío por un gran número de desenvolvedores e usuarios do mesmo, que engaden e demandan novas funcionalidades.
|