| ¿Que significa copyleft? |
|
|
|
|
O térmo copyleft describe un concepto totalmente oposto ó copyright. Toda obra realizada baixo copyleft pode ser copiada e/ou distribuída sen ter que pagar un canon ou incumplir unha lei. Así, e nunha contorna non legal, o copyleft pode considerarse como oposto ao copyright. As normas do copyright (dereito de autor), son vistas polos defensores do copyleft como un xeito de restrinxir o dereito de facer e redistribuir copias dun traballo determinado e, deste xeito, parar a libre divulgación do coñecemento. Un traballo baixo copyleft garántese que se poida usar, modificar e redistribuir, tanto o propio traballo como as versións derivadas do mesmo. Este tipo de licenzas pódense aplicar a unha diversidade de traballos, tales como o software, a literatura, a música e a arte. Os vocábulos ingleses "right" e "left" significan "dereita" e "esquerda", respectivamente, o que acentúa a diferenza entre ambos termos. |
























