Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » FAQ arrow ¿Qué é unha licenza de Software?
¿Qué é unha licenza de Software? PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Marzo do 2006

Do latín: licentia - Permiso para facer algo.

Un software réxese por licenzas, é dicir, en ningún momento un usuario compra un programa ou se converte en propietario del, tan só adquire certos dereitos, aínda que pague por el.

A licenza de software é un contrato, onde se especifica:

  • Como o autor cede parte dos seus dereitos ao usuario (copia, modificación, distribución, etc.)
  • En que condicións o usuario pode utilizar o programa informático
  • O ámbito dos dereitos e obrigas asociados.

Ademais, pode sinalar o prazo de duración, o territorio de aplicación e todas as demais cláusulas que o titular do dereito de autor estableza.

A licenza, que pode ser gratuita ou non, precisa os dereitos concedidos á persoa autorizada e os seus límites de:

  1. Uso
  2. Instalación
  3. Reprodución
  4. Modificación
  5. Copia do software

 

 





ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement