Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » FAQ arrow ¿Que é unha distribución GNU/Linux?
¿Que é unha distribución GNU/Linux? PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Abril do 2006

Unha distribución GNU/Linux é, en poucas palabras, o sistema operativo GNU/Linux integrado cun conxunto de aplicacións libres, de xeito que a súa instalación sexa o máis sinxela posible o que permite obter, nuns poucos pasos, un sistema totalmente funcional.

Pódese pensar nunha distribución como nunha pirámide formada polo kernel Linux, as utilidades GNU do sistema operativo, un entorno de xestión do escritorio e as aplicacións de usuario. Ademais a distribución levará un idioma predeterminado xunto cunha aplicación de instalación do sistema máis ou menos automatizada.

Existen numerosas distribucións, a diferenza entre elas está nas ferrementas de instalación e configuración, as aplicacións que veñen incluídas, o sistema de paquetes para a instalación de novas aplicacións, o entorno de escritorio, etc.

Normalmente as distribucións fanse para un mercado particular ou un tipo de función específica, por exemplo:

  • contornos educativos

  • contorno empresarial

  • universidade

  • usuario final

  • servidores...

Pódense consultar nesta páxina as distintas distribucións existentes.






ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement