| ¿Que é un live-cd ou un live-dvd? |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 03 de Abril do 2006 | |
|
Trátase dun cd ou dvd cunha distribución GNU/Linux preparado para arrancar o equipo dende el e traballar co sistema sen necesidade de instalalo no disco duro. Resulta moi axeitado para xente interesada en ver o funcionamento de GNU/Linux sen modificar o seu disco duro. Ás veces veñen coa opción de realizar unha instalación do mesmo se así o quere o usuario (Knoppix) e outros só están pensados para funcionar deste xeito e existe un CD distinto para facer a instalación (Ubuntu). Para facer uso dun LiveCD cómpre obter un deles e logo configurar o ordenador para que arranque dende a unidad lectora. Reiniciar o equipo co disco na unidade de xeito que o LiveCD se iniciará automaticamente. Para maior información pódese consultar a definición da wikipedia . |
























