|
¿Que é Open Source ou Código Aberto? |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 24 de Marzo do 2006 |
|
Trátase de software distribuido cunha licenza que cumpre o seguinte decálogo: Libre Redistribución: o software debe poder ser distribuído ou vendido libremente. Código Fonte: o software debe incluír o código fonte ou polo menos poder obtelo a un custo razoable, preferiblemente descargable dende Internet sen cargo. Traballos derivados: a licenza debe permitir realizar modificacións e redistribuirlas coa mesma licenza do software orixinal. Integridade do código fonte do autor: a licenza podería limitar que as modificacións se distribúan só como “parches” que aplicar durante a reconstrución do programa. Podería obrigar a que levasen un nome ou número de versión diferentes do software orixinal. Non discriminación a persoas ou grupos: a licenza non debe excluír a ningunha persoa ou grupo de persoas. Non discriminación de áreas de aplicación: a licenza non debe restrinxir o uso do programa en ningún área. Por exemplo, non deben restrinxirse os usos comerciais do programa. Distribución da Licenza: débense aplicar os mesmos dereitos a todos aqueles a quen se lles distribúa o programa. A licenza non debe ser específica dun produto: os dereitos unidos a un programa non deben depender de que forme parte ou non dun paquete de software particular. A licenza non debe restrinxir outro Software: a licenza non debe impoñer restricións sobre o software distribuído co orixinal. Por exemplo, non debe insistir en que todos os programas distribuídos xunto co propio deban ser tamén open source. A licenza debe ser tecnoloxicamente neutral: a licenza non debe impoñer o uso de ningunha tecnoloxía ou estilo de interface concreto. Así, non debe obrigar á aceptación da mesma por medio dun clic de ratón...
Para coñecer máis ler as seguintes referencias: Definición de Open Source da OSI. Definición da wikipedia.
Artigos relacionados
|