Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » FAQ arrow ¿Que é o Software Libre?
¿Que é o Software Libre? PDF Imprimir Correo-e

Software Libre (free software) é calquera software sobre o que se ten a liberdade de executalo, copialo, distribuílo, estudalo, cambialo e melloralo sen necesidade de pedir permiso nin pagar licenzas de uso.

O termo free en inglés é ambiguo, e significa tanto libre como de balde, o que leva a moita xente a confundir software libre con software de balde. Aínda quepoloxeral o software libre está dispoñible de xeito gratuíto, non é unha condición obrigatoria.

De modo máis preciso software libre refírese a catro liberdades dos usuarios do software:

  • Liberdade 0. Liberdade de usar o programa con calquera propósito.

  • Liberdade 1. Liberdade de estudar como funciona o programa e adaptalo ás necesidades particulares. Unha condición necesaria para isto é o acceso ao código fonte.

  • Liberdade 2. Liberdade de distribuír copias a calquera.

  • Liberdade 3. Liberdade de mellorar o programa e facer públicas as melloras aos demais, de xeito que toda a comunidade se beneficie. Unha condición necesaria para isto é o acceso ao código fonte.

Un programa é software libre se os usuarios teñen todas estas liberdades. Así pois, deberías ter a liberdade de distribuír copias, sexa con ou sen modificacións, sexa de balde ou cobrando unha cantidade pola distribución, a calquera.

Para saber máis, ver a definición completa da Free Software Fundation de onde se extraeu o fragmento anterior.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement