| ¿É o mesmo Software Libre que GNU/Linux? |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 31 de Marzo do 2006 | |
|
Existe unha grande confusión entre ambos termos porque GNU/Linux (moitas veces referido como Linux) é o máximo expoñente do Software Libre, mais son cousas diferentes. GNU/Linux é un sistema operativo libre. Linux, creado por Linus Torvalds, é só o núcleo de sistema operativo, aparte do sistema que xestiona a baixo nivel os recursos hardware proporcionando unha capa de abstracción para un acceso máis sinxelo e seguro dende as aplicacións ó hardware. O resto de compoñentes do sistema operativo (compilador, intérprete de comandos...) foron desenvolvidos polo proxecto GNU , polo que o seu promotor Richard M. Stallman defende o nome GNU/Linux para darlle crédito a ambos proxectos. O Software Libre é calquera software que garante as 4 liberdades definidas por Richard Stallman. Entre eles atópase GNU/Linux, pero non é o único. Existen multitude de aplicacións libres. Algunas delas son: OpenOffice, Firefox, Amsn, etc. Na sección de Ligazóns atópanse sitios web onde buscar estas e outras aplicacións. |
























