Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » FAQ arrow ¿É o mesmo Open Source que Software Libre?
¿É o mesmo Open Source que Software Libre? PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 24 de Marzo do 2006

Aínda que conceptualmente son diferentes, dende o punto de vista do usuario final, no que atinxe ás vantaxes de uso, podemos dicir que son o mesmo.

A diferencia é a filosofía dos movementos que defenden cada un dos termos, aínda que técnicamente e na práctica son compatibles. De feito ambos movementos colaboran a miúdo en diversos proxectos.

O movemento Software libre é un movemento máis filosófico que descansa na idea de liberdade e na ética. Para eles o acceso ó código fonte é un requisito para as liberdades de estudar e modificar o programa. Este termo en inglés presenta unha dobre interpretación (free: gratis e libre) que leva á idea errada de que o software libre debe ser gratis.

O movemento Open Source é un movemento máis orientado cara á visión empresarial que centra o seu eixe no acceso ao código fonte como medio para a excelencia do software. Eliminan a ambigüedade do termo software libre aínda que introducen outra. Non todo o software que teña o código fonte dispoñible é Open Source, debe existir tamén a liberdade de modificalo e distribuílo. Hai empresas que para apuntarse á moda do Open Source permiten acceder ó código pero non permiten facer nada con el, nin distribuir as modificacións, nin comerciar con el...

Para máis información sobre a controversia entre ambos termos ler as seguintes referencias:

Why ``Free Software'' is better than ``Open Source''

Why "Free" Software is too Ambiguous






ChuzaMeneameDel.icio.us!



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement