Ola. Teño dúas pequenas aplicacións en calc para o cálculo de traxectoria de raios en lentes e espellos a nivel de 2º bac, (http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/file/view/construcci%C3%B3n+de+imaxes.ods) e distribución electrónica, nivel 4º ESO (http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com/file/view/estrutura+electr%C3%B3nica+dos+%C3%A1tomos.ods). Téñoos a disposición dos mesus alumnos e de calquera nos sitios ligados, pero ocórreseme que pouca xente chegará ata o sitio http://examesdefisicaequimica.wikispaces.com, e que é unha mágoa que non podan ter máis distribución.Coido que vin nalgures unha páxina para enviar cousas deste tipo, feitas con openoffice, pero esquecéuseme. Ónde as podo enviar?






Sindicación RSS: