Produtos
Anterior
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
  • Openoffice.org

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas....

    Máis información
Anterior

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
RSS enviar por correo-e Imprimir

Foro xeral

Todas as categorías > Xeral > Preguntas > Ubuntu e WMV en stream
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Autor: Lois
Enviado: 11 Feb de 2008 - 06:05
Asunto: Ubuntu e WMV en stream
Ola de novo!
Quería facervos unha consulta. Non consigo ver con firefox-Ubuntu os videos embebidos en web se están en formato WMV ou real player. Teño seguido múltiples fíos en internet, instalado códecs, plugins pero ningún me funciona. Un exemplo de web que non podo ver:
http://www.tvgratis.tv/
Sabedes dalgún xeito de o facer? Grazas e parabéns polo voso traballo.

Mensaxe editada por: Lois, o: 2008/02/11 18:06

Mensaxe editada por: Lois, o: 2008/02/11 18:06
Autor: fjrial
Enviado: 12 Feb de 2008 - 09:47
Asunto: Re:Ubuntu e WMV en stream
Ola:

Para comprobar que códecs e/ou plugins tes instalados no Firefox, proba a escribir o seguinte na barra de enderezos:

[code:1]about:?«?»plugins[/code:1]

Persoalmente, eu uso o plugin de Vlc para os vídeos (mozilla-plugin-vlc) e a información que me sae referida é a que vai nesta ligazón que che envío:

http://www.mancomun.org/images/stories/plugins_vlc.jpg

Ahí podes ver que tipos de ficheiros están asociados a este plugin, entre eles o de wmv. Outra cousa é que funcione 100%, xa que depende do tipo de ficheiro wmv que se está emitindo. Os formatos de wmv de Windows Media Player superiores ao 9 todavía non están soportados polos diversos plugins existentes.

Se non che saira o tipo de ficheiros de wmv é que non tes o plugin instalado correctamente. Proba a visitar a seguinte páxina para ver información de como instalar os distintos plugins para Firefox:

http://plugindoc.mozdev.org/linux.html

Se aínda así segues tendo problemas, non dubides en volver a poñerte en contacto connosco.

Saúdos

Mensaxe editada por: fjrial, o: 2008/02/12 09:52
Autor: Lois
Enviado: 14 Feb de 2008 - 09:14
Asunto: Re:Ubuntu e WMV en stream
Moitas grazas fjrial, perfecto, xa podo ver case todo o que quería. Buscando por todo o mundo a solución e estaba aquí no país.

Saúdos.
Autor: fjrial
Enviado: 15 Feb de 2008 - 08:57
Asunto: Re:Ubuntu e WMV en stream
De nada, un pracer axudarte ;)
Autor: Lois
Enviado: 08 Mai de 2008 - 09:42
Asunto: Re:Ubuntu e WMV en stream
Pois xa volvo ter o mesmo problema,supoño que actualizaron o WMV, e non podo ver estes streams, hai algún plugin novo para poder visualizalos?:angry:
Comentarios totais: 5 - Páxinas (1): [1]
Debe autenticarse para enviar unha mensaxe nesta conferencia
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas