RSS enviar por correo-e Imprimir
  • Procedemento de Liberación de Software da Xunta de Galicia

    • Valoración -
    • Lecturas 22

    Procedemento de Liberación de Software da Xunta de GaliciaO presente documento é a guía para o procedemento estandarizado de liberación de software para a Xunta de Galicia. 

    Este procedemento de uso interno na Xunta de Galicia ten como obxectivo fornecer coñecementos e ferramentas para facilitar a liberación de software por parte de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

    O documento foi elaborado durante o ano 2011 pola Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA e contou con achegas por parte dos distintos departamentos da Xunta de Galicia, así como por parte do CENATIC.

    O procedemento estrutúrase en diferentes fases para as que se expoñen os diferentes métodos de actuación para cada unha delas:

    • Fase de Identificación, durante a cal, haberá de recollerse información correspondente ao proxecto que axude nas sucesivas tomas de decisións relativas ao mesmo.
    • Fase de Preparación, na que deberán tomarse a maioría das decisións relativas a licenciamento, modelo de xestión de comunidade e obxectivos e motivacións do proxecto.
    • Fase de Publicación, durante a cal levarase a cabo gran parte do traballo técnico de posta do software a disposición pública en repositorios de código fonte, a creación de documentación, o empaquetado e en resume o que poderiamos chamar a publicación dun produto software.
    • Fase de Liberación, onde se perseguirá a autonomía do proxecto ou produto de software libre, sustentado na súa propia comunidade cos seus propios mecanismos.
  • IMPRESS: Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais

    • Valoración -
    • Lecturas 497

    Captura da portada do curso de IMPRESS Logotipo e título  IMPRESS: Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais

    Este curso de formación está orientado a achegar aos mestres e alumnos o manexo da ferramenta Impress, que forma parte do paquete ofimático OpenOffice.org. Impress permite a creación de presentacións dixitais dunha forma sinxela e intuitiva.

    O curso analiza as principais funcionalidades de IMPRESS cun enfoque pedagóxico adaptado ás necesidades do profesorado.

    O curso é totalmente práctico e axeitado para persoas que non tiveran contacto con esta ferramenta. IMPRESS é a ferramenta que proporciona a suite ofimática OpenOffice.org e a suite ofimática LibreOffice.

    Este material publícase baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta para a elaboración de presentacións como a realización de cursos de formación.

    O material está dispoñible en formato web e á súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

    Este material formativo baixo o título "IMPRESS: Unha ferramenta en Software Libre para as presentacións dixitais" foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e Tegnix co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar.

  • O GIMP. Unha ferramenta en software libre para o deseño dixital

    • Valoración 3
    • Lecturas 560

    Captura da portada do curso de GIMP. Logotipo e título O GIMP. Unha ferramenta en sofwtare libre para o deseño dixital

     

    O curso de formación que achegamos tenta facilitar a labor formativa sobre o manexo de ferramentas libres de deseño gráfico. O curso percorre as principais funcionalidades de GIMP dende un punto de vista práctico e cun enfoque didáctico axeitado para persoas que non tiveran contacto con esta ferramenta. O GIMP é a ferramenta de deseño gráfica máis empregada dentro do panorama do Software Libre.

    Este material publícase baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported. Isto permite que os contidos poidan ser empregados pola cidadanía para calquera uso, tanto a adquisición de coñecementos sobre esta ferramenta de deseño gráfico con licenza libre como a realización de cursos de formación sobre a mesma.

    O material está dispoñible en formato web e á súa vez publícanse os contidos nos formatos SCORM e IMS para a súa utilización nas plataformas de teleformación máis populares coma Moodle.

    Este material formativo baixo o título "O GIMP. Unha ferramenta en software libre para o deseño dixital" foi elaborado por AGASOL a través das empresas Tagen Ata e Tegnix co financiamento da Xunta de Galicia ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) para a realización de actividades de difusión e de formación para promover a escola Abalar.

  • Catálogo de produtos e servizos TIC das empresas FLOSS galegas

    • Valoración 2.31
    • Lecturas 1283

    Portada do catálogo de produtos e servizos flossDocumento do catálogo de produtos e servizos FLOSS realizado por AGASOL ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa SXMIT da Xunta de Galicia.

    Co presente catálogo tanto a SXMIT como AGASOL achéganlle ao sector empresarial de Galicia unha ferramenta de gran utilidade tanto para coñecer que produtos e servizos de software libre son os que mellor poden resolver as súas necesidades tecnolóxicas concretas, como que empresas galegas teñen a capacitación e experiencia suficientes para levar a cabo a súa implantación. Deste xeito, o presente Catálogo non só achega unha simplificación da sempre complexa tarefa de investigación sobre solucións tecnolóxicas, senón que tamén fornece unha canle para fortalecer os lazos entre as empresas TIC galegas e o resto do noso tecido empresarial.

  • Plan de accción FLOSS 2011

    • Valoración 1.86
    • Lecturas 793

    O Plan de Software Libre 2011 da Xunta de Galicia ten como obxectivo prioritario impulsar o uso do software libre no sector empresarial e na sociedade en xeral, en colaboración cos principais axentes do ecosistema FLOSS de Galicia como son as asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre ou as tres universidades galegas. Ademais a Xunta continuará tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de calado baseados en software libre. Iniciativas tan importantes como o desenvolvemento da Administración electrónica ou a integración das TIC na Educación a través do proxecto Abalar.

    Ademais do documento co plan completo no que se recollen e describen todas as actuacións previstas dende a Xunta de Galicia para o ano 2011 en materia de software libre tamén se pon a disposición a presentación na que se resumen as principais actuacións do ano 2010 así como as previstas para o ano 2011, empregado no acto de presentación do día 9 de marzo de 2011.

  • Informe de seguimento de balance do plan de acción 2010

    • Valoración 1.93
    • Lecturas 656

     

    En 2010 a Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas, configurando a través do mesmo o inicio dun camiño ben definido dirixido a fomentar en Galicia a utilización de tecnoloxías baseadas en software libre e de fontes abertas (FLOSS, de Free/Libre/Open Source Software), así como os estándares abertos.

    No presente documento preséntase un informe de seguimento de todas as actuacións levadas a cabo durante o ano 2010 que terá continuidade durante o ano 2011 a través do plan de acción floss 2011.

     

  • Comparativa de plataformas de comercio electrónico baseadas en software libre

    • Valoración 2.8
    • Lecturas 2793

    Estudo comparativo de plataformas de comercio electrónico baseadas en softwre libreNeste estudo analízanse e compáranse as principais solucións FLOSS dispoñibles para creación de tendas de comercio electrónico adaptadas ás necesidades da peme galega. Partindo dunha análise inicial dos aplicativos dispoñibles que cobren as funcionalidades de montaxe dunha tenda en liña, estudouse a popularidade das plataformas FLOSS en base ao seu posicionamento nos buscadores, ao número de implantacións e ao tamaño das comunidades de usuarios e desenvolvedores en torno a cada plataforma.

    Do total de plataformas libres escolléronse cinco para o seu estudo pormenorizado, nomeadamente, Magento, OsCommerce, Prestashop, Virtuemart e Ubecart.

    Este documento distribúese cunha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons.

  • Guía de uso de formatos de ficheiros asociados aos contidos web da Xunta de Galicia

    • Valoración 2.69
    • Lecturas 1608

    Guía coas políticas de uso de formatos nos documentos que se poñen a disposición de toda a cidadanía nas páxinas e portais web da Administración autonómica galega.

    Coa publicación desta guía a Administración autonómica dá cumprimento á normativa europea e estatal sobre a reutilización da información do Sector Público que indica que os organismos e institucións públicas deben facilitar os seus documentos preferiblemente en estándares abertos sen dependencia da utilización duns determinados programas ou software de lectura.

  • Documento coa licenza EUPL en formato pdf

    • Valoración 2.5
    • Lecturas 756

    A EUPL (European Union Public License) é unha licenza licencia de software libre creada pola Unión Europea para una previsible liberación de programas pertencentes ás administracións públicas.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas