Produtos
Anterior
  • GIMP

    GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa para a edición de gráficos bitmap empregado habitualmente para retoque fotográfico, composición ou creación de imaxes....

    Máis información
  • Pidgin

    Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea multiprotocolo, o que quere dicir que funciona cos protocolos de mensaxería máis comunmente usados, incluíndo: Yahoo! Messenger, MSN Mes...

    Máis información
  • Thunderbird

    O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. Inclúe lector de RSS, cliente de Usenet e filtro antispam, entre outras moitas ferramenta...

    Máis información
  • GONG

    GONG (Gestión para ONGs) é un aplicativo para a xestión de ONGs de cooperación, é dicir, enfocada para ONGDs ( "D" de desenvolvemento)....

    Máis información
  • Firefox

    O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto.Xa está dispoñíbel en Galego. Firefox 3 é máis rápido, seguro e lixeiro ca nunca. Con máis de 15 000 ...

    Máis información
Anterior

ACTIVIDADES

  • Axudámosche
  • Para a comunidade
  • Empresas
  • WordPress 3.5 dispoñible en galego

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 17 de Xaneiro de 2013
    • Valoración 2.11
    • Lecturas 416

    O pasado mes de decembro publicábase Wordpress 3.5 e esta semana, como podemos ver no portal de Trasno, grazas á comunidade de tradución de Wordpress ao galego xa podemos desfrutar desta última versión na nosa lingua.

    Anuncio da versión 3.5 en galego no blogue da comunidade galega de WordpressComo podemos ler na páxina da comunidade galega de Wordpress, a tradución desta aplicativo á nosa lingua ten unha longa historia na que participaron moitas persoas ao longo do tempo, e que nas últimas versións vénse realizando a través de GlotPress, a ferramenta de tradución colaborativa de WordPress.

    O núcleo de Worpress así como o novo tema Twenty-twelve están ao 100% en galego, mais a parte dos menús de administración e de administración de rede aínda non conseguiron superar o 75% da tradución polo que agradecen as achegas de todos aqueles interesados en poder empregar esta ferramenta integramente en galego. Para colaborar só é preciso rexistrarse no GlotPress cunha conta de usuario de WordPress e comezar a contribuír. É conveniente coordinarse co grupo de localización de WordPress ao galego.

    [Ler máis]
  • V noite Drupal & GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Xaneiro de 2013
    • Valoración 2.4
    • Lecturas 771

    Logos das asociacións organizadoras da noite DrupalO vindeiro 19 de xaneiro de 2013 terá lugar a V noite Drupal & GNU/Linux organizada unha vez máis polas asociacións GALPon (Pontevedra), Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e a Asociación Ociorum (A Coruña).

    As #noitedl xorden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta das citadas asociacións, tomando a testemuña nas seguintes edicións a cidade de Vigo en xullo de 2011, Ordes en decembro de 2011 e A Coruña en marzo de 2012. Desta volta é a quenda de Narón como cidade anfitrioa da quinta edición da noite drupal, concretamente no local de Ada Formación, sito na rúa Santa Tecla.

    A organización ten o firme convencemento de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade libre e xusta, polo que animan a todas as persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre, sexa calquera o nivel de coñecementos que teñan, a participar nesta actividade de carácter gratuíto, sendo soamente preciso realizar unha inscrición previa por motivos organizativos.

    [Ler máis]
  • A Amtega e o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia colaboran na liberación de dous aplicativos pioneiros na xestión turísitica

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 2 de Xaneiro de 2013
    • Valoración 2.27
    • Lecturas 377
    • A liberación destas ferramentas permitirá a creación dunha comunidade de desenvolvedores en torno a elas abrindo a posibilidade de xeración de negocio para as empresas TIC
    • A aplicación de xestión de pequenos establecementos hostaleiros foi presentada ao sector durante os meses de xullo a setembro de 2012, espertando o interese doutros organismos e entidades turísticas do resto do estado
    • A aplicación de captura e explotación de datos turísticos implantouse en 7 paneis táctiles nas Oficinas de Turismo da Xunta e permite extraer datos sobre o perfil do viaxeiro en Galicia

    A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a colaborar co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) para liberar dous aplicativos desenvolvidos por este organismo e que están a ter una gran acollida entre o sector tanto en Galicia como no resto do Estado. Tráase do aplicativo de xestión de establecemento hostaleiros e do aplicativo de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real.

    A liberación destas ferramentas no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia, permitirá crear unha comunidade de desenvolvemento e de usuarios ao redor delas, na que distintas empresas ou entidades poidan colaborar no seu mantemento e evolución, revertendo en beneficio de todos e permitindo xerar negocio.

    [Ler máis]
  • Dispoñible a nova distribución GNU/Linux para o Sistema Universitario Galego: SO.xug

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 13 de Decembro de 2012
    • Valoración 2
    • Lecturas 844

    A OSL do CIXUG vén de publicar a primeira distribución de GNU/Linux adaptada para cubrir ás necesidades das tres universidades do Sistema Universitario Galego.

    Logotipo da SO.xugComo non podía ser doutro xeito, logo da excelente experiencia de anos anteriores coa adaptación de Ubuntu á Universidade de Santiago de Compostela, e sendo fieis á filosofía e espírito do software libre, de aproveitamento, colaboración, contribución de avances a proxectos existentes, ... aproveitouse tanto o modelo e infraestrutura empregada para a Ubuntu-USC como o coñecemento e experiencia previos para o desenvolvemento desta distribución de GNU/Linux das universidades galegas evitando ter que partir de cero.

    O nome escollido para a distribución das universidades galegas é SO.xug, Sistema Operativo para a xestión das universidades galegas, e baséase en Ubuntu 12.04 LTS basicamente presenta unha adaptación gráfica cunha selección de paquetes base para as tres universidades galegas, como software de uso xenérico como LibreOffice, Gimp, Firefox, Thunderbird..., software de xestión de aulas empregado nas universidades, software común empregado na formación en diferentes facultades e centros, ...

    [Ler máis]

Repositorio Documental FLOSS

Consulta a documentación no wiki de Mancomún

Máis información