RSS enviar por correo-e Imprimir

Descargas de Software Libre

  • Tradución ao galego de Magento versión 1.4.1.1

    • Valoración 2.5
    • Lecturas 855

    AGASOL realizou a localización ao galego de Magento na súa versión estable no momento de execución da actividade. Esta localización requiriu a tradución de 55 ficheiros .csv, que incluían máis de 7000 cadeas de texto, ademais de 31 modelos de correo electrónico.

    AGASOL realizou os trámites oportunos para a integración da lingua galega nos repositoiros oficiais de Magento. Mentres eso non se produce, a instalación da lingua galega debe facerse manualmente.

    Tan só require descargar o arquivo magento1.4.1.1-gl_es.zip, descomprimilo e copiar o cartafol cos ficheiros en galego dentro da carpeta /app/locale/ baixo o nome gl_ES que é o identificativo de internacionalización da lingua. Feito isto procédese á instalación de Magento e seleccionase galego durante os pasos iniciais ou, se xa está instalado, debe cambiarse o idioma no menú: Sistema -> Configuración -> Opcións de configuración rexional e escoller Galego (España) no despregable Configuración rexional.

    Publícase tamén a memoria de tradución en estándar tmx para a súa reutilización pola comunidade de tradución ao galego.

    Ademais da tradución realizouse tamén un proceso de fixación terminolóxica no conxunto da localización con especial atención ao campo específico da linguaxe vinculada ao comercio electrónico, ámbito léxico con claras lagoas en galego.

    Ambos ficheiros publícanse cunha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 España de Creative Commons.

  • eXe paquete idioma galego

    • Valoración 3.01
    • Lecturas 1450

    Tradución de eXe (eLearning XHTML editor). Incluir os ficheiros dentro do directorio "locale/" onde está instalado o editor eXe.

  • Paquete de idioma de Collabtive

    • Valoración 3.1
    • Lecturas 1276

    Localización de Collabtive ao galego. Incluír o ficheiro lng.conf dentro dunha carpeta gl/ na carpeta language/ do raíz da instalación de Collabtive

  • Tradución ao galego de Tux Typing

    • Valoración 2.97
    • Lecturas 983

    Paquete de tradución para o galego do Tux Typing

  • cyclos_windows.zip

    • Valoración 2.94
    • Lecturas 1508

    Versión para Windows do software Cyclos , para a xestión de bancos do tempo.

  • cyclos_linux.zip

    • Valoración 2.98
    • Lecturas 1867

    Versión para GNU/Linux do software Cyclos , para a xestión de bancos do tempo.

  • genchemlab.pot

    • Valoración 2.41
    • Lecturas 1321

    Tradución ao galego do Genchemlab 1.0 (Proxecto discontinuado en SourceForge)

  • FireFTP 0.94.6 en galego

    • Valoración 2.68
    • Lecturas 1498

    Actualizado 01-03-07

    Nova versión en galego deste complemento para o navegador Mozilla Firefox. O FireFTP é un cliente de FTP multiplataforma, seguro e libre que podes usar dende o propio navegador da Fundación Mozilla.

    Esta versión foi traducida ao galego por Daniel Muñiz Fontoira

  • FireFTP 0.94.4 en galego

    • Valoración 2.71
    • Lecturas 774

    FireFTP é un cliente FTP securo, libre e multiplataforma para Mozilla Firefox que prové a este de unha interface intuitiva para acceder a servidores FTP. Está totalmente traducida ao galego.

    Esta extensión foi traducida e enviada a mancomun.org polo usuario dmunhiz

  • Tradución de Duroty ao galego

    • Valoración 2.48
    • Lecturas 567

    Duroty é un servizo de xestión do correo electrónico, feeds persoais e de ligazóns orientado á peme e a redes estables licenzado baixo GPL. Foi desenvolvido por un colectivo de Barcelona que pretende desenvolver un proxecto con prestacións similares a gmail en código aberto.

Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas