RSS enviar por correo-e Imprimir

Xornadas

  • O xoves 16 comeza a PartyFoz 2007 que durará catro días

    Publicado por Mancomún
    Venres, 10 de Agosto de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 10

    http://www.mancomun.org/images/stories/galite.png O xoves 16 de agosto comeza, outro ano máis, a Partyfoz 2007, que volve abrir as súas portas para permitir a entrada de todos aqueles aficionados á informática e a tecnoloxía que queiran. GALITE, unha asociación de Foz dirixida a promover o software e a cultura libre e máis o Concello de Foz son organizadores deste evento que durará até o 19 de agosto.

    Ademais dos habituais concursos haberá charlas relacionadas co Software Libre.

    A web da party é a seguinte http://www.galite.org/partyfoz e nela tamén se atopa dispoñible o cartel da mesma...

    [Ler máis]
  • Clausura do Curso de OpenOffice.org Writer na comarca de O Carballiño

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 9 de Agosto de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 18

    http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpgO día 9 de agosto de 2007 remata o curso de OpenOffice.org Writer impartido no Centro Comarcal de O Carballiño e organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
     
    A Rede de Dinamización e o Centro Comarcal, en colaboración con Mancomun, acolleu dende o 30 de xullo ata o 9 de agosto o curso de OpenOffice.org Writer, en horario de 19:00 a 22:00 horas. En total foron 25 horas repartidas en nove sesións.

     

    Ademais das ferramentas e posibilidades que brinda o procesador de textos, tamén se fixo fincapé no Software Libre como unha alternativa válida ao software privativo que utilizamos normalmente por descoñecemento...

    [Ler máis]
  • Conferencia de Ruby on Rails en Berlín

    Publicado por Mancomún
    Luns, 6 de Agosto de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 311

    Do día 17 ao de 19 de setembro celebrarase en Berlín, Alemania, a conferencia RailsConf Europe , un evento de 3 días dedicado exclusivamente a Ruby on Rails. O contorno de desenvolvemento de Ruby on Rails cumpre 3 anos este verán, e neste curto período de tempo, pasou de ser o favorito dos fans de Ruby a converterse no máis usado no mundo do desenvolvemento web.

    A conferencia RailsConf Europe 2007 xuntará a centos de desenvolvedores de Europa e do resto do mundo durante 3 días de presentacións e cursos...

    [Ler máis]
  • Partyfoz 2007 organizada por G.A.L.I.T.E.

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 26 de Xullo de 2007
    • Valoración 3.13
    • Lecturas 26

    GALITEG.A.L.I.T.E. (Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía) de Foz celebrará entre os días 16 e o 19 a Partyfoz 2007. Será a terceira edición desta party na que, ademais dos habituais concursos de videoxogos, terá unha forte presenza o Software Libre con diversas charlas. No evento colabora o Concello de Foz. 

    [Ler máis]
  • II Concurso Universitario de Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 18 de Xullo de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 281

    O ano pasado o "Concurso Universitario de Software Libre" presentouse como unha iniciativa que partía de alumnos, docentes e entidades vinculadas á Universidad de Sevilla. Un ano despois, impulsados polos gratos resultados, veñen a consolidar esta iniciativa como unha realidade.

    Por segundo ano consecutivo preséntase o Concurso Universitario de Software Libre, unha iniciativa máis á beira das correntes de Software Libre que se están creando e consolidando nas universidades.Un ano máis o obxectivo principal do concurso é seguir estimulando aos estudantes universitarios a que se involucren na participación e creación de proxectos de Software Libre...

    [Ler máis]
  • Obradoiro "Iniciación ao OpenOffice.org e mecanografía"

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 12 de Xullo de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 296

    http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpg Novo evento da Rede de Dinamización:

    "A Rede de Dinamización, en colaboración co Concello de Mugardos, dálle prioridade ao emprego do Software Libre e a súas ferramentas. Por este motivo, durante a vindeira semana, realizárase na aula Francisco Vizoso, da parroquia de Franza, no Concello de Mugardos, un obradoiro de iniciación ao OpenOffice.org e de mecanografía.

    A aposta que fai este concello e máis a Rede de Dinamización polo Software Libre queda latente. As súas iniciativas cara potenciar este software van desde a realización da partición dos seus ordenadores da aula da parroquia de Franza, até os diversos cursos e obradoiros que están a divulgar e realizar..."

    [Ler máis]
  • Curso de bases de datos sobre Software Libre da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 11 de Xullo de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 13

    Rede de dinamizaciónA ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR), en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade de Información, organiza un curso de Base de Datos sobre Software Libre dirixido a profesionais do sector agrario e membros de comunidades de montes.

    O curso que comeza o xoves día 12, impartirase no Pazo de Cultura de Pontevedra, nun seminario (seminario 7) acondicionado con quince computadores. O horario será de 18:00 a 21:00 horas e, en total, serán 40 horas repartidas en 13 sesións. Agárdase que os asistentes alcancen o obxectivo principal: adquirir coñecementos na creación e xestión de base de datos.

     

    [Ler máis]
  • O Concurso Wanted achegou aos rapaces de Ames o mundo do Software Libre

    Publicado por Mancomún
    Martes, 10 de Xullo de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 11

    Rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organizou o Concurso Wanted que pretendía que os rapaces se familiarizasen co mundo do Software Libre a través de xogos e actividades lúdicas. Os concursantes tiñan que solucionar unha serie de enigmas, para poder así resolver quen era Tux e o que simbolizaba.

    Todos os participantes levaron un agasallo, e o vencedor, a maiores, foille entregado un pen USB.

    [Ler máis]
  • GALPon desenvolve varios obradoiros de Software Libre dentro da party NX Conecta

    Publicado por Mancomún
    Luns, 9 de Xullo de 2007
    • Valoración -
    • Lecturas 11

    GALPonO Grupo de Amigus de Linux de Pontevedra (GALPon) desenvolverá tres obradoiros sobre Software Libre no contexto da party NX Conecta que se celebrará en Vigo dos días 12 ao 15 de xuño. Os obradoiros terán por título Primeiros pasos para iniciarse en GNU/Linux, Alternativas a programas privativos clásicos e Coñecendo as extensións de Firefox/Thunderbird.

     

    [Ler máis]
  • O Centro Multimedia de Galicia premia a creación de contidos multimedia con aplicacións libres

    Publicado por Mancomún
    Luns, 9 de Xullo de 2007
    • Valoración 1
    • Lecturas 26

    O Centro Multimedia de Galicia premiou a tres alumnos do seu Programa de Formación 2006-2007 polo seu traballo realizando contidos multimedia a través de aplicacións libres. Natalia Martín Lago, galardoada na sección de deseño gráfico coa súa creación Desde o espazo, realizada co programa de deseño gráfico Gimp; Francisco Javier Barcia Pedreira, que gañou coa súa obra Long way home no apartado de creación vectorial usando o software libre Inkscape, e Paul Rodríguez García, que recibiu o galardón na categoría de animación en tres dimensións polo seu traballo Nave, para o que usou o programa Blender. Os finalistas recibiron un premio en metálico con valor de 330 euros.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas