5
215
A asociación GPUL organiza para este mércores día 12 de xuño un hacklab de iniciación ao desenvolvemento en Qt e KDE.
O obradoiro celebrarase no laboratorio 0.4w da Facultade de Informática da UDC a partir das 17:30 cunha duración aproximada de dúas horas.
O hacklab consiste nun encontro informal similar a un grupo de traballo para aprender e traballar todos xuntso sobre unha mesma tecnoloxía. Nesta ocasión o evento xirará en torno á programación de aplicativos para o contorno de escritorio KDE, onde se explicarán as bases técnicas do desenvolvemento en C++ e en python de aplicativos con Qt e kdelibs.
[Ler máis]
2
334 O vindeiro 22 de Xuño, vaise celebrar en Bouzas (Vigo) a versión española da Geocamp, unha xornada sobre temas "xeo" e software libre que se ven celebrando dende hai 3 anos en Portugal, en formato desconferencia que é organizada por un grupo de xeoinquedos galegos e a asociación GHANDALF.
Trátase dun día para o intercambio de experiencias, coñecementos e valores en torno a todo o que teña que ver con temas xeo e software libre, como localización, mapas, mapas sociais, programación, servizos na nube, usabilidade, deseño, ou calquera outro que xurda.
A orixe desta xornada vén dunha das participacións dalgúns dos membros dos grupos organizadores na Geocamp do ano 2012 en Campo Maior (Portugal). Logo desta participación, sabedores do cada vez maior interese en Galicia sobre este tipo de tecnoloxías, onde se está a vivir un certo movemento de xente con grandes inquedanzas sobre estes temas e onde están a aparecer grandes profesionais do sector que falan Galego e que participan en proxectos e xornadas de carácter nacional e internacional, xurdiu a idea de crear un evento no que compartir experiencias e coñecemento sobre temas “xeo” e software libre en Galicia.
[Ler máis]
-
243 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e convoca por segundo ano consecutivo o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre.
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre 2013 da Xunta, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.
Por esta razón, e co obxectivo de mellorar o achegamento aos estudantes das 3 universidades galegas, a AMTEGA decidiu contar este ano coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG para a organización do premio como unha das actividades a desenvolver ao abeiro do Convenio de colaboración asinado o pasado mes de maio entre ambas entidades. A través da participación directa da OSL do CIXUG, reforzarase a formación ao alumnado, a difusión entre o profesorado titor de proxectos, a elaboración e publicación de material de axuda á hora de elaborar e publicar un proxecto de fin de carreira con licenza libre...
[Ler máis]
5
345
Como vos contabamos hai un tempo, GALPon está a organizar os Sábados Libres na Altamar, en colaboración coa Asoc. Xuvenil Altamar e grazas á cesión de espazos por parte da Residencia Altamar.
O vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 10:00 horas terá lugar a segunda destas xornadas: RaspberryPi, outro concepto de computador.
Nesta xornadas comezarase por facer unha presentación da plataforma RaspberryPi para logo amosar diferentes proxectos que se poden desenvolver con ela, como a creación dun Cluster de computación con varias RaspberryPi, a instalación dun NAS e a instalación dun centro multimedia en RaspberryPi.
A participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral. Mais en previsión dun exceso de aforo que dificultaría o seguimento do obradoiro, é imprescindible formalizar unha inscrición na correspondente folla de inscricións. Agradecen tamén que aquelas persoas que se inscriban que o indiquen na páxina do «Evento en G+» nas opcións «Si» ou «Quizais» da consulta «Vas asistir?»
[Ler máis]
5
205
O pasado mércores 29 de maio, Trasno realizou no C.P.I. Fonte Díaz en Touro unha presentación sobre a tradución ao galego de software libre. Leandro Regueiro e Xabier Villar, membros de Trasno, foron os encargados nesta ocasión de facer esta presentación ante unhas trinta persoas entre alumnos e profesores de dito centro.
Os poñentes fixeron un percorrido dende a introdución aos conceptos de software e cultura libres, quen é o Proxecto Trasno e cal é a labor que realiza, finalizando cunha introdución a como se localiza software libre ao galego e como poden colaborar con esta altruísta e importante labor que dende este asociación veñen realizando ano tras ano a prol da normalización da nosa lingua nas TIC.
Sen software libre non habería Tuenti!
Así falouse de por que é útil o software libre desde o punto de vista do alumnado e tamén do profesorado, revelándolles que en realidade xa o veñen usando, pensando que só é software gratuíto cando o importante é a liberdade e seguranza que lles ofrece por ser libre.
[Ler máis]
2.71
526
O vindeiro día 28 de maio, o Centro Demostrador TIC acolle a xornada demostradora, organizada por Queres Tecnoloxías, “Ephesoft: Captura Intelixente de Documentos con software libre”.
O obxectivo desta xornada é presentar aos asistentes a primeira solución open source de dixitalización e captura intelixente de documentación e a súa integración co Sistema de Xestión Documental Alfresco. Destacar que Queres é partner oficial de ambos produtos, Alfresco e Ephesoft.
A captura intelixente de documentos vai máis alá do simple escaneado e conversión de documentos en papel a un formato dixital. Un sistema de captura intelixente, engade a esta función básica de dixitalización a capacidade de extracción de datos e clasificación automática dos documentos para poñelos a disposición doutros sistemas de información da empresa.
Dende Queres aseguran que tanto dende empresas de servizos financeiros como dende as administracións públicas, cada día aumenta máis a demanda de alternativas aos contornos de captura propietarios existentes, non só polo aforro económico que supón eliminar a necesidade de pagar licenzas de uso, senón tamén pola flexibilidade e posibilidade de adaptación deste tipo de sistemas con licenza libre.
3
354 Firefox OS App Day Santiago de Compostela
Dende Mozilla convidan a todos os interesados en aprender, hackear e desfrutar de Firefox OS , o novo sistema operativo libre para móbiles, a asistir a esta xornada e que terá lugar dende as 11:00 ata as 19:00 horas, cunha primeira parte durante a mañá para a introdución a Firefox OS e ao desenvolvemento de aplicativos para o mesmo e unha segunda parte pola tarde adicada a poñer mans á obra.
Non é preciso estar inscrito na XGN pero si é necesario inscribirse nesta xornada na web de Mozilla.
Non se trata dunha competición senón da oportunidade para iniciarse na creación de aplicativos móbiles para o Firefox Marketplace e o próximo dispositivo Firefox OS. Tamén é unha grande oportunidade para amosar o teu proxecto a unha boa audiencia de compañeiros, así como a líderes tecnolóxicos e innovadores. Así durante a xornada tratarase de que os asistentes creen aplicativos web abertos, que funcionen ben en dispositivos móbiles para FirefoxOS e en Firefox para Android. Aínda que tamén é posible levar unha aplicación HTML5 para continuala, finalizala, pulila ou simplemente presentala.
[Ler máis]
1
490
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar organiza un seminario sobre virtualización e alta dispoñibilidade en Linux para o vindeiro luns 23 de maio de 9:30 a 13:30 horas que terá lugar nas instalacións do CNTG.
O seminario trasladará aos asistentes conceptos relativos á virtualización e alta dispoñibilidade: implantación de solucións de virtualización, balanceo de carga, xestión de recursos etc. É preciso inscribirse para poder asistir ao evento. A inscrición está aberta ata o día antes do seminario, o 22 de maio.
A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese en virtualización e alta dispoñibilidade.
[Ler máis]
1.88
316
Hoxe 25 de abril é o Día Internacional das "Rapazas nas TIC" (Girls in ICT), promovido e coordinado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro, para crear unha contorna global que promova e apoie ás rapazas para que consideren carreiras no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Tics). Este ano este evento é coordinado pola Comisión Europea, Parlamento europeo e a ITU.
A Comisión Europea resalta que na actualidade só o 30% do sector TIC está formado por mulleres, e sofren de infrarrepresentación en todos os niveis neste sector, sobre todo nos máis decisivos, a pesar do rápido crecemento que experimenta o sector a nivel europeo, con preto de 120.000 novas ofertas laborais anuais.
Neste contexto, é necesario que as mulleres sexan parte activa na creación, non só no consumo, das tecnoloxías que marcan as nosas vidas. E a solución para que isto suceda o curto prazo non é sinxela, porque as decisións sobre a orientación académica no ámbito do TIC é algo que vén desde a educación secundaria.
1.33
181
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar organiza un seminario sobre axustes de rendemento Red Hat para o vindeiro luns 29 de abril de 16:30 a 20:00 horas que terá lugar nas instalacións do CNTG.
Durante o desenvolvemento da xornada trataranse os conceptos xerais e os fundamentos de “Red Hat performance tuning”, as ferramentas de medición e comprobación de optimizacións, tuning de CPU, de memoria, de rede, de almacenamento etc ...
A xornada vai dirixida preferentemente a administradores/as e técnicos/as de sistemas e, en xeral, profesionais con coñecementos previos do sistema operativo Linux con interese en coñecer as metodoloxías de axuste de rendemento nun contorno Red Hat Linux.
[Ler máis]