RSS enviar por correo-e Imprimir
Enviando o seu voto...
1 2 3 4 5

Publicado o manual do Thunderbird 3 no wiki

Publicado por Mancomún
Mércores, 16 de Decembro de 2009

Co gallo da publicación de Thunderbird 3 , dende Mancomún poñemos a disposición da comunidade un manual de uso deste renovado aplicativo, dispoñíbel no noso Wiki dende a seguinte ligazón.

 

Este manual está baseado no traballo previo do Manual de Thunderbird 2.0 e explica como e onde conseguir o novo Thunderbird, como instalalo, como configurar unha conta de correo, como configurar as fontes RSS, como instalar os correctores ortográficos, a táboa de atallos de teclado do Thunderbird, como facer unha xestión avanzada do correo, como xestionar os contactos así como  as novidades da versión 3.0.

Animámosvos, como sempre, a que colaborades na mellora deste manual, sen máis que rexistrarvos no wiki, e corrixir erros existentes, engadir novas seccións ou características de interese...

Así mesmo tamén aproveitamos a ocasión para actualizar as descargas relativas ao Thunderbird tanto no DVD da PEME como a sección de produtos de Mancomún.

Tamén queremos anunciarvos a dispoñibilidade dende o noso Corpus, da memoria de tradución do Thunderbird 3 ao galego. A memoria de tradución está no formato estándar TMX e máis nun ficheiro PO, de maneira que poida ser usado en calquera programa de tradución que aínda non sexa compatíbel co estándar TMX.

Para descargar os ficheiros PO e TMX basta con premer nos seguintes enlaces:

Dispoñíbel a nova versión de SeaMonkey

Outra nova de interese na comunidade Mozilla é que xa esta dispoñíbel a nova versión da suite todo-en-un de Internet, SeaMonkey, a 2.0.1. Esta suite esta formada por un navegador de Internet, un cliente de correo e grupos de novas, un editor HTML, un cliente IRC e ferramentas de desenvolvemento web.

As melloras desta nova versión son:

  • Revisións de seguridade.
  • Correccións para un número de erros non relevantes para a seguridade.
  • Inclusión dunha nova versión de idioma compatíbel: Italiano.
  • O xestor de contrasinais agora continua co traballo despois da limpeza de datos privados.
  • Están dispoñíbeis as partes necesarias para a compatibilidade do complemento Firebug (1.5b4 ou posterior).
  • A conta de correo electrónico na icona dock de Mac OS X debería estar agora correcta.
  • Múltiples correccións pequenas en varias partes da plataforma e no aplicativo Seamonkey.
social bookmark now:blogmarksdel.icio.usdigg.comgoogle.comRedditscuttleSpurlstumbleupon.comTechnorati
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas