Mozilla anunciou oficialmente onte a dispoñibilidade de Firefox 3.6, unha actualización do seu popular navegador gratuíto e de código libre. Segundo recolle a nota de prensa do lanzamento, esta nova versión é un 20% máis rápida, introduce novas características de última xeración, melloran o rendemento das tarefas cotiás, como o uso do correo electrónico, as redes sociais, etc, ademais de incorporar compatibilidade cunha ampla variedade de estándares web e acceso a máis de 6.000 complementos gratuítos que permiten aos usuarios personalizar o navegador ao seu gusto.
Mozilla Firefox 3.6 pódese descargar de forma gratuíta para os sistemas operativos Windows, Linux e Mac OS X en máis de 70 idiomas, entre os que se inclúe o galego, grazas ao traballo da comunidade de tradución ao galego de Mozilla.
Firefox 3.6 en galego: |
|---|
Na web de Mozilla pódese consultar en detalle todas as novidades de Firefox 3.6, descargarse un pdf onde se describen algunhas delas, e mesmo ver un vídeo no que se amosan as novas funcionalidades desta nova versión do popular navegador. A continuación incluímos algunhas das características máis destacadas de Firefox 3.6:
Firefox 3.6 foi construído pola extensa comunidade de apaixonados colaboradores de Mozilla, incluíndo miles de desenvolvedores con experiencia, expertos en seguridade e comunidades de localización e asistencia, así como centos de miles de avaliadores. Mozilla conta con máis de 350 millóns de usuarios activos, convertendo a Firefox no navegador máis popular desenvolvido por unha organización sen ánimo de lucro.
Se desexa achegar calquera comentario, suxestión, erro ... sobre a localización ao galego de Firefox pode facelo a través da lista de coordinación oficial do proxecto en http://galician.mozdev.org.
Fonte: Mozilla