
Dentro do programa TICemprende, BIC GALICIA pon en marcha unha serie de obradoiros prácticos nos que se presentan ás empresas TIC da nosa comunidade novas tendencias e oportunidades de negocio que contribúan a orientar os seus procesos de innovación e a afianzar o seu posicionamento no mercado así como un incremento significativo da súa competitividade, a través do emprego de novas técnicas e ferramentas de xestión empresarial.
O 28 de maio de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a19:00 horas celebrarase na sede do FEUGA en Santiago de Compostela, o obradoiro Oportunidades de negocio baseadas en software libre e ecosistemas open.
O obradoiro impartirase cunha metodoloxía eminentemente práctica que busca a aplicabilidade do aprendido no posto de traballo e na posta en marcha de accións de mellora nas empresas participantes, cos seguintes obxectivos:
O programa do obradoiro é o seguinte:
O obradoiro correrá a cargo dos poñentes
Alberto Abella García, socio en Rooter e director de Operacións. É enxeñeiro superior de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid. MBA, máster en Dirección de Calidade Total e Quality Auditor (European Organization for Quality). Exerceu como consultor en TI e Calidade en Telefónica Móbiles, OSI Telefónica e na Asociación Española para a Calidade. Posteriormente pasa a ser xerente de Software Libre, Testing e Application Management ata o ano 2005. Foi membro do grupo de expertos sobre innovación en software na OCDE. No período 2002-2006 publica o I, II e III libro branco do software libre en España. Dentro da súa carreira profesional exerceu así mesmo como director de alianzas e canle para Novell e director de desenvolvemento corporativo de CENATIC. Foi e é profesor en diferentes universidades españolas como a Carlos III. É poñente habitual en eventos do sector de contidos, software libre e estratexias Open.
Franz Ruz Céspedes, socio de Rooter. Máster en Propiedade Intelectual pola Universidade Carlos III, licenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid e en Historia da Arte pola Universidade Católica de Chile. realizou unha estancia dun curso académico na Universidade de Iowa, Estados Unidos. Traballou como consultor en dereitos dixitais para o Grupo PRISA, consultor en propiedade intelectual para o Grupo Editorial Santillana e como investigador no Instituto de Dereito de Autor. Antes da súa incorporación a Rooter, exerceu en despacho propio especializado en IP, Tecnoloxía e Entretemento, baixo a marca RUZ LEGAL. Profesor de posgrao en programas da Universidade Autónoma de Madrid, ICADE, Carlos III, EOI, Centro Universitario Villanueva, Universidade de Bos Aires e Pontificia Universidade Católica de Chile. Participa habitualmente como poñente en foros e seminarios, e publicou artigos en distintos medios e publicacións especializadas.
O obradoiro é totalmente gratuíto e só é preciso inscribirse mediante o formulario que se pode atopar e ticemprende - bicgalicia. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro día 21 de maio. As prazas son limitadas.