Este é un espazo colaborativo pensado para facilitar a creación, o mantemento e a distribución de proxectos, tanto de creación de software como de documentación. A Forxa permite dispor dun servizo público e aberto destinado ao desenvolvemento de software libre en Galicia, así como á súa documentación en galego.
A Forxa quere ser un nexo de unión entre as diferentes iniciativas relacionadas co software libre en Galicia, permitindo a unificación de esforzos á hora de desenvolver e documentar moitos aplicativos que xa se están a facer no país. Asemade, tanto empresas como particulares teñen, a través deste espazo, un foro común de discusión e colaboración dende onde acceder a un repositorio global para conseguir as ferramentas que precisen.
Acceder á Forxa: forxa.mancomun.org