2.5
327
A semana pasada celebrouse en Madrid, na sede de “Madrid on Rails”, centro de innovación do concello de Madrid, a II xunta directiva de ASOLIF (Asociaciones de Software Libre Federadas).
Neste encontro, de carácter interno, participou tamén o presidente da asociación galega AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), Roberto Brenlla, que así o comunica no seu blogue:
“Este encontro ten un dobre obxectivo. Por unha banda permitirá que, dado o espectacular crecemento no número de empresas incorporadas ás diferentes Asociacións que compoñen ASOLIF, os seus representantes e directores técnicos poidan coñecerse e realizar actividades de networking, consolidando o movemento empresarial arredor do software libre en España.
Pola outra banda, terán lugar diferentes actividades orientadas ao deseño e redacción de proxectos conxuntos, que se desenvolverán en comunidade utilizando software e contidos libres.”
ASOLIF conta na actualidade con algo máis de 160 empresas pertencentes ás diferentes asociacións federadas, polo que aspira a que este sexa o encontro empresarial máis importante celebrado en España arredor do software libre."...
[Ler máis]
1
222 A empresa galega eLaboro, con sede en Santiago de Compostela, implantará a súa plataforma ePatrol á policía local de Pontevedra co obxectivo de axilizar, simplificar e automatizar o traballo diario da policía local.
ePatrol é un sistema de xestión de tódolos procedementos administrativos relativos á Policía (local, autonómica ou nacional) nun só. Esta ferramenta permite levar a cabo todo o proceso das unidades administrativas da Policía relacionadas coa tesourería, secretaría, obras e servizos, empresas de recadación... en total coordinación con todas elas.
O servizo ePatrol integra as últimas novidades nas tecnoloxías sen fíos como son GPRS, GPS e Wi-Fi, está baseado en Software Libre e permite empregar unha PDA como sistema de toma de datos e consulta...
[Ler máis]
1
171
Ao longo da pasada semana, a noticia comezou a estenderse en internet: Microsoft podería estar a utilizar código libre sen respectar as licenzas de uso.
O software no que se estarían a producir estas irregularidades é unha ferramenta coa que se poderían descargar imaxes ISO de Windows 7 e gravalas nun USB ou DVD, chamada Windows 7 USB/DVD download tool (WUDT). Segundo os rumores orixinais, esta ferramenta estaría a empregar o código fonte de ImageMaster, un proxecto licenciado baixo a GPLv2 e, paradoxicamente, aloxado na plataforma CodePlex, o proxecto de comunidade de código aberto de Microsoft.
[Ler máis]
2.33
308
Na web do Premio ao mellor PFC con Software Libre 2008/2009 acaban de darse a coñecer os finalistas da terceira edición do mesmo.
Achégase pois, un ano máis, a fase final deste premio na que se consolida a participación á vez que se mantén a calidade dos participantes.
Os 9 finalistas, pertencentes ás tres facultades de informática de Galicia, son:
O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro martes 17 de Novembro, ás 16:30, no Salón de Grados da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense co seguinte programa:
Fonte: Premio ao mellor PFC con SwL
[Ler máis]
2.33
530
O pasado 10 de novembro, Google presentou Go, unha nova linguaxe de programación. Nunha entrada no blog google-opensource.blogspot.com podemos ler o seguinte:
Aquí en Google cremos que a programación debería ser rápida, produtiva, e o máis importante, divertida. Por iso estamos tan entusiasmados de publicar unha nova linguaxe chamada Go. Go combina a velocidade de desenvolvemento de traballar nunha linguaxe dinámica como Python co rendemento e a seguridade dunha linguaxe compilada, como C ou C++. As compilacións típicas semellan instantáneas, incluso os binarios grandes compilan en só uns segundos. E o código compilado execútase case á velocidade de C. Go permíteche moverte rápido.
[Ler máis]
-
215
Ao igual que nas anteriores edicións, a TechBusiness Week deste ano (do 16 ao 19 de novembro) contará cunha xornada adicada en exclusiva ao Software Libre cos seguintes relatorios:
Podes descargar o programa completo desta edición en PDF desde a seguinte ligazón:
http://www.e-gallaecia.com/descargas/Agenda_TechBusiness_Week_2009.pdf
5
215
GNOME 3.0 verá a luz en setembro de 2010, e mentres tanto, publicarase GNOME 2.30 en marzo de 2010, continuando así a longa tradición en GNOME de lanzamentos bianuais.
Así comeza o anuncio enviado por Vincent Untz á lista de anuncios de GNOME. Un correo electrónico no que se deixa clara a planificación a curto e medio prazo en canto ao coñecido contorno de escritorio.
Citando o texto deste correo electrónico: Grazas á información dos usuarios, somos capaces de debuxar un claro cadro de onde estamos hoxe e de onde estaremos o próximo marzo. Tal como se menciona no documento de planificación para GNOME 3.0, a data de lanzamento de GNOME 3.0 non está gravada en mármore: á vez que empregamos unha planificación estrita, que nos permite publicar GNOME cada seis meses, GNOME está por riba de todo iso, usando unha política de lanzamentos baseada na calidade. Esa é a razón de que a nosa comunidade queira que GNOME 3.0 sexa plenamente funcional para os usuarios e pola que cremos que setembro é unha data máis apropiada.
1.8
368 Hoxe acábanse de anunciar novas versións de probas destes dous aplicativos. En concreto as versións dispoñíbeis son:
Ámbalas dúas se poden descargar en galego desde as seguinte ligazóns:
| Firefox 3.6 |
|---|
| OpenOffice.org 3.2 para probas en galego |
|---|
Recordamos que estas versións son de probas e poden conter erros importantes que impidan o normal funcionamento do aplicativo polo que só se recomenda instalar estas versións a aqueles usuarios avanzados que queiran axudar na fase de probas dos mesmos. Podedes notificar dos erros destas versións a través das páxinas oficiais de coordinación de ámbolos dous proxectos en http://galician.mozdev.org e http://gl.openoffice.org.
2.21
496
Como xa se anunciara en Mancomún.org meses atrás, a Asociación de Centros Homologados está a organizar xornadas de software libre por distintos puntos de Galicia, os vindeiros venres 13 e sábado 14 de novembro para rematar esta serie de xornadas terá lugar en Lugo, concretamente no Gran Hotel Lugo.
Estas xornadas que foron denominadas como “Consume software libre, consume software seguro”, dividiránse nun relatorio titulado Software libre e seguridade durante a tarde do venres e a celebración dun obradoiro teórico-práctico sobre software libre en galego durante a mañá do sábado. Mancomún colabora fornecendo copias do Galinux que serán repartidas entre todos os asistentes.
[Ler máis]
1.75
250
Este pasado 2 de novembro, e despois de milleiros de descargas das distintas versións da rama 2.x, comezou o proceso de publicación da versión 3.0 de openXpertya.
Esta nova versión da que se coñece como “a solución empresarial global” publícase baixo a licenza LPSLC (“Licencia Pública en software Libre en Castellano”).
Co lanzamento desta nova versión iníciase toda unha nova fase na vida do proxecto. Como eles mesmos din, cambiaron moitas cousas para intentar adaptar o software ás necesidades e ás peticións da comunidade, e facelo máis accesíbel, atractivo, fácil e cómodo.
[Ler máis]