2.67
411
Os vindeiros días 2, 3 e 4 de decembro terán lugar en Valencia as Xornadas internacionais de gvSIG, organizadas pola "Conselleria de Infraestructuras y Transporte (CIT) da Generalitat” que se celebran por quinto ano consecutivo e contan coa participación de destacadas organizacións dun amplo abano de países que presentarán os seus traballos con este Sistema de Información Xeográfica libre. Este ano preséntanse proxectos de España, Italia, Alemania, Serbia, Arxentina, Venezuela e Honduras.
A asistencia a estas xornadas é gratuíta previo rexistro mediante o formulario de inscrición por cuestións de aforo.
Un ano máis, estas xornadas contan con boa representación galega cun total de 4 comunicacións presentadas polos membros do Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica na ETSE de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UDC), coñecido como Cartolab, a quen tivemos a ocasión de entrevistar hai algúns meses.
As comunicacións que presentarán son:
-
270
Makeuseof.com e Guvnr.com fixeron conxuntamente unha guía chamada “Ubuntu Karmic Koala bible”. Trátase dun documento dirixido aos novos usuarios que desexen instalar e probar Ubuntu ou aos usuarios intermedios que queiran sacarlle máis proveito ao seu sistema. Está dispoñíbel en inglés e pódese descargar en formato PDF.
Makesuseof é un coñecido sito web por facer guías de diversos temas. Desta volta, conxuntamente co sitio Guvnr.com, anunciaron un novo documento sobre a nova versión de Ubuntu, a Karmic Koala.
Ubuntu Karmic Koala bible é un documento que só conta con 54 páxinas, contrastando co seu título que puidera dar a sensación de ser un documento moi completo.
[Ler máis]
2.25
505 Dende a Oficina de Software Libre da USC avísannos de que veñen de rematar, nestes últimos días, a migración de todos os equipos da aula de docencia da Facultade de Dereito ao sistema operativo libre Ubuntu-USC.

Ubuntu-USC é unha distribución GNU/Linux, baseada na popular Ubuntu, con adaptacións feitas pola OSL da USC, baseándose inicialmente no traballo realizado no metapaquete araOS, para dotar ao sistema operativo da estética corporativa da universidade e as configuracións de hardware necesarias para operar no entorno universitario.
Esta migración forma parte do traballo iniciado polo persoal desta oficina, co primeiro plan piloto de migración da Facultade de Ciencias da Educación, e outras migracións como a recente da ETSE.
A aula migrada nesta ocasión, con mais de 50 equipas, sobe a cifra de computadores que actualmente na USC executan o sistema operativo libre ata os 500. A estimación de alumnos que recibirán formación nun contorno informático totalmente libre e en galego é de 2000 alumnos.
A importancia desta nova migración é que non se trata soamente do centro da formación informática dos alumnos de dereito, senón unha das aulas empregadas habitualmente pola Universidade de Santiago de Compostela para a realización de cursos e seminarios externos.
Este é o caso do vindeiro Curso de Bioinformática Estrutural, onde a Oficina de Software Libre colaborará proporcionando a infraestrutura de software precisa e impartindo unha ponencia sobre ferramentas libres para proceso de datos.
[Ler máis]
2.43
373
Durante esta semana estivemos a ver casos de consolas de videoxogos que incluían internamente para o seu funcionamento un sistema baseado en GNU/Linux.
Vexamos hoxe o caso contrario: emular unha consola nun sistema GNU/Linux.
Para moitos usuarios, o campo da emulación resulta ser un dos máis interesantes que ofrece a informática: a posibilidade de volver a xogar a vellos videoxogos, de plataformas xa desaparecidas ou obsoletas, cos que gozamos tempo atrás resulta fascinante para moita xente.
Para os sistemas GNU/Linux existen multitude de emuladores de distintas plataformas. Vexamos unha lista das consolas máis coñecidas das que existen emuladores dispoñíbeis en GNU/Linux:
Videoconsolas do fabricante Nintendo
A empresa nipona Nintendo é unha das máis veteranas de cantas se dedican ao entretemento, pois leva dende o ano 1975 comercializando consolas e videoxogos que serviron para a diversión de varias xeracións(e fabricando xogos de naipes dende o século XIX!). Existen emuladores dispoñíbeis para as seguintes das súas consolas:
[Ler máis]
2.13
355
Homebank é un aplicativo, con licenza GPL, para xestionar a contabilidade doméstica e persoal dunha forma sinxela. Permite dar de alta diferentes contas, xestionar as transaccións nesas contas, incluír conceptos asociados aos ingresos e gastos, automatizar transaccións repetitivas... Ademais proporciona ferramentas gráficas e de filtrado para poder realizar unha análise polo miúdo das nosas finanzas, algo especialmente importante nos actuais tempos de crise que estamos a vivir.
É gratuíto e multiplataforma (GNU/Linux, Windows, MacOSX, Nokia N*** ...) e está dispoñíbel en máis de 57 idiomas entre os que está o galego. A última versión deste aplicativo é a 4.1 descargable dende a súa web para todas as plataformas.
Aínda que HomeBank é moito menos coñecido que outras alternativas como GnuCash, KmyMoney ou Grisbi, é o aplicativo favorito para a xestión das finanzas dalgunhas das distribucións GNU/Linux lixeiras, como por exemplo Puppy Linux, debido ao seu pequeno tamaño e sinxeleza.
3.33
263
Omnitux é un aplicativo para os máis pequenos da casa, que está deseñado para que se entreteñan ao mesmo tempo que aprenden. Axuda aos rapaces a razoar, asociar elementos, etc a partir de ficheiros multimedia, como poden ser imaxes, sons, texto.
En Omnitux hai diferentes tipos de actividades, como asociacións, operacións matemáticas, crebacabezas, o clásico xogo de memorizar cartas, xogos de diferencias etc.
-
354 Os ministros europeos responsables da política de administración electrónica da Unión Europea din que debería promoverse o uso dos estándares abertos e do software de fontes abertas en proxectos de administración electrónica, segundo se recolle na declaración ministerial sobre e-administración feita o pasado 18 de novembro na cidade sueca de Malmö.
Na súa declaración, os ministros recomendan empregar estándares abertos como medida para establecer regras de xogo en igualdade de condicións nos procesos de contratación por concorrencia competitiva co fin de garantir a mellor relación calidade-prezo. Ademais recollen as súas intencións respecto dos estándares abertos "asegurarémonos de que os estándares abertos se promoven nos nosos marcos nacionais de interoperabilidade co fin de reducir as barreiras ao mercado."
[Ler máis]
2
322
A cota de uso do navegador de Mozilla segue medrando en toda Europa, especialmente nos países centroeuropeos, onde xa superou o 50 por cento do mercado segundo as últimas estatísticas. No que respecta á cota de mercado mundial Firefox posúe un cuarto do total de usuarios, mentres que Internet Explorer continua perdendo usuarios masivamente, debido tamén en parte ao crecemento de uso doutros navegadores como Safari, Chrome e Opera.
Segundo a firma de servizos web Net Applications, o mes de outubro rematou coa suma dos Internet Explorer por debaixo do 65 por cento da cota de mercado mundial, unha cifra nunca vista dende que o navegador de Microsoft iniciara o seu despegue tras superar a Netscape.
2.44
522 A familia de consolas portátiles GP2X xurdiu como sucesora do dispositivo coñecido como GP32, unha consola portátil de 32 bits que veu a luz no ano 2001. A GP32 foi a primeira consola portátil orientada e baseada no software libre.

As consolas da familia GP2X, que apareceu no ano 2005, foron deseñadas tanto para o desenvolvemento comercial de xogos como para o desenvolvemento caseiro. Ao contar cunha arquitectura aberta, permitía que calquera desenvolvese e executase aplicativos no dispositivo de xeito sinxelo. Moi pronto se comezou a empregar a GP2X para executar coñecidos emuladores de outros sistemas de xogos, coma o coñecido sistema MAME.
Dentro do que chamamos “a familia GP2X” estarían os dous modelos GP2X F100, GP2X F200, e a sucesora de ambas, a GP2X Wiz, que saíu ao mercado en maio deste mesmo ano.
[Ler máis]
3
295 A publicación do esperado Thunderbird 3.0, logo de máis de dous anos e medio dende a publicación da anterior versión 2.0 do xestor de correo de Mozilla, é xa inminente.
Onte mesmo, o equipo de desenvolvemento de Thunderbird anunciou a saída da primeira versión candidata ou RC deste xestor de correo.
Que quere dicir RC? Trátase da versión do aplicativo que contén todas as funcionalidades desexadas para a versión definitiva, pero que aínda debe superar as últimas fase de probas de cara a detectar os posíbeis erros graves que aínda poida ter. De ser así corrixiranse e publicaranse novas versións RC ata acadar unha versión lista para o lanzamento oficial.
Xa é posíbel descargar o Thunderbird RC1 GNU/Linux, MacOSX e Windows, nun total de 49 idiomas, entre os que se atopa o idioma galego.
| Thunderbird 3.0 RC en galego para: |
|---|
Segundo se pode ler nas propias notas desta versión RC, non se trata do produto final, polo que pode conter erros e mesmo causar perda de datos nos perfiles do usuario (datos de configuración, preferencias ou mesmo correo descargado), e non se recomenda o seu uso en contornos de produción, senón só con fins de probas.
Pode enviar calquera erro que atope sobre a localización ao galego a través da rolda de correo de coordinación das traducións ao galego de Mozilla en galician.mozdev.org
[Ler máis]