RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • Impresións tras a sétima Kutruparty

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Decembro de 2009
    • Valoración 2.93
    • Lecturas 455

    Recentemente tivo lugar a sétima edición da xuntanza informática Kutruparty, na localidade de A Estrada. Dende a organización non dubidan en dicir que esta foi a edición cun maior número de participantes, así como un dos mellores encontros informáticos celebrados na nosa comunidade este ano. Con máis de 350 participantes, a organización veuse forzada a pechar as inscricións tras o primeiro día do encontro.

     

    kutruparty

    Durante esta xuntanza, leváronse a cabo diversos obradoiros e charlas de carácter formativo dedicadas aos usuarios máis avanzados. A Kutruparty apostou pola profesionalidade nestas charlas e obradoiros, fronte ás charlas básicas e de iniciación de outros anos. Nestas charlas e obradoiros optouse pola filosofía do código aberto aplicada ao campo educativo: todo o mundo tiña dereito a asistir, anotar a información, mellorala, ampliala con nova información e redistribuíla en calquera outro evento.

    Durante esta Kutruparty tivo lugar unha reunión de máis de sete horas entre representantes de diferentes grupos de usuarios de Linux de Galicia, na que se debateu diferentes temas, sendo o máis importante a cuestión a conveniencia dunha federación que aglutine aos diferentes grupos.

    [Ler máis]
  • Red Hat é a compañia de código aberto máis destacada da decada

    Publicado por Mancomún
    Luns, 14 de Decembro de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 306

    Red HatSegundo Dana Blankenhorn, columnista de negocios de ZDNet, Red Hat é a compañía de fontes abertas máis sobranceira da década , Blankenhorn expón nun completo artigo como Red Hat pasou do modelo de ventas ao por menor ao modelo empresarial, conseguindo un gran éxito aínda cando o seu código é compartido.

    Segundo este xornalista o que fai forte a Red Hat é o seu negocio a gran escala. O seu código é compartido, ao igual que varios recursos dos que dispón, e aínda así puido manter a empresa facendo rendíbel o seu traballo.

    CentOS, que está baseado no código de Red Hat Enterprise Linux non é unha preocupación para Red Hat, xa que conta con moitos máis recursos que foi construíndo para probar, desenvolver, innovar e seguir adiante co seu negocio ben formado.

    Outras observacións que fai o periodista é que Red Hat soubo facerlle fronte aos negocios a través da súa tecnoloxía, ao contrario que outras empresas similares que o que fan é buscar acordos, fan anuncios, xeran rumores ou falan de capital de risco.

    [Ler máis]
  • AGNIX reúnese en asemblea.

    Publicado por Mancomún
    Venres, 11 de Decembro de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 247

    AGNIXA asociación AGNIX fai un chamamento aos seu membros, dende a súa páxina web para reunirse oficialmente en asemblea, a cal terá lugar o vindeiro sábado día 12 de decembro na casa rural “Casa de Amancio”, que está situada en Vilamaior (Lavacolla).

    Nesta asemblea os membros de AGNIX tratarán diversos temas relacionados coa asociación, ademais de propoñer unha nova xunta directiva. Todos os que desexen asistir a esta asemblea, deben poñerse en contacto previamente para reservar sitio co presidente da asociación, Manuel Hermo, a través do enderezo de correo electrónico que se especifica dende a agnix.org na nova orixinal.

    Este evento rematará coa degustación dun “hack-cocido”, o cal será unha boa ocasión, segundo a asociación, para compartir coñecementos, inquietudes, risos e amizade.

    [Ler máis]
  • Guía de migración a Software Libre para as administracións públicas locais.

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Decembro de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 402

    Guía de migracionesEsta guía está baseada no proxecto de migración da mancomunidade de concellos da Axarquía en Málaga. Segundo comenta no seu blog Ramón Ramón Sánchez, responsable de administracións públicas de Emergya Consultoría, a elaboración desta guía-manual recollendo todo o proceso levado a cabo é un dos beneficios extra máis importantes deste proxecto de migración.

    Polo momento a parte pública da Guia.Migramos.org supón tan só o 5% de todo o documentado, que irá aumentando segundo o Consello Asesor do proxecto, composto por expertos nacionais e internacionais, vaian aprobando, supervisando e mellorando o contido da parte privada. Aínda que esta guía está orientada á migración dunha administración pública local, coas súas particularidades, os seus autores consideran que é extrapolable a calquera outro proceso de migración.

     

    Esta parte pública da guía foi anunciada na presentación do proxecto de migración da mancomunidade de concellos da Axarquía en Málaga, feita polo propio Ramón Ramón, na pasada Conferencia Internacional de Software Libre celebrada en Cáceres o 1, 2 e 3 de decembro.

    Segundo os datos presentados nesa ponencia, este proxecto conta co financiamento da Junta de Andalucía e a propia Mancomunidade da Axarquía, cun presuposto que ascende a algo máis de 500.000€ para realizar a migración dun parque duns 700 equipos nun total de 31 concellos.

    [Ler máis]
  • Simple tutorial para probar o novo Thunderbird en sistemas GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Decembro de 2009
    • Valoración 3.17
    • Lecturas 269

    Como sucedeu coa presentación do navegador de Mozilla Firefox na súa versión 3.5, dende Mancomún queremos presentar un sinxelo tutorial paso a paso para a instalación e proba da nova versión de cliente de correo Mozilla Thunderbird.

    Thunderbird

    Pódese atopar este tutorial na nosa wiki.

    Brevemente, os pasos a seguir resúmense en:

    1. Descargar o paquete .tar.bz2 dende http://gl.www.mozillamessaging.com/gl/.
    2. Descomprimilo, empregando por exemplo o menú contextual do navegador de ficheiros de GNOME.
    3. Crear un lanzador no panel: Isto é sinxelo, basta con arrastrar o ficheiro "thunderbird" que está no cartafol que se creou ao descomprimir ata o panel de GNOME.

    O tutorial inclúe tamén unha pequena guía para a configuración do aplicativo a primeira vez que se executa. Estes pasos resultan case innecesarios, pois unha das características incluídas nesta nova versión de Mozilla Thunderbird é a facilitación do proceso de configuración de contas de correo ata niveis dunha sinxeleza abraiante.

    [Ler máis]
  • Shushi, huh? permitenos actualizar a nosa distribución sen ter conexión a Internet

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Decembro de 2009
    • Valoración 2
    • Lecturas 263

    Shushi, huh?Sushi, huh? é un aplicativo que permite descargar todos os paquetes necesarios para actualizar a nosa distribución GNU/Linux, gardalos nun dispositivo de almacenamento, como por exemplo unha chave USB, e logo instalalos nun computador que non dispoña de conexión a Internet.

    Este aplicativo está dirixido para aquelas persoas, que non poden ter acceso a Internet dende o seu equipo. Pódense actualizar distribucións como Debian, Fedora, Ubuntu, Mandriva e openSUSE.

    Ademais unha das vantaxes deste aplicativo é que simplifica a tarefa de instalación de aplicativos, algo que aínda que é sinxelo para os usuarios veteranos de GNU/Linux, adoita ser unha ardua tarefa para os acabados de chegar ao mundo Linux.

    [Ler máis]
  • LIBRAE, xestión integral de bibliotecas en software libre

    Publicado por Mancomún
    Xoves, 10 de Decembro de 2009
    • Valoración 4.17
    • Lecturas 236

    Durante a Conferencia Internacional de Software Libre (Free Software World Conference) que tivo lugar os días 1, 2 e 3 de decembro en Cáceres presentouse o aplicativo LIBRAE, unha solución integral para a xestión de bibliotecas composta por software libre

    Librex e Librea, dúas solucións bibliotecarias desenvolvidas por Estremadura e Andalucía converxen nesta nova ferramenta, LIBRAE, que supón un sistema informático único e homoxéneo adaptado ás necesidades das bibliotecas, cunha plataforma independente mantida por fondos públicos. Esta nova ferramenta supón adaptar a xestión de bibliotecas á nova realidade dixital, para, a través de medios tecnolóxicos, conseguir nun futuro unha “biblioteca 2.0″ na que sexan os propios usuarios os que produzan parte da información que conteña o sistema.

    [Ler máis]
  • Mozilla lanza Thunderbird 3

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 9 de Decembro de 2009
    • Valoración 1.8
    • Lecturas 461

    Con esta nota de prensa publicada na páxina mozillamessaging.com anunciábase onte o lanzamento da nova versión do coñecido cliente de correo electrónico Thunderbird. Thunderbird 3 está dispoñíbel en 49 idiomas, e funciona en plataformas Windows, Linux e Mac OS X. Esta nova versión conta con máis de 2.000 melloras dende a versión anterior, entre as que se inclúen o correo con separadores, un motor de busca completamente novo, arquivado de mensaxes incorporado e cartafoles intelixentes.

    Thunderbird 3

    Se quere comezar a empregar Thunderbird 3 en galego, visite gl.www.mozillamessaging.com e poderá descargar este aplicativo.

    As novas características de Thunderbird 3 axudarán aos usuarios a traballar máis rápido ao tempo que ofrecen a flexibilidade e a seguridade ás que nos teñen afeitos en todas as versións de Thunderbird.

    [Ler máis]
  • Joomla! Day Spain 2009 en Barcelona

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 9 de Decembro de 2009
    • Valoración 2.92
    • Lecturas 234

    Os días 11 e 12 de decembro terá lugar en Barcelona o Joomla! Day Spain.

    Joomla! Day

    O venres día 11 celebraranse tres actividades en paralelo, para deseñadores, programadores e empresas. O sábado 12 vai ser o día da comunidade, o Joomla!Day Spain BCN 2009, aberto a todo o mundo, e con interesantes charlas sobre este popular xestor de contidos. As actividades durarán dende as 9:30 da mañá ás 20:00 da tarde, e pódense consultar na axenda en liña. Estas charlas inclúen:

    • Un discurso de benvida de Johan Janssens, co-fundador de Joomla!
    • Joomla 1.6, de Alex Kempkens, creador da moi empregada extensión Joomfish
    • Unha mesa redonda onde se falará de casos de éxito
    • Unha conferencia sobre as extensións máis útiles, por Jordi Sala
    • Charlas sobre SEO, seguridade, comunidade...

    Joomla! Day é un evento creado exclusivamente para Joomla!, para os seus usuarios e os proxectos relacionados. É un evento aberto a todos. Joomla! Day non é en ningún caso un evento comercial con fins lucrativos.

    [Ler máis]
  • Elixida a xunta directiva do GPUL

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 9 de Decembro de 2009
    • Valoración -
    • Lecturas 258

    GPULFai uns días informábamos dende Mancomun.org que o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) convocaba eleccións para establecer unha nova xunta directiva.

    Este proceso comezou o 5 de novembro deste ano coa convocatoria das eleccións, admitindo candidaturas ata o 19 de novembro. A campaña tivo lugar dende o 20 de novembro ata o 3 de decembro, que foi o día no que se coñeceu definitivamente a xunta directiva de GPUL. Finalmente a xunta directiva anterior revalidou a súa posición xa que os socios do GPUL volveron a depositar a súa confianza e continuaran no seu posto outra lexislatura máis.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas