3.29
467 Onte á noite, celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, o acto de entrega dos premios EGANET que, como cada ano, recoñecen o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia.
Nesta ocasión, o premio da categoría Software Libre, recaeu na Universidade de Santiago de Compostela pola Oficina de Software Libre da USC. Os nosos parabéns ao equipo da Oficina de Software Libre da USC por este merecido premio.

Esta oficina naceu no ano 2008 a través dun convenio firmado entre a Xunta de Galicia e as 3 universidades galegas co obxectivo de analizar, promover e implantar o software libre na comunidade universitaria.
O proxecto da OSL da Universidade de Santiago parte da elaboración dun completo e ambicioso plano de acción con diversas frontes e cunha gran actividade. Como mostra desta prolífica labor recollemos algunhas das novas sobre as actuacións da OSL USC nas distintas áreas:
[Ler máis]
1
291 Onte publicouse a versión 0.3.11 de ReactOS, o sistema operativo de código aberto que pretende converterse nun substituto libre de Microsoft Windows. O obxectivo do proxecto é ofrecer un sistema operativo compatíbel 100% a nivel binario con Windows NT. Isto permitirá que tanto os aplicativos coma os controladores de dispositivos escritos para funcionaren en Windows funcionarían tamén neste sistema operativo.
Este lanzamento veuse atrasado bastante tempo debido a certos “bugs” que se manifestaban cada vez que o equipo de desenvolvemento trataba de facer o lanzamento. Investiuse moito tempo tratando de solucionar eses bugs, e tomáronse certas medidas para asegurar que este problema non ocorrería de novo.
Os maiores cambios nesta versión están relacionados coa xestión da memoria e o sistema de son. Como se pode ler na nota do lanzamento, é difícil resumir todos os cambios que tiveron lugar no sistema de xestión da memoria, pois esta nova versión constituíu practicamente unha reescritura total do código. Con isto conseguiuse un compoñente moito máis estábel e fiábel, que ademais agora é compatíbel con procesadores ARM.
[Ler máis]
3.6
451 Os organizadores do Máster en Software Libre veñen de anunciar a posibilidade de cursar algúns módulos do mesmo de maneira independente.
Ao longo dos seguintes meses estará aberta a matrícula para cursar ata 3 dos módulos de coñecemento do Máster en Software Libre de maneira autónoma:
Cada un destes módulos ten unha duración de 80 horas, distribuídas en varias sesións. Estas sesións terán lugar en Coruña, en horario de venres tarde e sábado pola mañá.
A metodoloxía de traballo é eminentemente práctica, cun enfoque de traballo en grupo, co obxectivo de que ao terminar cada un dos módulos o alumnado sexa quen de liderar e/ou participar en proxectos de software libre na súa área de coñecemento (sistemas, web, desktop/mobile) de maneira autónoma, achegando valor no proceso.
Para isto contan con profesorado de primeiro nivel, hackers e xente con experiencia no sector. En pasadas edicións, pasaron polas aulas do máster relatores pertencentes a institucións e proxectos como Nokia e o proxecto Maemo, Ándago, Trabe Soluciones, Telefónica I+D, GNOME Hispano, KDE-España, Debian, Igalia, libresoft, etc. Nesta terceira edición están a traballar para que todos eles participen de novo.
[Ler máis]
3.67
315
Dende a web da asociación Melisa de Melide, informan que este venres levarán a cabo unha exposición sobre o software libre no I.E.S. de Arzúa:
O vindeiro venres, día 18 de decembro, a nosa Asociación levará a cabo unha actividade de presentación do Software Libre ante ós alumnos do ciclo superior de Administración e Finanzas.
O presidente de MeLiSA, Rafael Rodríguez, será o encargado de presentarlle ós alumnos do ciclo as vantaxes do uso do Software Libre tanto a nivel persoal como dentro dos centros educativos. O evento dará comezo ás nove da mañá e rematará ás dez e media.
[Ler máis]
1.6
409 
Co gallo da publicación de Thunderbird 3 , dende Mancomún poñemos a disposición da comunidade un manual de uso deste renovado aplicativo, dispoñíbel no noso Wiki dende a seguinte ligazón.
Este manual está baseado no traballo previo do Manual de Thunderbird 2.0 e explica como e onde conseguir o novo Thunderbird, como instalalo, como configurar unha conta de correo, como configurar as fontes RSS, como instalar os correctores ortográficos, a táboa de atallos de teclado do Thunderbird, como facer unha xestión avanzada do correo, como xestionar os contactos así como as novidades da versión 3.0.
Animámosvos, como sempre, a que colaborades na mellora deste manual, sen máis que rexistrarvos no wiki, e corrixir erros existentes, engadir novas seccións ou características de interese...
Así mesmo tamén aproveitamos a ocasión para actualizar as descargas relativas ao Thunderbird tanto no DVD da PEME como a sección de produtos de Mancomún.
Tamén queremos anunciarvos a dispoñibilidade dende o noso Corpus, da memoria de tradución do Thunderbird 3 ao galego. A memoria de tradución está no formato estándar TMX e máis nun ficheiro PO, de maneira que poida ser usado en calquera programa de tradución que aínda non sexa compatíbel co estándar TMX.
[Ler máis]
2.2
270
Tux, of Math Command, tamén coñecido como TuxMath, é un entretido xogo educativo dirixido aos máis novos da casa (ou non tan novos) no que o obxectivo é resolver cálculos matemáticos.
O pingüín Tux é a única esperanza para salvar a catro cidades dunha choiva de meteoritos. Dende unha mesa de control deberá realizar “complexos” cálculos astronómicos para destruír a cada meteorito.
A axilidade mental realizando restas, sumas, multiplicacións e divisións, así como a velocidade para inserir o resultado e disparar serán as claves para conseguir salvar o planeta.
[Ler máis]
1
235 DeskHedron é un sinxelo aplicativo para computadores con Windows que imita o comportamento dos espazos de traballo e a xestión dos mesmos que fai Compiz/Beryl en GNU/Linux. Desta maneira podemos ter en Windows distintos escritorios (até 9 escritorios) e a posibilidade de movernos por eles a través dun atractivo cubo en 3D.
O aplicativo é un sinxelo executábel que ao arrincar permite seleccionar a cantidade de escritorios que se configurarán (de xeito predefinido trae configurados 2). Unha vez executado podes acceder de novo ao mesmo para axustar a configuración premendo na icona residente ao lado do reloxo do computador.
Para navegar entre os distintos escritorios pódese premer Ctrl+Maiús+Z que abrirá a vista en 3D do cubo e poderás cambiar entre os distintos escritorios usando a roda do rato ou coas frechas de dirección do teclado. Unha das súas limitacións é que non é compatíbel con múltiples monitores...
[Ler máis]
3.2
455 Na páxina web maketecheasier.com podemos atopar un interesante artigo no que se da conta dun grupo de aplicativos enormemente útiles para todos os aficionados – e mesmo os profesionais - ao mundo da guitarra. Estes aplicativos cobren aspectos como a notación musical en formato de tablaturas, a edición de audio e a gravación multipista. Estes son os aplicativos que se mencionan no artigo:
Tablaturas e notación musical: TuxGuitar
O primeiro que moitos de nos imos precisar é un sitio onde escribir, gardar e reproducir tablaturas ou partituras. Moitos usuarios de Windows empregan PowerTab ou Guitar Pro. Para o mundo GNU/Linux existe o aplicativo TuxGuitar, moi similar a estes, e que ofrece case as mesmas características. O mellor de todo é que é compatíbel coas tablaturas de Guitar Pro, de xeito que se xa estamos afeitos a traballar con el, non teremos que perder ningunha das nosas cancións.
E, se non nos gusta TuxGuitar, podemos probar con KGuitar, KTabEdit, ou Gnometab.
[Ler máis]
1.81
414 O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza un curso de creación dixital en 3D con Blender a partir do vindeiro 6 de xaneiro de 2010. Este curso está dirixido a todos aquelas persoas inscritos no INEM ou traballadores en activo, que queiran empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D. Xa sexa para un desenvolvemento persoal ou laboral.
O curso, cun contido eminentemente práctico, oriéntase á creación de obxectos en 3D, dende o debuxo inicial da forma ata o render final dun
ha animación. Durante o curso farase un percorrido polos diversos apartados de creación 3D do programa Blender: Modelado, iluminación, texturas, animación, todas elas partes esenciais de calquera creación tridimensional.
A partir dun debuxo verase como se constrúe o modelo 3D, como facer que muden as súas propiedades de aspecto, como aplicar a textura nos diferentes obxectos, as diferentes opcións para a iluminación, como situar a cámara para obter unha imaxe renderizada, e, por último, coma manexar a liña de tempo para obter a animación do obxecto.
[Ler máis]
2.6
495 CENATIC elabora un documento con 10 razóns para elixir software de fontes abertas na Educación.
ASOLIF fai pública unha carta aberta ao Ministro de Educación en relación ao convenio firmado con Microsoft para a inclusión de Windows 7 nos portátiles para primaria en Ceuta e Melilla.
Hai pouco máis dunha semana, CENATIC, continuando coa súa campaña para amosar as vantaxes do software de fontes abertas ás Comunidades Autónomas que teñen que decidir acerca da dotación tecnolóxica no marco do programa Escola 2.0, publicou un documento titulado “10 razóns para elixir software de fontes abertas na Educación”, que recolle aspectos de carácter educativo, técnico e social que poidan ter en conta aqueles que teñen que decidir acerca da dotación tecnolóxica dos colexios e institutos en España.
Miguel Jaque, o director xerente de CENATIC, considera que o proxecto Escola 2.0 supón unha oportunidade única para avanzar na construción dunha sociedade da información máis xusta e con maiores liberdades. Neste sentido comenta: “das decisións que se tomen hoxe, dependerá como se eduquen tecnoloxicamente os nosos fillos”.
Respecto do decálogo que veñen de pór a disposición de todo o mundo comenta que as tecnoloxías abertas “son un modelo educativo en si mesmo, libre, democrático, sustentábel e tecnoloxicamente competitivo, que contribúe a formar a persoas libres, independentes, críticas e autónomas, capaces no futuro de elixir a súa opción tecnolóxica”
[Ler máis]