RSS enviar por correo-e Imprimir

Mancomún

  • A Deputación Provincial da Coruña e a Universidade da Coruña liberan unha nova versión de gisEIEL

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 23 de Decembro de 2009
    • Valoración 2.38
    • Lecturas 495

    O grupo de sistemas de información xeográfica do Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña, anunciou a liberación do código fonte da versión 2.1 de gisEIEL.

    gisEIELgisEIEL é un aplicativo SIX desenvolvido sobre gvSIG mantendo a súa estrutura e funcionalidades básicas, pero adaptado para a xestión da EIEL (Enquisa sobre Infraestruturas e Equipamentos Locais) e incorporando notables melloras. A finalidade desta Enquisa é coñecer a situación das infraestruturas e equipamentos de competencia municipal, formando un inventario de ámbito nacional, de carácter censario, con información precisa e sistematizada dos concellos con poboación inferior a 50.000 habitantes.

    Este aplicativo foi desenvolvido polo Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña en convenio coa Deputación Provincial da Coruña e proporciona todas as funcionalidades necesarias para a análise, a xestión (inserción, modificación e borrado) e a validación dos datos da Base de Datos Territorial da EIEL (BDT-EIEL). Os cambios desta versión con respecto á anterior inclúen revisións e melloras dos módulos existentes así como novas funcionalidades.

    [Ler máis]
  • Publicado WordPress 2.9

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 23 de Decembro de 2009
    • Valoración 3.25
    • Lecturas 289

    Recentemente publicouse a versión 2.9 do coñecido sistema xestor de contidos para blogs WordPress, á que se lle deu o nome de “Carmen”, en honor da cantante de Jazz Carmen McRae.WordPress

    Esta nova versión ten como características máis destacadas as seguintes:

    • Característica global de “desfacer” (“papeleira”). Isto significa que se, accidentalmente eliminamos unha entrada do blog, ou un comentario, poderemos recuperalo. De paso, elimínanse todas esas mensaxes de “Está seguro?” que aparecían ao borrar calquera elemento.
    • Editor de imaxes integrado, que nos permitirá recortar, editar, rotar, voltear, e redimensionar imaxes . Esta é a primeira dunha serie de melloras na xestión de medios que están planeadas.
    • Actualizacións de plugins por lotes, e verificación de compatibilidade
    • Incrustado de vídeos máis sinxelo, que permitirá pegar simplemente unha URL e esta converterase maxicamente no código de incrustación apropiado. Conta con compatibilidade Oembed para YouTube, Daily Motion, Blip.tv, Flickr, Hulu, Viddler, Qik, Revision3, Scribd, Google Video, Photobucket, PollDaddy, e WordPress.tv (e haberá máis nas próximas versións).
    [Ler máis]
  • IBM distribuirá EyeOS

    Publicado por Mancomún
    Mércores, 23 de Decembro de 2009
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 310

    EyeOS é un escritorio web de código aberto para a computación na nube. No entanto, pódese empregar EyeOS de diferentes maneiras, segundo as nosas necesidades. Dende ter un escritorio ubicuo para uso persoal, ata darlles ás grandes institucións a oportunidade de, cun único servidor, ofrecerlles a todos os seus membros ou empregados a posibilidade de acceder ao seu escritorio dende múltiples postos.

    EyeOs está escrito principalmente en PHP e XML, e actúa como unha plataforma para aplicativos web escritos empregando o EyeOS toolkit. Inclúe un contorno de escritorio e máis de 60 aplicativos e ferramentas do sistema, incluíndo software de ofimática e xestión da información persoal.

    Captura do escritorio EyeOS

    Recentemente anunciouse no blog do proxecto EyeOS que o xigante informático IBM usará EyeOS como plataforma base de servizos na nube na nova edición da serie System Z Solution Edition for Cloud Computing.

    [Ler máis]
  • Firefox 3.5, o navegador máis usado

    Publicado por Mancomún
    Martes, 22 de Decembro de 2009
    • Valoración 3
    • Lecturas 298

    A través de slashdot.org chéganos unha abraiante nova: Firefox 3.5 é o navegador máis usado da actualidade, se temos en conta por separado as distintas versións de Internet Explorer.

    statcounter.comEsta é a primeira vez que isto ocorre, e foi propiciado pola caída no uso de Internet Explorer 7, ao tempo que sobe o uso de Internet Explorer 8. Podemos ver a gráfica que amosa esta tendencia nesta ligazón

    Os datos foron extraídos do servizo de estatísticas de visitas a páxinas web en Internet StatCounter.com.

    [Ler máis]
  • Dispoñíbel para descarga a RC1 do futuro OpenOffice.org 3.2 en galego

    Publicado por Mancomún
    Martes, 22 de Decembro de 2009
    • Valoración 2.88
    • Lecturas 417

    OpenOffice.orgXa está dispoñíbel para descarga a versión RC1 (Release Candidate 1) da futura versión 3.2 do OpenOffice.org en galego. Lembra que esta versión aínda non é definitiva e pode conter erros, polo que non se recomenda a súa instalación a usuarios non expertos. Recorda facer unha copia de seguranza dos teus ficheiros antes de comezar a instalación.

    Na seguinte ligazón atopará unha táboa para poder descargar os distintos ficheiros de instalación por sistema operativo. Para iso busque na táboa, na primeira columna o idioma da descarga, neste caso "Galician | Galego" e despois prema no ficheiro de descarga correspondente ao seu sistema operativo: Windows, deb ou rpm para Linux 32 bits, deb ou rpm para Linux 64 bits, Mac OS Intel, Solaris X86 ou Sparc.

    Algunhas das novas características presentes nesta versión son:

    Prema na seguinte ligazón para coñecer máis de cerca todas as novas características da mesma:
    http://www.openoffice.org/dev_docs/features/3.2/rc1.html

    [Ler máis]
  • LINGOT, un afinador de instrumentos libre para GNU/Linux

    Publicado por Mancomún
    Luns, 21 de Decembro de 2009
    • Valoración 3.5
    • Lecturas 303

    Fai pouco falabamos nesta páxina de aplicativos libres para guitarristas, e entre eles falabamos de algúns aplicativos que nos poden axudar a afinar a guitarra. Xa mencionamos GuiTuner, Jtuner , Gstring e o incorporado no TuxGuitar, e hoxe falaremos doutro aplicativo deseñado especificamente para a afinación de instrumentos: LINGOT.LINGOT

    LINGOT (nome que significa “LINGOT Is Not a Guitar-Only Tuner”, “LINGOT non é un afinador só para guitarra”, formando un acrónimo recursivo) é un afinador de instrumentos musicais. É preciso, fácil de usar e moi configurábel. Orixinalmente foi concibido para a afinación de guitarras eléctricas, pero a súa configurabilidade permite empregalo para afinar calquera instrumento que se nos ocorra.

    No tocante ao aspecto gráfico, LINGOT ten a aparencia dun afinador analóxico, cun indicador que nos mostrará o desprazamento sobre unha determinada nota (que o aplicativo atopará automaticamente, identificando a nota máis preto da frecuencia estimada do son), indicando a nota e a súa frecuencia.

    [Ler máis]
  • A tenda de aplicativos para móbiles Android xa supera os 16.000 aplicativos dispoñíbeis

    Publicado por Mancomún
    Luns, 21 de Decembro de 2009
    • Valoración 1.75
    • Lecturas 251

    O sistema operativo para móbiles de Google, Android, continúa en pleno desenvolvemento grazas ao continuo lanzamento de dispositivos baseados nel. Ademais, grazas á súa natureza de código aberto perfilouse coma un espazo perfecto para o desenvolvemento de novas aplicacións dispoñíbeis a través da súa tenda en liña, e así o indican as súas máis de 16.000 aplicacións da tenda.

    Segundo AndroidLab, o reparto de aplicativos é dun 38 por cento de programas de pago para esta plataforma, fronte a un 62 por cento que son gratuítos.

    As empresas de análise de mercado de teléfonos móbiles coinciden en que se está producindo unha eclosión no desenvolvemento de aplicativos para o sistema operativo de Google, pero aínda se atopan lonxe da grande referencia do sector, a App Store de Apple, que o pasado mes de novembro superou as 100.000 aplicacións dispoñíbeis.

     

    [Ler máis]
  • A OSL da UDC traduce ao galego o terceiro capítulo do manga de Ubuntu

    Publicado por Mancomún
    Luns, 21 de Decembro de 2009
    • Valoración 3.67
    • Lecturas 263

    OSL DA UDCA Oficina de Software Libre da UDC a través da súa páxina web, acaba de publicar a versión en galego do terceiro capítulo da banda deseñada “Ubunchu”. Novamente e grazas ao traballo de tradución da Oficina de Software Libre da UDC, podemos gozar desta educativa banda deseñada.

    O terceiro episodio deste manga, que conta as aventuras dun club de administradores de sistemas que empregan Ubuntu, leva por título “Hora de estrear os foros!?” e conta, nesta ocasión, como os protagonistas tentan arranxar un erro do sistema operativo empregando para iso, os foros de asistencia técnica da comunidade

    O terceiro capítulo do manga pode descargarse nas seguintes ligazóns:

    Hora de estrear os foros!? [pdf]

    Hora de estrear os foros!? [svg]

    [Ler máis]
  • Guifi.net, unha rede sen fíos aberta

    Publicado por Mancomún
    Venres, 18 de Decembro de 2009
    • Valoración 2.5
    • Lecturas 417

    Guifi.netA Universidad Libre y Experimental (Ulex) organizou onte xoves na Casa Invisible (Málaga) a presentación do proxecto de rede sen fíos e de fibra óptica de xestión cidadana Guifi.net. Guifi.net é unha rede en plena expansión, aberta, libre e neutral. Trátase dun proxecto colaborativo que reúne a persoas, colectivos, empresas, administracións e universidades, e onde cada participante, ao conectarse, estende a rede e obtén conexión con todos os demais. Guifi.net é radicalmente pioneira por negociar o acceso ao punto neutro de Internet en Barcelona (CATNIX) e construír o seu propio tendido de fibra óptica á marxe das operadoras telefónicas. De feito a Comisión do Mercado de Telecomunicacións inscribiu o pasado novembro á Fundación de Guifi.net no seu rexistro de operadores de Internet.

    En Guifi.net todos participan en igualdade de condicións baixo o marco do Comuns Sensefils. O día 11 de xullo de 2008 creouse a "Fundació privada per á xarxa oberta, lliure i neutral guifi.net" coa finalidade de ser un instrumento máis ao servizo da rede aberta sen alterar o seu formato orixinal. A dirección de correo da Fundación é fundacio (arroba) guifi.net, e pódese contactar con guifi.net nos seus foros

    [Ler máis]
  • Tarxetas USB con Trisquel para novos membros da FSF

    Publicado por Mancomún
    Venres, 18 de Decembro de 2009
    • Valoración 1.86
    • Lecturas 321

    Na páxina de distribución libre galega aprobada pola FSF Trisquel podemos ler unha nova certamente interesante: se nos facemos socios da Free Software Foundation por un ano, recibiremos unha tarxeta de membro da FSF, que ademais é un disco USB externo. Este disco ven agora coa distribución Trisquel instalada:

    Foto dunha destas tarxetasComa se pode ler no blog da Free Software Foundation, a tarxeta de membro da FSF -un excelente disco USB ultradelgado de 2GB para levar na carteira- ven agora cargado con Trisquel 3.0 Dwyn. É unha grande honra para nós, e esperamos que todos disfrutedes moito das vosas tarxetas. ¡Xa se enviaron máis de 500!

    Esta tarxeta ofrece a posibilidade de executar o contorno de escritorio Trisquel Live de xeito incribelmente rápido, conservando ademais os datos do usuario para posteriores sesións. Esta tarxeta tamén se pode empregar como un disco USB normal e usalo como un medio de almacenamento pequeno e portábel. O disco ven cargado cunha selección de ficheiros de vídeo, texto e audio sobre software libre, converténdose así nunha xenial ferramenta para a difusión dos ideais do software libre.

    [Ler máis]
Sindicación RSS Sindicación RSS: Novas