2
322 A IX edición da WhyFLOSS Conference terá lugar o vindeiro día 18 de marzo na EOI - Escola Oficial de Negocios en Madrid. Esta conferencia é organizada un ano máis por Neurowork, contando co patrocinio de CENATIC e a colaboración da EOI como anfitrión. O seu obxectivo é divulgar as tecnoloxías libres TIC á comunidade en xeral, ben sexan empresas, organismos públicos ou profesionais.
A asistencia a esta conferencia é gratuíta previo rexistro.
A xornada dará comezo ás 9:00 coa inauguración da conferencia da man de Alejandro Sánchez Acosta, Director de Desenvolvemento de Negocio en Neurowork, quen dará paso ao relatorio Estratexia do Centro Nacional de Tecnoloxías Abertas CENATIC, onde Miguel Jaque, Director Xerente de CENATIC, presentará brevemente as liñas de actuación de CENATIC en materia de financiamento, axudas, concursos e proxectos para o ano 2010.
A continuación comezarán o resto de relatorios que se repartirán entre 4 eixos de contidos en función do público ao que van principalmente dirixidos, nomeadamente, eixo de innovación tecnolóxica, eixo empresa, eixo de administración pública e eixo negocio.
A axenda completa é a seguinte:
Eixo Innovación Tecnolóxica
2.71
271
A empresa galega Contidos Dixitais, vén de informarnos do nacemento dun novo LMS, herdeiro directo de Dokeos, da man dunha Fundación denominada Chamilo.
Dokeos, é actualmente unha marca comercial pertencente a un único individuo. Dende hai un ano aproximadamente a comunidade de desenvolvedores de Dokeos vén facendo un enorme esforzo por compatibilizar o carácter de software libre de Dokeos LMS cos intereses do posuidor da marca. Ante a imposibilidade de compatibilizar ambos obxectivos, o 90% da comunidade actual de Dokeos, co obxectivo de garantir o acceso a un software de fontes abertas de calidade, que potencie o valor agregado da comunidade e non ligado a intereses partidistas, decidiu iniciar un novo proxecto de software libre recollendo o legado de Dokeos e sendo polo tanto o seu herdeiro directo.
Así constituíuse a Fundación Chamilo, unha asociación internacional con domicilio fiscal en Bélxica que aglutina empresas, universidades e particulares de todo o mundo. Esta asociación recolle o legado de Dokeos en termos de desenvolvemento e como proba da súa solidez e determinación, preséntase en sociedade lanzando, xa en versión estable, a súa propia adaptación de Dokeos denominada agora Chamilo 1.8.6.2 , existindo xa ademais unha liña de desenvolvemento cara o futuro Chamilo 2.0. Ambas liñas de traballo poden seguirse no xestor de proxectos de Chamilo.
[Ler máis]
2.71
1047
Mozilla anunciou oficialmente onte a dispoñibilidade de Firefox 3.6, unha actualización do seu popular navegador gratuíto e de código libre. Segundo recolle a nota de prensa do lanzamento, esta nova versión é un 20% máis rápida, introduce novas características de última xeración, melloran o rendemento das tarefas cotiás, como o uso do correo electrónico, as redes sociais, etc, ademais de incorporar compatibilidade cunha ampla variedade de estándares web e acceso a máis de 6.000 complementos gratuítos que permiten aos usuarios personalizar o navegador ao seu gusto.
Mozilla Firefox 3.6 pódese descargar de forma gratuíta para os sistemas operativos Windows, Linux e Mac OS X en máis de 70 idiomas, entre os que se inclúe o galego, grazas ao traballo da comunidade de tradución ao galego de Mozilla.
Firefox 3.6 en galego: |
|---|
Na web de Mozilla pódese consultar en detalle todas as novidades de Firefox 3.6, descargarse un pdf onde se describen algunhas delas, e mesmo ver un vídeo no que se amosan as novas funcionalidades desta nova versión do popular navegador. A continuación incluímos algunhas das características máis destacadas de Firefox 3.6:
2.79
510
Dende este mes de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para os cursos de formación que se desenvolverán no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia durante o segundo trimestre do ano 2010.
Estes cursos están dirixidos a profesionais en situación de desemprego ou en activo.
Para inscribirse nos cursos é preciso rexistrarse na web do CNTG, e logo acceder á ficha do curso dende a sección de formación, onde poderá consultarse a información completa sobre o curso así como cumprimentar o formulario de inscrición correspondente.
A oferta formativa sobre tecnoloxías libres cuxo prazo de inscrición está aberto é a seguinte:
Prazo de inscrición ata o 31 de xaneiro de 2010
Administración de bases de datos MySQL, cun total de 60 horas lectivas que se impartirán entre o 2 e o 18 de marzo. Conta con dúas edicións, unha en quenda de mañá dirixida prioritariamente a desempregados e outra pola tarde dirixida prioritariamente a traballadores en activo.
Obxectivos: Mediante o presente curso, o/a alumno/a adquirirá os coñecementos necesarios para instalar axeitadamente MySQL, crear e executar estratexias de Backup, crear e protexer procedementos almacenados e actualizar e acceder a datos. Igualmente estará capacitado/a para protexer, definir privilexios de usuario/a e establecer limitacións en canto a recursos e controis de acceso. Ademais, adquirirá coñecementos relativos a funcionalidades de MySQL como a creación e uso de procedementos almacenados, Triggers e Vistas. Como valor engadido da formación a recibir, os contidos do presente curso preparan aos/ás alumnos/as para a obtención das certificacións: 005-002 Certified MySQL 5.0 DBA Part I, 006-002 Certified MySQL 5.0 DBA Part II, que, conxuntamente, conceden ao/á alumno/a a titulación de Certified MySQL 5.0 DBA (CMDBA).
Requisitos: coñecementos básicos do PC, sendo útil a experiencia previa con calquera liña de ordes (p. ex. MS-DOUS). Tamén é de interese, aínda que non é imprescindible, dispoñer dalgún coñecemento previo de conceptos relativos a bases de datos.
1.92
357
Disney anunciou que libera a biblioteca Ptex "Per-Face Texture Mapping" baixo unha licenza BSD.
Esta biblioteca foi a que se empregou para realizar o texturado de practicamente cada unha das superficies que aparecen na película de animación Bolt, e integrouse no servidor RenderMan Pro de Pixar.
Ptex é tanto unha API, que se ocupa de E / S e filtrado, como un formato de ficheiro deseñado para almacenar eficientemente miles de imaxes de textura nun mesmo ficheiro. Trátase xa, segundo o sitio web de Ptex, do principal método de mapeado de textura para todas as producións de Walt Disney Animation Studio.
A importancia desta biblioteca é que elimina a necesidade de levar a cabo a asignación manual necesaria ata agora para realizar un "mapeado UV" de texturas, un proceso que a miúdo é considerado como unha das partes máis tediosas de crear animación 3D.
Coa apertura do código desta biblioteca, tanto o formato Ptex como os algoritmos poderán integrarse noutros paquetes libres de modelado 3D como Blender, onde xa se están a facer eco desta boa nova para os deseñadores 3D.
[Ler máis]
2.86
438 
A Rede de Dinamización continúa a ofrecer os seus obradoiros por toda a xeografía galega, entre os que podemos atopar os seguintes relacionados con aplicativos de software libre:
1.2
433
ComerZZia é un sistema integral de xestión, completo e especializado para o sector comercio, cubrindo os procesos necesarios nunha central, na trastenda (Backoffice ou Xestor de Procesos) e o Terminal Punto de Venda, distribuído baixo licenza EUPL.
Este proxecto nace da experiencia dun colectivo mixto de profesionais dos sectores das TIC e do comercio e da aposta de Red.es para rematar de dar forma ao proxecto. Na súa construción contouse co apoio ilusionado de varias grandes e medianas empresas do comercio que achegaron código da súa propiedade e cederon horas dos seus programadores para documentar e integrar o código de forma funcional e tecnicamente coherente.
ComerZZia recolle a experiencia acumulada de máis de 15 anos no sector do comercio polo miúdo, do software propietario MIC2000 ERP+, así como as adaptacións e evolucións realizadas para diversos clientes.
Até a data, tanto no mundo do software libre como no do propietario, as solucións ERP para o sector comercio foron de carácter xeral nas que era preciso integrar unha solución de punto de venda (TPV). Isto ten algunhas vantaxes e non poucos inconvenientes, á marxe de ter no ERP procesos que xamais serán usados ou de difícil e custoso encaixe. Isto foi un dos puntos clave que levaron á construción de ComerZZia como unha solución global para o comercio capaz de adaptarse a este sector tan altamente dinámico, polivalente e, por necesidade, natural evolutivo e imaxinativo.
[Ler máis]
1.29
235
Zimbra é un dos maiores provedores e vendedores de plataformas de correo electrónico e colaboración do mundo xunto con Microsoft e IBM, acadando máis de 55 millóns de caixas de correo contratadas en máis de 150 mil organizacións en todo o mundo – o que supón un crecemento dun 80% ao ano. Este crecemento, débese en gran medida, segundo recoñecen na propia web de Zimbra, ao pulo de Yahoo! Inc ás tecnoloxías de Zimbra nos últimos anos..
A semana pasada VMware, o líder en solucións de virtualización tanto para escritorio como para centros de datos e computación na nube, anunciou a semana pasada o acordo ao que chegou con Yahoo! Inc para a adquisición de Zimbra.
Dende Zimbra, manifestan estar moi ilusionados con esta adquisición, ao tempo que queren tranquilizar a toda a súa comunidade de usuarios, clientes e socios co compromiso de manterse fieis aos seus obxectivos ao 100%. Segundo comentan, a súa unión a VMware permitiralles acelerar o investimento nas súas tecnoloxías para fornecer a mellor plataforma de correo electrónico e colaboración do mercado. Están moi contentos de unirse a SpringSource, e de converterse noutra pedra angular dunha impresionante suite de produtos VMware que agora integrará virtualización, middleware e aplicativos.
[Ler máis]
2.17
383 Logo de 16 meses de traballo dende que saira a última versión 0.9, onte anunciouse a publicación da primeira beta do Lightning 1.0, a extensión do calendario para Mozilla Thunderbird. Nesta ocasión está tamén dispoñible en idioma galego, e pode descargarse dende a páxina de Addons Mozilla.
O equipo de desenvolvemento móstrase orgulloso do resultado acadado, no que se corrixiron máis de 500 erros do aplicativo e se incluíron moitas melloras, entre as que destacan:
Non se trata dunha versión definitiva, é unha versión beta, polo que non se recomenda empregar en entornos de produción.
[Ler máis]
2.57
311
Hai xa varios anos que a administración de Munich comezou a súa migración masiva a Linux e a adopción do formato ODF como estándar para os seus documentos.
Florian Schießl, lider do proxecto LiMux, a distribución de Linux desenvolvida ao efecto, publicou un reconto do ocorrido durante o ano 2009 onde relata que vén de lograrse finalmente a migración completa ao formato de arquivos ODF. Agora xa se emprega ODF para calquera documento interno de Munich, mentres que para distribuír contido non editable se emprega o estándar PDF.
A estandarización sobre ODF conlevou o uso de OpenOffice.org como a suite ofimática oficial para a administración de Munich. Segundo as palabras de Schießl, "non se trata simplemente de substituír unha suite de oficina por outra, xa que se requiriu un gran esforzo para eliminar todas as dependencias que existían coa suite de Micrososft".
Así, tivéronse que migrar e consolidar uns 20.000 modelos que foron convertidos a novos modelos, macros e aplicativos web. Para xestionar esta gran cantidade de modelos desenvolveron unha extensión para OpenOffice.org chamada WollMux coa que integraron os seus modelos con servizos internos da organización, agregando funcionalidade que impacta positivamente na produtividade dos seus usuarios.
[Ler máis]