2.13
221
O GPUL anuncia que este ano recuperan o espírito das Xornadas sobre informática gráfica organizadas anteriormente nos anos 2004 e 2007. Como novidade, este ano inclúen tamén a temática do audio dando lugar ás “Xornadas de audio e gráficos con software libre” que se celebrarán na Facultade de Informática da UDC entre os días 12 e 15 de xullo de 2010.
Como en todas as xornadas que organizan, dende o GPUL fan un chamamento á participación activa na mesma para que todo aquel interesado nesta temática envíe unha proposta de charla ou obradoiro. Os requisitos que deben cumprir son:
2.88
485
O Centro de Referencia para a Excelencia en Contornos Abertos (CREA), iniciativa impulsada por FORMAN, consorcio-escola da Consellería de Emprego da Junta de Andalucía, súmase á Comunidade Morfeo e libera un curso de Administración de Sistemas GNU/Linux. Este material pasa a formar parte dos máis de 15 cursos actualmente dispoñibles dentro da comunidade de formación Morfeo. Estes poden atoparse en aula morfeo.
A iniciativa encádrase dentro das actividades do proxecto Morfeo Formación e de CREA, e busca a construción dunha rede formativa onde os materiais sexan accesibles baixo licenzas libres para fomentar a súa mellora e reutilización, sen deixar de lado a súa explotación comercial por parte dos membros da Comunidade Morfeo.
[Ler máis]
2.16
328 O ministerio de xustiza turco, todas as súas institucións e todos os tribunais están estudando a migración total ou parcial cara un escritorio de fontes abertas, segundo as declaración do xuíz Cengiz Tanrikulu. Esta migración completaría a construción do Sistema de Información Nacional de Xustiza (UYAP, Ulusal Yargi Aği Projesi) baseado en software libre. O xuíz Tanrikulu, involucrado no desenvolvemento do UYAP, dixo que as oficinas dos xulgados están considerando o emprego da distribución Pardus, baseada en Linux e desenvolvida polo Instituto de Investigación Electrónica e Criptoloxía Turco. “Xa estamos a empregar OpenOffice en todos os escritorios dende 2007 o que nos axudou a aforrar billóns”.
O xuíz presentou o UYAP en Amsterdam o pasado mércores, nas xornadas organizadas por NoiV, o proxecto do goberno danés de estándares abertos e fontes abertas. O desenvolvemento de UYAP comezou en 2000 cun sistema de xestión documental, construído empregando compoñentes con licenzas abertas. Este sistema ofrece acceso aos documentos legais aos empregados do Ministerio, dos xulgados, policías, cárceres, Rexistro da propiedade,... Pode accederse tamén dende calquera teléfono móbil.
[Ler máis]
2.41
664 Google anunciou esta semana a publicación do código fonte do aplicativo My Tracks para o GPS dos dispositivos co sistema operativo Android.
Este aplicativo permite aos usuarios gravar as coordenadas GPS e visualizar as rutas que fagan cando, por exemplo, camiñan, corren, van en bicicleta... O aplicativo tamén permite ter estatísticas como o tempo, a velocidade, a distancia percorrida ou a altitude. Os datos poden exportarse a outros servizos de Google como ás Follas de cálculo ou os Mapas de Google, mais tamén é posible exportalos en ficheiros nos formatos estándar GPX e KML para por exemplo empregalos despois para crear un ikimapa na rede social ikiMap da que vos falamos hai uns días.
3.05
876 IkiMap é unha rede social para compartir mapas e información cartográfica. Trátase dun servizo gratuíto que permite aos usuarios rexistrados publicar e compartir os seus mapas en Internet, recibir comentarios, achegas e valoracións doutros usuarios. Esta ferramenta foi desenvolvida integramente empregando tecnoloxías libres por Sixtema, empresa galega ubicada en Santiago e orientada a asesorar e desenvolver novas ferramentas no campo da informática e os Sistemas de Información Xeográfica.
IkiMap está actualmente en fase beta e o rexistro está aberto a calquera, superada xa a fase inicial de rexistro previa invitación que comezou a mediados de febreiro deste ano. Segundo informan os seus desenvolvedores a acollida está a ser espectacularmente boa e xa superaron o millar de usuarios nos aproximadamente dous meses de rexistro restrinxido e a cifra segue a medrar a bo ritmo agora que está aberto a todo o mundo.
1.82
275 Continuando co seu obxectivo de contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido, CENATIC vén de poñer a disposición do público 3 novos fascículos tecnolóxicos que complementan aos catro publicados ata a data, dos que xa informamos no pasado mes de marzo.
Estes novos fascículos son:
Cada fascículo está publicado baixo licenza Creative Commons (Recoñecento-NonCormercial-CompartirIgual 2.5 España), sendo o autor orixinal de cada obra o que aparece xunto ao título.
[Ler máis]
2.31
416 Dende Trasno infórmannos que coincidindo coa celebración do día 17 de maio, Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, quixeron aproveitar a ocasión para unirse ás conmemoracións deste día presentando unha anovada web, con novos contidos, ferramentas e servizos para toda a comunidade galega.

Logo de 10 anos de traballo a prol do software libre en galego, logo de teren constituído recentemente a Asociación proxecto Trasno, que representa legalmente ao voluntariado vinculado ao proxecto, consideraron que era o momento de presentar unha imaxe máis acorde cos actuais tempos. Mais non se trata tan só dunha nova cara, senón que esta nova web incorpora novas ferramentas e novos medios de comunicación entre os usuarios e os tradutores:
[Ler máis]
2.31
500 
Un ano máis, OUSLI volve organizar, e xa por cuarta vez, a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Terá lugar o vindeiro venres 14 de maio de 8:30 a 15:00 horas no centro de FP Caixanova de Ourense situado en Finca Sevilla Nº2, ao lado de Expourense.
A xornada está aberta ao público. Ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo.
O programa das xornadas é o seguinte:
1.97
402
A Free Software Foundation anunciou o venres da semana pasada un novo proxecto para montar unha biblioteca alternativa de extensións libres para OpenOffice.org, onde soamente se amosen aquelas extensións para a suite ofimática que sexan libres.
Na nota de prensa emitida pola FSF mencionan o motivo que os levou a tomar esta decisión, así Peter Brown, director executivo da FSF, comenta que “OpenOffice.org é software libre e unha importante contribución á comunidade do software libre. No entanto, o programa ofrece ao usuario unha biblioteca de extensións na que moitas delas son privativas. Distribuíndo OpenOffice.org do xeito habitual ten o efecto de ofrecer tamén aos seus usuarios extensións non libres”.
Para resolver este inconveniente, a FSF solicitoulle ao OpenOffice.org Community Council a posibilidade de que no seu repositorio de extensións só se incluíran aquelas con licenza libre, ou cando menos, proporcionase un segundo listado independente para estas extensións.
[Ler máis]
2.31
374 Onte, tivo lugar na sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, a Xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.
O evento estaba especialmente dirixido a persoal técnico, autónomos e/ou directivos de empresas TIC, tanto do sector privado como público, así como para o persoal desempregado técnico interesado na temática.
Os relatores da xornada, persoas de recoñecido prestixio na comunidade galega de software libre, poñen a disposición de toda a comunidade a documentación empregada nos seus relatorios, cunha licenza libre Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España de Creative Commons.
Deste xeito, todos aqueles que por calquera circunstancia non puideran achegarse onte á xornada poden coñecer os contidos tratados na mesma.