2.5
330
A comunidade de voluntarios desenvolvedores e promotores de OpenOffice.org anunciou que, logo de 10 anos de crecemento tendo a Sun Microsystems como fundador e principal sponsor, veñen de crear unha fundación independente chamada “The Document Foundation”para garantir a independencia do proxecto no futuro. A misión desta fundación é facilitar a evolución da Comunidade de OpenOffice.org nunha nova estrutura organizativa aberta, independente e meritocrática nos vindeiros meses. Unha fundación independente é o que mellor encaixa nos valores dos membros desta comunidade e permitirá obter unha Comunidade máis efectiva, eficiente, transparente e inclusiva.
2.94
416 O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de realizar unha análise sobre os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre o uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2009/2010. Segundo as súas conclusións, Galicia segue a adiantar ao resto do Estado na adopción de software libre.
Os datos mostran que un 11% das empresas galegas de máis de 10 asalariados emprega o sistema operativo LINUX, fronte ao 9,5% da media estatal. Este indicador experimentou un crecemento interanual en Galicia do 8,9%
mentres que o incremento do conxunto do Estado foi do 6,7%.
Así mesmo outros indicadores que experimentaron un incrementou no último ano son a formación en novas tecnoloxías e a recepción de facturas electrónicas. O 18,5% das empresas galegas afirman ter proporcionado actividades formativas sobre as TIC, experimentando un crecemento interanual do 51,6%. A porcentaxe de persoal destas empresas que recibiu formación en TIC acadou o 30,8%, superando en 2,2 puntos á media estatal. En canto ao emprego de facturas electrónicas, os datos amosan que un 22,8% das empresas galegas que realizan intercambio automatizado de datos envían facturas electrónicas, experimentando un crecemento interanual do 18,8% pero aínda a 2,3 puntos da media estatal. Cabe salientar o incremento experimentado pola recepción de facturas electrónicas que se sitúa xa no 58,8% das empresas de 10 e máis empregados que realizan intercambio automatizado de datos, superando a media estatal en 7,6 puntos.
[Ler máis]
2.3
313 No último mes a plataforma eBox presentou algunhas novidades de interese que vos resumidos de seguido. A primeira das novidades é o cambio de nome.
Dende o 1 de setembro deste ano, a plataforma eBox pasou a chamarse Zentyal. Segundo os seus desenvolvedores, o obxectivo deste cambio é reflectir con maior precisión as características do produto e os servizos baseados nel, logo de 7 anos de vida deste proxecto.
En palabras de Ignacio Correa, Director Xerente de eBox Technologies (que tamén muda o seu nome a Zentyal), “ O proxecto eBox Platform evolucionou, medrou e, naturalmente, os seus obxectivos transformáronse desde as súas orixes tras sete anos de desenvolvemento. Con este cambio, queremos asegurar que o produto reflicte con maior precisión o que ofrece. O nome actual de eBox Platform suxire que o software vén integrado nun hardware de servidor, pola palabra "Box". Con todo, eBox Platform é puramente software de servidor que vén acompañado de servizos de subscrición baseados na nube.”
[Ler máis]
2.43
250 Segundo anunciaron os organizadores do Máster en Software Libre, logo de avaliar as solicitudes recibidas nas últimas semanas, abriuse a posibilidade de inscribirse nunha nova edición en Vigo para o ano académico 2010-2011. Esta edición impartirase na sede da Obra Social de Caixanova en Vigo, grazas á colaboración de Caixanova.
O prazo de matriculación único e ordinario para a edición de Vigo está aberto ata o vindeiro día 12 de Outubro de 2010, para que todas as persoas interesadas poidan anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición.
Ao igual que na correspondente edición de A Coruña, cuxo prazo de matriculación extraordinario está aínda aberto ata o vindeiro día 1 de Outubro, o máster ten un custe de 7000 euros que pode verse reducido grazas a unha interesante política de descontos aplicable a recen titulados, aos mellores expedientes dos últimos anos, participantes no premio ao mellor proxecto de fin de carreira con SwL, membros de colectivos como certos colexios profesionais, certas asociacións galegas de usuarios de software libre, persoal de empresas de AGASOL ou ASOLIF ...
[Ler máis]
2.64
280 
Como xa informamos no mes de Agosto, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) fixo público o seu plan formativo para o vindeiro curso.
Entre a súa oferta en tecnoloxías FLOSS para o último trimestre do ano hai dous cursos sobre administración de sistemas operativos LINUX a través dos que se poderán optar as certificacións LPIC de nivel 1 e 2. Os cursos son gratuítos e inclúen tamén de xeito gratuíto a posibilidade de realizar un dos dous exames oficiais necesarios para obter a certificación correspondente. As prazas son limitadas.
Aqueles interesados en recibir esta formación que non consigan a súa praza, ou non poidan desprazarse ata Santiago para seguir estes cursos no CNTG, teñen a opción de realizar os cursos de certificación LPIC ofrecidos por TEGNIX, empresa formadora LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux LPI.
1.76
576
O pasado sábado, día 18 de setembro celebrouse internacionalmente o Software Freedom Day. En Galicia o lugar de celebración do SFD foi Mugardos, da man da Asociación Cultural «Comunidade O Zulo», quen no marco do Kernel 2010 , quixo sumarse a esta festividade organizando unha xornada de confraternización da toda a comunidade galega a prol do software libre, representada pola maioría dos grupos e asociacións galegas de usuarios de software libre existentes e AGASOL.
E neste marco festivo, a asociación Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon) aproveitou para facer a presentación oficial da nova versión da GALPon MiniNo Alguadaira, na que veñen traballando arreo ao longo deste ano, e da que xa vos fomos dando conta nesta páxina cando as publicación das versión de probas.
Como destacaron durante a súa presentación, que pode verse íntegra na seguinte ligazón, trátase dunha distribución que non pretende ser unha solución ultra rápida para equipos de última xeración, senón que buscar ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixos recursos.
É dicir, é unha aposta pola sustentabilidade e reciclaxe TIC, en aras da redución do lixo hardware que se acumula no noso planeta a velocidades vertixinosas, ademais dunha proposta para a alfabetización TIC con baixo recursos.
[Ler máis]
2.93
614 
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acaba de publicar a súa oferta formativa para o período comprendido entre outubro de 2010 e xuño de 2011. Conscientes da importancia do FLOSS dentro da capacitación TIC dos profesionais galegos, o CNTG reforza a presencia do mesmo dentro do seu plan formativo.
[Ler máis]
2.25
643 
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achega 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011.
Así se recolle no convenio de colaboración recentemente asinado pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.
[Ler máis]
2.74
518
Como xa anunciamos no seu día, a VII Guadec Hispana terá lugar na Coruña os vindeiros días 22 e 23 de xullo, cita obrigada para todos aqueles interesados en coñecer as últimas novidades sobre o proxecto GNOME.
Para asistir a este congreso é imprescindible inscribirse previamente a través do formulario de rexistro habilitado ao efecto na web da VII Guadec. A inscrición é gratuíta e estará aberta ata o vindeiro día 18 de xullo, e dado que as prazas son limitadas dende a organización aconsellan darse presa en enviar a solicitude para non quedar sen praza.
Unha vez rematado o prazo de remisión de propostas e valoradas as mesmas, dende a organización publican o programa completo de relatorios, obradoiros e actividades para os dous días do congreso, pendente de pechar tan só o horario e distribución das mesmas. Este ano inclúe moitos temas de interese para coñecer como comezar a colaborar cunha comunidade de software libre como GNOME e moitas das últimas novidades do proxecto como a súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos sobre a comunidade, melloras en accesibilidade, implicacións dos novos navegadores, soporte dos sistemas multitouch, etc
A continuación incluímos unha breve descrición do contido de cada un dos relatorios aceptados e incluídos no programa:
[Ler máis]
2.16
434 A OSL da USC informa que o pasado 15 de xuño publicouse a versión 6.9 de NetBeans, e que pese a non dispoñer de todo o tempo que desexarían, acadaron que o nivel de tradución ao galego deste IDE (contorno gráfico de desenvolvemento) acadase o 50%. A tradución deste coñecido IDE, usado para desenvolver software en diversas linguaxes de programación, comezouse co gallo da I Edición do ETSE Open de SL do pasado ano, e en pouco máis dun ano pasou do 0% ao 50%.
